Aquí vos deixamos o resumo de todos os encontros que xogaron as distintas categorías do Moraña C.F. esta fin de semana!

Mosteiro C.D. 9 – 1 Biberóns

Nova xornada da Liga do Sagrado Corazón para os nosos Bibes, que xogaron ante o Mosteiro C.D. o seu segundo encontro. Un partido que acabou cun marcador moi abultado, pero que non reflectiu o que se veu sobre o campo, xa que o encontro estivo máis disputado do que di o marcador, pero a efectividade dos de Mosteiro nas áreas foi chave, defendendo moi ben e convertindo case todas as ocasións. Marcou Xurxo o gol dos nosos.

Ánimo bibes e a seguir pelexando!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Xabi, Xurxo, Dani, Lucas, Breixo Ferrín, Breixo Oubiña, Saul, Diego, Erik, Dylan, Manu e Xoel.

Goles: Xurxo.

 

E.F. Villa de Marin «B» 2 – 3 Benxamín «B»

O Benxamín «B» pasa á seguinte rolda da Copa nun bo partido ante a E.F. Villa de Marín «B» xogado na mañán do sábado en San Pedro. Os nosos rapaces adiantáronse cedo, con gol de Yosi no minuto 4, pero os marinenses contestaron no 12, co empate, obra de Brais. Antes do descanso, encarrilaron a victoria os morañeses, con goles de Yosi no 17 e Mario no 25.

Na segunda metade, Dani puxo emoción no marcador, facendo o 3-2 no minuto 32 e poñendo incertidume. Pero o Moraña aguantou ben, e ao final dos 50 minutos, 2-3 e pase acadado. Noraboa rapaces!!

Ficha Técnica

E.F. Villa de Marín «B»: Jose, Luan, Anxo, Sofía, Gabriel, Brais, Dani e Jose.

Moraña C.F.: Óscar, Roi, Aarón, Xoel, Mario, Mateo, Mauro, Yosi, Pablo e Joel.

Goles: 0-1 Yosi (min. 4); 1-1 Brais (min. 12); 2-1 Yosi (min. 17); 3-1 Mario (min. 25); 3-2 Dani (min. 32)

 

A.X.D. Verdugo 3 (6) – 3 (7) Benxamín «A»

Primeira eliminatoria de Copa para o noso Benxamín «A» e un partido moi emocionante. O Verdugo fixo un gran primeiro tempo, indo ao descanso con clara vantaxe de 3-0, con goles de  Naoufar (min. 9 e 17) e Guillermo no 17. Pero na segunda parte o Moraña saíu con forza, e con goles de Aleixo e Iago, forzaron a tanda de penalties para ver quen seguía na competición.

Foron máis efectivos os nosos, que se impuxeron na tanda por 6 a 7 e acceden á seguinte rolda. Noraboa rapaces!!

 

Ficha Técnica

A.X.D. Verdugo: Martín, Miguel, Marcos, Xurxo, Enzo, Ángel, Iker, Iago, Gabriel, Ezaro, Breixo, Antón, Hugo e Jairo.

Moraña C.F.: Dario Leboso, Pablo, Aitor, Xabi, Iker, Lucas, Aleixo, Nico, Darío Redondo, David, Ethan e Jonathan

Goles: 1-0 Naoufar (min. 9); 2-0 Naoufar (min. 17); 3-0 Guillermo (min. 17); 3-1 Aleixo (min. 25); 3-2 Aleixo (min. 26); 3-3 Iago (min. 32). Nos penalties, gañou o Moraña por 6-7.

Alevíns 4 – 5 E.D. Poio

Os Alevíns viviron no Buelo un encontro de ida e volta, no que tanto os nosos como a E.D. Poio tiveron opcións durante todo o encontro. Adiantáronse os visitantes no minuto 5 por medio de Martín, pero Jorge empataba no 7. Antes do descanso, novo «sprint» da E.D. que con goles de Yago e Martín collía vantaxe por 3-1.

