Aquí vos deixamos o resumo de todos os encontros que xogaron as distintas categorías do Moraña C.F. esta fin de semana!

S.D. Monteporreiro 7 – 1 Prebenxamíns

Visita do Prebenxamíns ao Municipal de Monteporreiro, onde se xogaba a terceira xornada ligueira. Os nosos Pres, que viñan de gañar a semana pasada, non foron quen de sacar puntos deste encontro, no que o Monteporreiro logrou coller distancia na segunda parte. Os primeiros 25 minutos, remataron cun marcador de 1-0, pero nos segundos, a vantaxe local chegou ao 7-0, facendo Adri o gol morañés no 43.

Ánimo e a traballar Pres!!

Ficha Técnica

S.D. Monteporreiro.: Hugo, Victor, Mateo, Héctor, Álvaro, Juan, Antonio, Mario, Tomás e Xián.

Moraña C.F.: Anxo, Saúl, Lucas, Iago, Fernando, Pedro, Alba, Hugo, Adri, Antón e Héctor.

Goles: Para o Monteporreiro Antonio (6) e Juan. E polo Moraña Adri.

 

Benxamín «A» 2 – 5 U.S.D. O Grove

O noso Benxamín «A» recibía ao U.S.D. O Grove na mañán do sábado no Buelo. Os nosos, aínda con bastantes baixas, plantaron cara aos visitantes nun encontro que só se decantou no último tramo. Adiantou Iago aos nosos, logrando antes do descanso darlle a volta ao encontro con goles de Saúl e Antón.  Saúl poñía máis vantaxe tralo descanso (min. 30), pero Iago de novo achegaba ao Moraña co 2-3 no 39. Quedaban 10 minutos para o pitido final e o encontro estaba emocionante, pero o Grove logrou a victoria facendo dous goles por medio de Alejandro no 44 e no 48.

Bo traballo dos Benxas, a seguir así!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Jonathan, Xabi, Iker, Iago, Lucas, Darío, Aleixo, Ethan, Pablo, Aitor e Nico.

U.S.D. O Grove.: Estevo, Darek, Yago, Saúl, Heiton, Antón, Lucas, Alejandro, Rodrigo e Hugo.

Goles: 1-0 Iago (min. 8); 1-1 Saúl (min. 14); 1-2 Antón (min. 18); 1-3 Saúl (min. 30); 2-3 Iago (min. 39); 2-4 Alejandro (min. 44); 2-5 Alejandro (min. 48).

Benxamín «B» 4 – 2 S.C.D. Salcedo «B»

Á mesma hora e tamén no Buelo, o Benxamín «B» recibía ao filial do S.C.D. Salcedo. Un encontro que tamén se definiu no último tramo, ao que se chegou cun marcador máis axustado.

No minuto 5, Mario adiantaba ao Moraña, pero só 3 minutos despois Saúl poñía a igualada. Este foi o resultado ao descanso. No segundo acto, chegou a «escapada» morañesa. Xoel facía a 2-1, Mateo o 3-1 no 37 e no 40 Mario de novo poñía un claro 4-1. Saúl, no minuto 48 recurtaba para os visitantes, deixando o marcador no definitivo 4-2.

Noraboa rapaces!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Óscar, Roi, Aarón, Xoel, Mario, Mateo, Mauro, Yosi, Pablo e Joel.

S.C.D. Salcedo: Sara, Dani, Lois, Alberto, Mateo, Nico, Xan, Ameal e Saúl.

Goles: 0-1 Mario (min. 32); 0-2 Mario (min. 36); 0-3 Xoel (min.43); 0-4 Yosi (min. 45); 0-5 Yosi (min. 47)

Alevíns 3 – Figueirido C.F. «B»

Encontro moi emocionante o que xogaron os nosos Alevíns na mañán do sábado, logrando igualar un partido que tiñan perdido cun gran sprint final. Os nosos foron sempre a remolque, xa que Sergio adiantaba ao Figueirido no minuto 4. Alejandro igualaba para os nosos, pero Gabriel no 19 poñía o 1-2 co que se chegou ao descanso.

Tralo descanso, Asier poñía no 27 o 1-3, que parecía unha distancia insalvable. Pero os nosos rapaces reaccionaron e co gol de Jorge no 38 e de Aday no 48, acadaban un empate a 3 moi merecido. Noraboa polo esforzo rapaces!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Rubén, Saúl, Anxo, Alejandro, Alex, Jorge, David, Aday, Hugo e Brais.

