Aquí vos deixamos o resumo de todos os encontros que xogaron as distintas categorías do Moraña C.F. esta fin de semana!

Prebenxamíns 3 – 0 Salgueiriños C.F. «B»

Os Prebenxamíns adiantaron a súa xornada á tarde do venres, na que xogaron no Buelo ante o Salgueiriños «B». Os nosos peques puntuaron por primeira vez nesta segunda fase da liga, vencendo ao equipo pontevedrés por 3-0.

Fixo o primeiro gol Pedro ao pouco de comezar (minuto 2) e Fernando poñía máis vantaxe no 12. Con este 2-0 se chegou ao descanso. No comezo da reanudación, Miguel en propia porta facía o 3-0. A pesares de que houbo opcións para os dous equipos, este resultado foi definitivo.

Noraboa, Pres!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Antón, Saúl, Adri, Lucas, Fer, Pedro, Anxo, Héctor, Iago e Alba.

Salgueiriños C.F. «B».: Lucas, Miguel, Adri, Ander, Dani, Alonso, Brais, Miguel, Andrés e Nico

Goles: 1-0 Pedro (min. 2); 2-0 Fer (min. 12); 3-0 Miguel p.p. (min. 27)

C.D. Soutomaior 13 – 0 Benxamín «A»

Os Benxamíns «A», con moitísimas baixas viaxaron na mañán do domingo a Soutomaior para enfrontarse ao C.D. Soutomaior. Os nosos pelexaron con todas as súas forzas, pero o rival foi moi superior e conseguiron vencer aos nosos nunha clara victoria. Toca levantarse e seguir traballando.

Ánimo Benxas!!

Ficha Técnica

C.D. Soutomaior.: Ignacio, Xabi, Joaquín, Elías, Manu, Abel, Javier, Pedro, Brais e Aleixo

Moraña C.F.: Darío Maceiras, Pablo, Aitor, Iker, Lucas, Aleixo, Nico, Jonathan e Darío.

Goles: Brais (4), Pedro (2), Javier (3), Manuel (2), Abel e Aleixo.

Céltiga F.C. 0 – 5 Benxamín «B»

O Benxamín «B» viaxou á Illa para xogar ante o Céltiga na mañán do sábado. Os de Chucho saíron con forza a este encontro, que non acabou de romperse ata a segunda metade. Chegouse co 0-0 ao descanso, pero nos segundos 25 minutos, os nosos fixeron un gran despliegue co que acadaron 5 goles. Mario no 32 facía o primeiro, poñendo máis distancia no 36 co seu segundo gol. Este resultado de 0-2 foi o que se mantivo no marcador ata case o final, pero nos últimos intres, Xoel no 43 e Yosi case co pitido final metía dous goles para deixar o electrónico no definitivo 0-5. Gran traballo dos dous equipos.

Noraboa rapaces!!

Ficha Técnica

Céltiga C.F.: Samu, Gael, Rodri, Sergio, Gustavo, Iago, Adri, Brais, Iker e Carlos.

Moraña C.F.: Óscar, Roi, Pablo, Aarón, Xoel, Mario, Mauro, Yosi, Joel e Mateo.

Goles: 0-1 Mario (min. 32); 0-2 Mario (min. 36); 0-3 Xoel (min.43); 0-4 Yosi (min. 45); 0-5 Yosi (min. 47)

Atl. Cuntis «B» 4 – 4 Alevíns

Tiñamos Derbi na categoría Alevín, na que o Moraña visitaba a Ran. Foi un dos encontros da xornada, na que os dous equipos xogaron a gran nivel e que se resolveu con reparto de puntos.

O encontro rompeuse ao final da primeira metade, cando Aday facía o 0-1 co que se chegaba ao descanso. Na reanudación, Aday volvía a marcar, poñendo o 0-2 no 31, pero os locais reaccionaban só un minuto despois poñendo Óscar o 1-2. David volvía poñer distancia no 35, co 1-3, pero de novo o Cuntis con goles de Lois e Juan empataban a 3. Xa case co pitido Jorge poñía en vantaxe ao Moraña no que parecía definitivo, pero Eloy empataba. Partidazo dos dous equipos, que fixeron as delicias dos asistentes.

Bo traballo, Alevíns!!

Ficha Técnica

Atl. Cuntis «B».: Anxo, Brais, Samuel, Alejandro, Eloy, Juan, Óscar, Lois, Breixo, Hugo e Martín.

Moraña C.F.: Brais, Saúl, Anxo, Alejandro, Alexandre, Jorge, David, Aday e Hugo.

