Aquí vos deixamos o resumo de todos os encontros que xogaron as distintas categorías do Moraña C.F. esta fin de semana!

Sagrado Corazón «B» 3 – 2 Biberóns

Tras dous anos no que o Moraña C.F. non participaba na Liga do Sagrado Corazón, os nosos Biberóns comezaron hoxe a andadura neste torneo

Xogaron hoxe a segunda xornada, tras descansar na primeira (aínda que coa reestructuración da Liga, esa xornada sí se vai a xogar ao incorporar un novo equipo) ante o Sagrado Corazón «B». Os nosos bibes fixeron un bo encontro, caendo ao final do mesmo pola mínima por 3-2 ante os equipo local. Os autores dos goles foron Dani e Breixo Ferrín. Ánimo e a seguir pelexando!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Saul, Dani, Breixo Oubiña, Xurxo, Manu, Diego, Lucas, Breixo Ferrín e Xabi.

Goles: Dani e Breixo Ferrín (penalti)

 

Prebenxamíns 1 – 2 San Martín C.F. «B»

Outro encontro igualado dos nosos Pres, na mañán do sábado, recibindo ao San Martín C.F. «B». Neste partido, os nosos foron os que se adiantaron no marcador, cun gol de Fernando no minuto 2. Pero os visitantes foron quen de darlle a volta ao electrónico, e con goles de Lucas (min. 22) e Hugo (min. 36) acadaron o 1-2 que foi definitivo.

Gran traballo de ambos equipos!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Antón, Saúl, Adri, Mauro, Fernando, Pedro, Antón, Alba e Héctor

San Martín C.F. «B»: Diego, Ángel, Hugo, Iker, Leo, Dani, Lucas e Uxío

Goles: 1-0 Fernando (min. 2); 1-1 Lucas (min. 22); 1-2 Hugo (min. 36)

Amanecer S.D. 3 – 4 Benxamín «B»

Primeira eliminatoria de Copa para o noso Benxamín «B» e encontro de auténtico infarto que fixo as delicias dos asistentes. un partido no que os nosos foron todo o partido a remolque, tralo primeiro gol de Jairo no minuto 3. Aarón empatou no 9, pero de novo Antón poñía en vantaxe aos locais no 12. Yosi volvía facer a igualada no 15, sendo o 2-2 o resultado ao descanso.

Na segunda metade, de novo Jairo poñía por diante ao Amanecer no 33, e de novo os nosos respondían con gol de Mario no 36. Parecía que o empate ía a ser o resultado final e teriamos que xogar a clasificación na prórroga ou penalties, pero Mario no último minuto facía o 3-4 que lle daba o pase aos nosos. Noraboa!

Ficha Técnica

Amanecer S.D.: Martín, Miguel, Marcos, Xurxo, Enzo, Ángel, Iker, Iago, Gabriel, Ezaro, Breixo, Antón, Hugo e Jairo.

Moraña C.F.: Óscar, Roi, Aarón, Xoel, Mario, Mauro, Yosi, Iago e Pablo.

Goles: 1-0 Jairo (min. 3); 1-1 Aarón (min. 9); 2-1 Antón (min. 12); 2-2 Yosi (min. 15); 3-2 Jairo (min. 33); 3-3 Mario (min. 36); 3-4 Mario (min. 49).or parte do Villagarcía: Núñez (3), Manuel (3), Raúl e Brais. Por parte do Moraña, Iago.

Unión Dena C.F. 3 – 2 Alevíns

Outro encontro moi igualado o que disputaron os Alevíns nas Cachizas ante o Unión Dena que tamén se definiu no último tramo. Adiantouse o Moraña no 3 con gol de Anxo pero Brais empataba no 13, sendo o empate a 1 o resultado ao descanso. Na reanudación, foi o Dena o que cobrou vantaxe, con gol de Alejandro no 32. Hugo volvía a poñer o empate no marcador 2-2 no 34, pero no 40 Luis facía o definitivo 3-2 2. Ánimo e a seguir pelexando.

