Barro C.F. 1 – 6 Benxamíns

Primeiro encontro ligueiro dos Benxamíns, que debutan na Competición en Outeiro-Perdecanai ante o Barro C.F. Gran partido dos nosos que comezaron a andadura ligueira con victoria. Trans uns primeiros minutos igualados, o Moraña puxo vantaxe no último tramo da primeira parte, cun doblete de Iago. Na segunda, de novo Iago cun doblete e Mario poñían o 0-5 no marcador. Recurtaba Marcos case ao final, pero de novo Mario no 44 marcaba para deixar o electrónico no definitivo 1-6.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Antón, Joel, Pablo, Mauro, Pedro, Mario, Iago, Mateoe Fernando.

Barro C.F.: Aarón, Marcos, Mateo, Hugo, Latas, Jose, Samu, Pablo, Kevin, David, Pedro, Anxo, Mencía e Sergio.

Goles: 0-1 Iago (min. 16); 0-2 Iago (min. 23); 0-3 Iago (min. 28); 0-4 Iago (min. 33); 0-5 Mario (min. 41); 1-5 Marcos (min. 43); 1-6 Mario (min. 44)

Xuv. Cambados «B» 9 – 2 Alevíns

Os Alevíns viaxaron ao Pombal, para xogar ante o Xuv. Cambados nunha nova xornada ligueira. Os nosos comezan xa a tomarlle as medidas ao campo de Fútbol 11, no que a maioría dos rapaces están a xogar por primeira vez. O Cambados acadou a victoria cun resultado de 9-2, marcando os goles morañeses Aitor e Aleixo. A seguir, rapaces!!!

Ficha técnica

Xuv. Cambados: Mateo, Gabriel, Manuel, Lucas, Iván, David, Gabriel, Pablo, Santiago, Tomas, Xurxo, Guillermo, Martín, Mauro, Alberto e Andrés.

Moraña C.F.: Darío Maceiras, Ethan, Pablo, Xabi, Anxo, Aitor, Yosi, Lucas, Rubén, Hugo, Aleixo, Óscar, Nico, Darío Redondo, Iker e Miguel.

Goles: Polo Cambados Gabriel (2), Lucas, Andrés (2), Mauro,  Santiago (2) e David. Polo Moraña Aitor e Aleixo.

Infantiles 0 – 0 Pontevedra C.F.

Encontro sen goles o xogado entre os Infantiles e o Pontevedra C.F., pero cargado de bo fútbol e de ocasións por ambas partes. Malia que ningún dos dous equipos foi quen de abrir o marcador, todos os presentes desfrutaron dun gran partido, con contínuas opcións por partes dos dous equipos e moita loita no centro do campo. Un punto «para o saco» e a seguir!

Ficha técnica

Moraña C.F.: André, Saúl, Dami, Álvaro, Mateo, Jorge, David, Hugo, Marta, Aday, Brais, Sergio, Alejando e Raúl.

Pontevedra C.F.: Pablo, Ignacio, Centeno, Salva, Mario, Saúl, Pablo, Yago, Alejandro, Dani e Pablo. Tamén xogaron Jacobo, Roberto, Mikel e Ángel.

 

Cadetes 4 – 2 C.D. Portas

Un dos encontros máis emocionantes desta fin de semana na nosa base, foi o derbi xogado polos Cadetes ante o C.D. Portas. Un partido con moita intensidade e que se definiu no tramo final. Antes, Domi puxera en vantaxe aos nosos, no 15 da primeira parte. Pero no comezo da segunda parte, Leandro marcando o empate e Javi no 57 poñían ao Portas por diante 1-2. Houbo que esperar a uns incribles últimos 5 minutos, nos que Pereira lograba empatar (min. 76), Álex poñía po diante aos nosos (no 78) e xa no desconto, Domi sentenciaba. Partidazo e tres puntos que quedan en Moraña.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Óscar, Dani, Anxo, Lucas, Rubén, Amestoy, Edu, Alex, Pereira, Domi, Javi, Isma, Iván e Joel.

C.D. Portas: Hugo, Wuayra, Diego, Rey, Iago, Damián, Leandro, Otero, Simón, Javi, Antonio e Jorge.

Goles: 1-0 Domi (min. 15); 1-1 Leandro (min. 50); 1-2 Javi (min. 57); 2-2 Pereira (min. 76); 3-2 Álex (min. 78); 4-2 Domi (min. 83).

S.D. Puentearnelas 8 – 0 Xuveniles

Ao igual que o Primeiro Equipo, os xuveniles viaxaron ás Chans para xogar ante a S.D. Puentearnelas. Os nosos caeron con contundencia por un claro 8-0, ante o que pouco puideron facer. Só queda levantarse, seguir traballando e mellorando e dalo todo!!!

Ficha técnica

S.D. Puentearnelas: Álvaro, Manu, Ramón, Miguel, Jose, Constante, Miguel, Álex, Javi, Breixo, Teo. Tamén xogaron Isma, Adri, Noel, Martín e Simón.

Moraña C.F.: Jorge, Isma, Iván, Pablo Sende, Álex, Cristian, Pablo Gonzalez, Adrián, Adonis, Raúl, David. Tamén xogaron Marcos e Pedro.

Goles: Javi, Miguel (2), Álex, Constante, Martín e Teo (2).

Compárteo!

Deixa un Comentario