Figueirido C.F. «B»: Brais, Gabri, Sergio, Adri, Pablo, Fernández, Alejandro, Raúl, Asier, Víctor, Javi e Iglesias.

Goles: 0-1 Sergio (min- 4); 1-1 Alejandro (min. 15); 1-2 Gabriel (min. 19); 1-3 Asier (min. 27); 2-3 Jorge (min. 38); 3-3 Aday (min. 48)

E.F. Cobres 3 – 0 Infantiles

Visita á terra costeira de San Adrián dos Infantiles, para xogar no Cabalo ante a E.F. Cobres. A pesar da boa liña na que viñan, os nosos non pudieron cun equipo local que foi superior, e que ao descanso xa ía vencendo por 2-0 con goles de Diego e Arón.

Tentaron a reacción os nosos tralo descanso, pero Arón de novo poñía aínda máis terra de por medio, facendo o 3-0 no minuto 44. Esta distancia foi insalvable e aínda que os de Sara tentaron acurtar, non puideron perforar a meta local, e o resultado final foi este 3-0. A seguir remando, rapaces!!

Ficha Técnica

E.F. Cobres: Fran, Lucas, Miguel, Xabi, Roi, Anxo, Javi, Borja, Yago, DIego e Arón. Tamén xogaron Brais, Aboy, Yago, Miguel e Tomás.

Moraña C.F.: Óscar, Anxo, Álvaro, Lucas, Pablo, Mateo, Abel, Alex, Domi, Daniel e Damián. Tamén xogaron Hugo, André, Joel, Iván e Rubén.

Goles: 1-0 Diego (min. 32); 2-0 Arón (min. 38); 3-0 Arón (min. 44).

S.C.D. Salcedo 1 – 1 Cadetes

 

Na mañán do domingo, os Cadetes viaxaban ao Príncipe Felipe, para xogar ante o Salcedo. Un encontro moi igualado, no que os nosos foron quen de rescatar un punto tras ir en desventaxa no marcador.

Foi Dani, no minuto 37, quen acadou o gol para os locais, un gol dos que se considera sicolóxico ao ser xusto antes do descanso. Pero trala reanudación, Jorge era quen de poñer a igualada no 57. Tentaron os dous equipos, e houbo ocasións, pero o marcador non se moveu e ao final dos 80 minutos 1-1 e reparto de puntos. Bo traballo, Cadetes!!

Ficha Técnica

S.C.D. Salcedo: Hugo, Jose, Alexandre, Andrés, Sergio, David, Carlos, Dani, Alexis, Andrés e Negashu. Tamén xogaron David, Unai, Santiago, Pedro e Brais.

Moraña C.F.: Iván, Isma, Adonis, Rubén, Pablo Fraga, David, Edu, Pereira, Raúl, Jonathan e Dani. Tamén xogaron Anxo e Jorge.

Goles: 1-0 Dani (min. 37); 1-1 Jorge (min. 57).

Xuveniles 1 – 2 Barro C.F.

Derbi adiantado ao venres, no que se enfrontaban os nosos Xuveniles aos do Barro C.F. O encontro tivo un comezo trepidante, con bo ritmo, que se foi diluíndo co paso dos minutos. Adiantou ao Barro Bryan no minuto 12, logrando a igualada Álex no 27. Pero antes do descanso, Freider marcaba de penalti o 1-2.

Nos segundos 45 minutos, malia que os dous conxuntos buscaron acadar máis goles, o marcador non se moveu, quedando no definitivo 1-2.

Ánimo e a seguir traballando!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Senín, Nicanor, Iván, Adri, Manu Sayáns, Alex, Abalo, Reboredo, Isma, Marquitos e Fervenza. Tamén xogaron Pablo González, Saúl, Andrés e Gabriel.

Barro C.F.: Iván, Diego, Fran, Adri, Fariña, Kevin, Bryan, Alejandro, Manuel, Freider e Diego. Tamén xogaron Ángel e Mario.

Goles: 0-1 Bryan (min. 12); 1-1 Álex (min. 27); 1-2 Freider, penalt1 (min. 33).

Compárteo!

Deixa un Comentario