Ficha Técnica

Unión Dena C.F.: Hugo, Yago, Yeray, Zaira, Óscar, Álvaro, Brais, Antón, Luis, Alberto, Alejandro e Kevin.

Moraña C.F.: Brais, Saúl, Anxo, Alejandro, Hugo, Alexandre, Jorge e David.

Goles: 0-1 Anxo (min. 3); 1-1 Brais (min. 13); 2-1 Alejandro (min. 32); 2-2 Hugo (min. 34); 3-2 Luis (min. 40)

Infantiles 7 – 0 C.D. Ribadumia «B»

Os Infantiles xogaron un gran encontro na mañán do sábado ante o C.D. Ribadumia «B», no que se fixeron cos puntos tras vencer aos do Salnés. Os nosos cimentaron a victoria nunha gran segunda parte, aínda que xa a encarrilaran na primeira na que chegaron ao descanso con vantaxe de 3-0 (goles de Mateo, Amestoy e Álex). Na segunda metade, Amestoy, Álex, Mateo e Abel redondearon cun gol cada un o resultado final de 7-0. Gran traballo, rapaces!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: André, Dani Fontán, Anxo, Álvaro, Lucas, Pablo, Mateo, Abel, Álex, Amestoy e Iván. Tamén xogaron Marta e Joel.

C.D. Ribadumia «B»: Yago, Brais, Dani, Rodríguez, Mahuel, Santi, Raúl, Pablo, Lidia, David, Yago, Enrique, Brais e Alejandro.

Goles: Mateo (2), Amestoy (2), Álex (2) e Abel.

Cadetes 1 – 4 S.C.D. Salcedo

Os Cadetes caeron no Buelo na mañán do sábado ante a S.C.D. Salcedo que se fixo cos puntos tras unha gran segunda parte. Na primeira o encontro estivo máis igualado, sen goles para ningún equipo e chegando ao descanso 0-0. Na segunda metade, os visitantes adiantáronse no 50 con gol de Andrés, e esto foi chave, xa que os nosos tiveron que comezar a tomar máis riscos e á contra o Salcedo lograba perigo. Dani no 53, Alexis no 62 e Dani de novo no 70 puxeron un claro 0-4 no marcador. Raúl no 72 fixo o gol morañés. Ánimo e a seguir traballando!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Iván, Isma, Adonis, Rubén, Pablo Fraga, David, Edu, Pereira, Raúl, Dani e Jorge. Tamén xogaron Pablo Sende e Jonathan.

S.C.D. Salcedo: Hugo, Unai, Jose, Kliven, Santi, Sergio, David, Dani, Alexis, Andrés e Negashu. Tamén xogou Alexandre.

Goles: 0-1 Andrés (min. 50); 0-2 Dani (min. 53); 0-3 Alexis (min. 62); 0-4 Dani (min. 70); 1-4 Raúl (min. 72)

 

S.D. Puente Arnelas 2 – 0 Xuveniles

Derrota dos Xuveniles na súa visita ás Chans na mañán do domingo ante unha S.D. Puente Arnelas que se levou os puntos. Adiantou aos locais Miguel no minuto 22 facendo o 1-0, resultado co que se chegou ao descanso. Malia que os nosos traballaron a reo na segunda metade para recortar as diferencias, foron os locais os que colleron máis vantaxe co gol de Aarón no 49, que lle deu tranquilidade e unha vantaxe que administraron ata o pitido final.

A seguir pelexando Xuveniles!!

Ficha Técnica

S.D. Puente Arnelas: Álvaro, Iván, Fran, Constante, David, Ramón, Carlos, Álex, Gonzalo, Aarón, Miguel. Tamén xogaron Brais, Miguel, Vázquez, Martín e Miguel.

Moraña C.F.: Senín, Iván, Adri, Alex, Pablo González, Abalo, Reboredo, Isma, Marquitos, Fervenza e Xián. Tamén xogaron Manu Sayáns e Saúl.

Goles: 1-0 Miguel (min. 22); 2-0 Aarón (min. 49)

Compárteo!

Deixa un Comentario