Prebenxamíns 0 – 5 Caldas C.F.

O pasado xoves, os Prebenxamíns xogaron no Buelo un amigable de cara a ir preparándose para os compromisos ligueiros ante o Caldas C.F. A victoria foi para os visitantes, aínda que iso foi o de menos, xa que o importante era ir vendo a evolución e pulir detalles. Gran traballo de ambos equipos.

Benxamíns 7 – 1 E.F.B. Terra de Montes

Os  Benxamíns tamén disputaron na mañán do sábado tamén un amigable para tamén preparar a tempada. Os nosos xogaron a un bo nivel, vencendo á E.F.B. Terra de Montes por 7 goles a 1 nun gran encontro. Pero o máis importante foi ver que o equipo segue a conxuntarse e que paso a paso van avanzando.

Alevíns 0 – 14 A.C.D. A Seca

Os Alevíns xogaron o seu segundo encontro ligueiro, e seguen a acusar o cambio a fútbol 11. Malia o resultado, pouco a pouco estamos seguros de que estes rapaces van ir avanzando, e moi pronto coas medidas xa tomadas do campo, comezarán a competir moito mellor. Ánimo Alevíns!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Óscar, Ethan, Pablo, Xabi, Anxo, Aitor, Yosi, Lucas, Rubén, Hugo, Aleixo, Nico, Darío Leboso, Darío Redondo, Iker e Miguel.

A.C.D. A Seca.: Manuel, Andrés, Alicia, Alejandro, Saúl, Miguel, Mateo, ÁLvaro, Victor, Lucas, Miguel, Hugo, Iker, Garcia e Pablo.

Goles: Víctor (3), Lucas, Álvaro, Miguel (5), García (2), Pablo, Mateo

Infantiles 5 – 2 Barro C.F.

Os Infantiles adiantaron o seu encontro ligueiro ao Xoves, nun emocionante derbi ante o Barro C.F. O partido foi moi emocionante, con opcións por parte dos dous equipos. Adiantouse o Moraña por medio de Mateo, facendo o 2-0 Hugo. Outro Hugo, pero esta vez xogador do Barro poñía o 2-1 antes do descanso. Na reanudación, Aday e David con dous goles poñían aos nosos en vantaxe, pero Nazaret no 63 deixaba ao Barro con opcións. O gol de Joel no 66 dera a sentencia e deixaba os puntos en Moraña. Noraboa!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Brais, Saúl, Damián, Álvaro, Pablo, Mateo, Abel, Jorge, David, Hugo e Aday. Sergio. Alejandro, André, Joel e Raul.

Barro C.F..: Óscar, Marcos, Pablo, Julián, Hugo, Damián, Yago, Nazaret, Martín, Brais, Daniel e Borja.

Goles: 1-0 Mateo (min. 15), 2-0 Hugo (min. 21); 2-1 Hugo (penalti, min. 37); 3-1 Aday (min. 41); 4-1 David (min. 51); 4-2 Nazaret (min. 63); 5-2 Joel (min. 66).

C.D. Bamio 1 – 10 Cadetes

Visita dos Cadetes ao Municipal Mari Paz Vilas, para xogar encontro de Liga ante o C.D. Bamio. Un encontro no que os nosos saíron a por todas e se fixeron coa iniciativa dende os primeiros minutos. Adiantáronse os nosos no minuto 7, por medio de Lucas. Álex e Domi puxeron máis vantaxe, pero David recurtaba. Pereira e Domi antes do descanso deixaban o marcador en 1-5. Nos segundos 40 minutos, máis goles pola parte morañesa, con Domi, Mateo e Pereira como autores, ata redondear o electrónico co definitivo 1-10. Noraboa!!

Ficha técnica

C.D. Bamio: Víctor, Pablo, Álvaro, Juan, David, Miguel, Andoni, Sergio, Pablo, Marcos, Adrián e José.

Moraña C.F.: Iván, Isma, Anxo, Dani, Lucas, Rubén, Amestoy, Edu, Álex, Pereira e Domi. Tamén xogaron Óscar, Mateo e Álvaro.

Goles: 0-1 Lucas (min. 7); 0-2 Alex (min. 20); 0-3 Domi (min. 24); 1-3 David (min. 26); 1-4 Pereira (min. 29); 1-5 Domi (min. 33); 1-6 Pereira (min. 45); 1-7 Domi (min. 47); 1-8 Mateo (min. 55); 1-9 Pereira (min. 68); 1-10 Pereira (min. 74).

Xuveniles 0 – 4 Xuv Cambados «B»

Os Xuveniles caeron na tarde noite do sábado ante o Cambados «B» nun encontro que os visitantes encarrilaron rápido. Jose, Juan por dúas veces e Alejandro, puxeron un claro 0-4 antes da primera media hora que sentenciaba o encontro. Os nosos seguiron a intentalo ata o pitido final, pero non foron quen de que se movera o marcador.

A peor nova deste encontro foi a grave lesión sufrida por Mario, xogador visitante, ao que dende o Moraña C.F. lle desexamos unha próxima recuperación.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Jorge, Pablo Sende, Iván, David, Raúl, Alex, Adrián, Pablo, Pereira, Dani e Isma. Tamén xogaron Adonis, Edu, Pedro e Marcos.

Xuv. Cambados «B».: Antonio, uca,s Mario, Adrián, Yago, Lucas, Jose, Mario Pazos, Juan, Alejandro e Yerai. Tamén xogaron Francis, Alejandro e Andrés.

Goles: 0-1 Jose (min. 8); 0-2 Juan (min. 18); 0-3 Juan (min. 22); 0-4 Alejandro (min. 23).

Compárteo!

Deixa un Comentario