Goles: 0-1 Aday (min. 19); 0-2 Aday (min. 31); 1-2 Óscar (min. 32); 1-3 David (min. 35); 2-3 Lois (min. 38); 3-3 Juan (min. 47); 3-4 Jorge (min. 49); 4-4 Eloy (min. 49).

Infantiles 1 – 2 C.D. Arcade

Os Infantiles recibiron na mañán do domingo ao Arcade. Os de Sara que viñan de vencer fóra da casa na xornada anterior, viñan con ganas de puntuar na casa. Pero foi o Arcade o que golpeou primeiro, e por dúas veces. Alejandro no 20 poñía en vantaxe aos visitantes, e antes de que puideran reaccionar os nosos, Joel no 30 facía o 0-2 co que se chegou ao descanso.

Nos segundos 40 minutos, a pesares de que os nosos traballaron a reo para sacar puntos do encontro, non foron quen de perforar a portería do Arcade ata case o tramo final. Abel no 76 poñía o 1-2 que lle deu emoción aos derradeiros minutos, pero o Arcade defendeu ben e levou os tres puntos.

Malia todo, gran traballo dos nosos Infantiles, a seguir así!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Óscar, Dani Fontán, Anxo, Álvaro, Pablo, Mateo, Abel, Alejandro, Domi, Damián e Joel. Tamén xogaron Lucas, Amestoy, André, Javi e Sergio.

C.D. Arcade: Álvaro, Marco, Joel, Hugo, Gabriel, Veiga, Pablo, Gabriel, Younes, David e Alejandro. Tamén xogaron Raúl e Reda.

Goles: 0-1 Alejandro (min. 20); 0-2 Joel (min. 30); 1-2 Abel (min. 76)

Cadetes 5 – 2 Caldas C.F.

Un dos encontros deste fin de semana era o enfrontamento de Cadetes entre o Moraña e os veciños do Caldas C.F. Un partido con marcador enganoso, xa que a pesar da distancia final, estivo moi parello.

Abriu o marcador Carlos para o Caldas no minuto 2, poñendo os nervios nos nosos. Pero foron quen de darlle a volta ao encontro antes do descanso. Dani no 16 facía o empate e Raúl no 23 poñía en vantaxe aos nosos co 2-1. E aínda tiveron tempo para poñer máis distancia antes do descanso, co segundo gol de Raúl (min. 36).

Na segunda parte, o Caldas apretaba o marcador no 55, facendo o 3-2 e poñendo ao seu equipo a distancia dun só gol. Foron minutos moi igualados e con opcións para os dous equipos. Foi no último tramo cando por fin os nosos mataron o encontro con dous goles máis de Raúl no 70 e no 77, firmando un póker para deixar o resultado final no definitivo 5-2. Noraboa, Cadetes!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Jorge, Isma, Isaac, Sende, Adonis, Rubén, Pablo Fraga, David, Pereira, Raúl e Dani. Tamén xogaron Edu, Jonathan, Iván e Pedro.

Caldas C.F.: Jorge, Jose, Pedro, Alejandro, Souto, Carlos, Raúl, Dani, Ángel, Samu e Carlos. Tamén xogaron Iago, Borja, Yago, Pedro e Leandro.

Goles: 0-1 Carlos (min.2); 1-1 Dani (min. 16); 2-1 Raúl (min. 23); 3-1 Raúl (min. 36); 3-2 Carlos (min. 55); 4-2 Raúl (min. 70); 5-2 Raúl (min. 77).

E.D. Arousa S.D. 1 – 0 Xuveniles

Derrota pola mínima dos nosos Xuveniles nun encontro marcado pola igualdade que só se rompeu no segundo acto, cando no 58 Jose Antonio poñía o único gol do encontro. Os de Juan xogaron un bo partido, pero a falta de acerto nos metros finais foi chave.

Estaba claro que o encontro se ía a decantar para quen lograse marcar e ese gol de Jose Antonio fixo que os puntos se quedaran en Vilagarcía. Ánimo e a seguir traballando!!

Ficha Técnica

E.D. Arousa S.D.: Mihai, Alejandro, Eloy, David, Jason, Jose Antonio, Rober, Isma, Enrique, Manu e Gabriel. Tamén xogaron Miguel, Iago, Javi e Héctor.

Moraña C.F.: Senín, Nicanor, Iván, Adri, Manu Sayáns, Alex, Rebo, Isma, Marquitos, Fervenza e Xián. Tamén xogaron Pablo González, Saúl, Abalo e Gabriel.

Goles: 1-0 Jose Antonio (min. 58)

Compárteo!

Deixa un Comentario