Na segunda metade chegou a reacción local, con 3 goles de David que lle daba a volta ao partido, poñendo no minuto 40 o 3-4. Pero Martín no 42 e Yago no 47 poñían de novo en vantaxe ao Poio que foi quen se levou os puntos. Gran traballo dos dous equipos, noraboa!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Rubén, Saúl, Anxo, Alejandro, Hugo, Jorge, David, Aday, Alexandre e Brais.

E.D. Poio.: Alfonso, Yago, Brais, Manu, Carlos, Xoan, Martín, Adrián, Jose e Martín M.F.

Goles: 1-0 Martín (min. 5); 1-1 Jorge (min. 7); 2-1 Yago (min. 9); 3-1 Martín (min. 23) 3-2 David (min. 28); -3 David (min. 29); 3-4 David (min. 40); 4-4 Martín (min. 42); 5-4 Yago (min. 47)

Marín C.F. 1 – 0 Infantiles

Partido moi igualado o xogado en San Pedro entre os nosos Infantiles e o Marín C.F. Un partido no que se vía claro que o equipo que lograra marcar, tería moitas opcións de levarse os puntos. E foi o Marín quen o logroum por medio de diego mediada a segunda parte. Malia que os nosos rapaces buscaron o empate, este 1-0 foi o resultado tralos 80 minutos. Ánimo e a seguir!

Ficha Técnica

Marín C.F.: Óscar, Dani Fontán, Anxo, Álvaro, Lucas, Pablo, Mateo, Abel, Álex, Amestoy e Javi. Tamén xogaron Domi, André, Marta, Joel e Iván.

Moraña C.F.: Humberto, Pablo, Morgade, Hugo, Dani, Patiño, Iago, Diego, Iván, Unai e Juan. Tamén xogaron Ramón, Xabi, Izan, Samu e Diego.

Goles: 1-0 Diego (min. 59)

San Martín 3 – 0 Cadetes

Día para esquencer para os nosos Cadetes, non só pola derrota, senon polas baixas que condicionaron o encontro. Ademáis, destacamos a lesión que sufríu Iván na clavícula dereita e ao que lle desexamos unha pronta recuperación.

Ficha Técnica

San Martín C.F.: Iván, Isma, Adonis, Rubén, Pablo Fraga, David, Edu, Pereira, Raúl, Dani e Jorge. Tamén xogaron Pablo Sende e Jonathan.

Moraña C.F.: Iván, David, Jorge, Pablo Fraga, Isaac, Isma, Pablo Sende, Rubén, Pedro e Raúl.

Goles: 0-1 Andrés (min. 50); 0-2 Dani (min. 53); 0-3 Alexis (min. 62); 0-4 Dani (min. 70); 1-4 Raúl (min. 72)

 

Xuveniles 2 – 0 Armenteira C.F.

Os Xuveniles xogaron un gran encontro na tarde do venres, en xornada adiantada. Os rapaces de Juan acadaron unha traballada victoria ante o Armenteira C.F. nunha boa segunda parte que comezaba co gol de Pablo González no 47 que encarrilaba o encontro. Coa vantaxe mínima se viviu toda esta segunda parte, cos dous equipos tendo opcións pero foi Manu Sayáns no 88 o que certificaba co segundo gol morañés a victoria.

Noraboa Xuveniles!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Senín, Nicanor, Adri, Manu Sayáns, Pablo, Saúl, Abalo, Reboredo, Isma, Marquitos e Xián. Tamén xogaron Iván, Alejandro e Fervenza.

Armenteira C.F.: Roberto, Gabriel, Aarón, Sergio, André, Cristian,  Dimitar, Valentín, Hilias e Alberto. Tamén xogaron Mathias, Adrián, Roberto e Rubén.

Goles: 1-0 Pablo González (min. 47); 2-0 Manu Sayáns (min. 88).

Compárteo!

Deixa un Comentario