Aquí vos deixamos o resumo de todos os encontros que xogaron as distintas categorías do Moraña C.F. esta fin de semana!

Portonovo S.D. 5 – 3 Prebenxamíns

Viaxe lonxana para os nosos Pres, que xogaron en Baltar ante o Portonovo S.D. un emocionante encontro. A pesares de que Iago adiantou cedo aos nosos, a reacción local non se fixo esperar, e antes do descanso Manu, Cesc e Hugo poñían ao Portonovo con vantaxe 3-1. Lucas recurtou xusto antes do descanso.

Na segunda metade, de novo Hugo e Cesc daban máis vantaxe aos locales, e Lucas no 41 facía outro gol máis para os nosos, deixando o marcador final en 5-3.

Ficha Técnica

Portonovo S.D.: Miguel, Higo, Pablo, Cesc, Xabier, Hugo, Manuel e Mateo.

Moraña C.F.: Antón, Saúl, Adri, Lucas, Iago, Fernando, Anxo, Héctor e Alba.

Goles: 0-1 Iago (min. 5); 1-1 Manuel (min. 7); 2-1 Cesc (min. 10); 3-1 Hugo (min. 14); 3-2 Lucas (min. 21); 4-2 Hugo (min. 30); 5-2 Cesc (min. 30); 5-3 Lucas (min. 41).

Benxamín «A» 0 – 6 E.F.B. Moañesa «C»

No Buelo, o Benxamín «A» recibía á E.F.B. Moañesa «C», nun partido que se decantou para o lado morracense na segunda parte. Nos primeiros 25 minutos, o solitario gol de Roi no minuto 3 foi o único que se puide ver, cos dous equipos marcando os tempos e cun encontro moi igualado.

Na reanudación, a Moañesa saleu moi forte, xogando a un gran nivel o que lle permitiu facerse cos puntos co resultado final de 0-6.

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Dario Leboso, Aitor, Xabi, Iago, Lucas, Darío Redondo, Aleixo, David, Pablo, Iker, Ethan, Nico e Jonathan.

E.F.B. Moañesa «C».: Alexis, André, Brais, Dani, Félix, Derek, Rubén, Roi, Manuel, Iker, Xavo, Sergio e Alejandro.

Goles: 0-1 Roi (min. 3); 0-2 Iago p.p. (min. 28); 0-3 Dani (min. 30); 0-4 Dani (min. 36); 0-5 Roi min. 46); 0-6 Manu (min. 48)

 

A.C.D. A Seca 2 – 7 Benxamín «B»

O Benxamín «B» asaltou o liderato na súa categoría na Xunqueira na tarde de onte, ao vencer á A.C.D. A Seca por 2-7 nun intenso partido no que os nosos colleron vantaxe na segunda parte tras un primeiro acto moi igualado no que se foi ao descanso con 0-2. Neste segundo tempo e baixo un diluvio, os nosos xogaron a un gran nivel, acadando un gran resultado. Noraboa!!

Ficha Técnica

A.C.D. A Seca: Óscar, Roi, Aarón, Xoel, Mario, Mateo, Mauro, Yosi, Pablo e Joel.

Moraña C.F.: Pablo, Jaime, Juan, Alejandro, Dani, Rodríguez, Mateo, Marcelino, Carlos, Jorge, Xoel, Luis e Pelayo,

Goles: Polo Moraña Mario (2), Yosi (2),  Xoel (2) E mateo. Pola A.C.D. A Seca Luis (2)

C.D. Bueu 3 – 3 Alevíns

Viaxe ao Morrazo dos nosos Alevíns, que desputaron na mañán do sábado o seu encontro ligueiro ante o C.D. Bueu. Un partido que comezou moi ben para os nosos, que antes dos 10 primeiros minutos xa vencían por 0-2 con goles de David e Jorge. Pero o Bueu reaccionou e con goles de Noel (min. 12) e Budiño (min. 17) e deixou o marcador en táboas 2-2 antes do descanso.

No segundo acto, Aday puxo aos nosos por diante de novo, pero Noel no 40 deixaba o marcador final no 3-3 definitivo.

Ficha Técnica

C.D. Bueu: Telmo, Matías, Ansur, Martín, Abel, Noel, David, Damián, Mario e Budiño

Moraña C.F.: Brais, Saúl, Anxo, Alejandro, Alexandre, Jorge, David, Aday, Hugo e Rubén.

Goles: 0-1 David (min. 3); 0-2 Jorge (min. 9); 1-2 Noel (min. 12); 2-2 Budiño (min 17); 2-3 Aday (min. 33); 3-3 Noel (min. 40)

Infantiles 3 – 2 A.C.D. Ancora D´Ouro F.S.

Encontro de poder a poder o xogado na mañán do sábado no Buelo, entre dous equipos moi igualados e que se decantou na recta final. Amestoy adiantou ao Moraña no minuto 8, pero case de inmediato Aridane igualaba (minuto 10), sen que o marcador se movera máis nesta primeira metade.

Na segunda, Pablo poñía por diante ao Ancora no 60, co 1-2. Pero Domi de penalty no 67 e Álex case co pitido final (min. 77) facía que os puntos se quedaran en Moraña.

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Oscar, Dani, Anxo, Lucas, Pablo, Mateo, Abel, Álex, Domi, Amestoy e Damián. Tamén xogaron Álvaro, André, Javi, Sergio e Marta.

A.C.D. Ancora D´Ouro F.S.: Iago, Jorge, David, Miguel, André, Hugo, Samu, Pablo, Iván, Samir e Iago. Tamén xogaron Moha, Ángel, Aridane, Alejandro e David.

Goles: 1-0 Amestoy (min. 8); 1-1 Aridane (min. 10); 1-2 Pablo (min. 60); 2-2 Domi, penalty (min. 67); 3-2 Alex (min. 77).

Cadetes 4 – 4 Ráp. Bahía

Outro encontro cheo de goles co que nos deleitaron os nosos Cadetes mailo Rápido de Bahía. Un festival de anotación, que comezou cedo, canto Pablo Fraga poñía o 1-0 no 17, contestado por Bruno no 21. Raúl , antes do descanso deixaba aos nosos en vantaxe, co 2-1 no 39. Na segunda metade chegou a reacción visitante, cun doblete de Miguel no 48 e 54 que lle daba a volta ao encontro. Pereira poñía de novo as táboas no 55.

Manu na recta final poñía en vantaxe ao Rápido cun gol no 71, pero Edu no 75 facía o definitivo 4-4 co que rematou o encontro.

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Jorge, Isma, Pedro, Adonis, Rubén, Pablo Fraga, David, Edu, Pereira, Raúl e Dani. Tamén xogou Iván.

Rápido Bahía C.F.: David, Diego, Isaac, Kevin, Adán, Bruno, Miguel, Manu, Samu, Pedro e Iván.

Goles: 1-0 Pablo Fraga (min. 17); 1-1 Bruno (min. 21); 2-1 Raúl (min. 39); 2-2 Miguel  (min. 48); 2-3 Miguel (min. 54); 3-3 Pereira (min. 55); 3-4 Manu (min. 71); 4-4 Edu (min. 75)

 

Compárteo!

Deixa un Comentario