Aquí vos deixamos o resumo de todos os encontros que xogaron as distintas categorías do Moraña C.F. esta fin de semana!

Prebenxamíns 3 – 7 A.D. Sagrado C.F. «B»

Xornada de tarde de sábado para os nosos Pres, que recibían no Buelo á A.D. Sagrado «B». Un encontro marcado polas baixas, na que os nosos pelexaron a reo ante esta dificultade, e na que o Sagrado se mostrou moi superior, acadando unha renda clara dende moi cedo e administrándoa.

Os nosos peques fixeron un gran traballo, deixando o resultado final en 3-7. A seguir traballando!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Antón, Saúl, Adrián, Lucas, Pedro, Alba e Héctor.

A.D. Sagrado C.F. «B»: Hugo, Marcos, Marcos M., Pepe, Laura, Hugo, Francisco, Adrián, Jorge e Breixo.

Goles: 0-1 Pepe (min. 1); 0-2 Breixo (min. 3); 0-3 Pepe (min. 11); 0-4 Pepe (min. 16); 0-5 Breixo (min. 21): 0-6 Hugo (min. 26): 0-7 Hugo (min. 27); 1-7 Adrián (min. 33); 2-7 Lucas (min. 34); 3-7 Adrián (min. 50)

Céltiga C.F.»A» 5 – 2 Benxamín «A»

Tocoulle viaxar ao noso Benxamín «A», para enfrontarse na Illa ao Céltiga C.F. Os locais levaron a batuta e a iniciativa no encontro dende un primeiro momento, xa que se adiantaron moi cedo (minuto 1). Os nosos pelexaron e mantivéronse no encontro, marcando David o 2-1 no minuto 17. Pero o Céltiga meteu a directa, ata poñerse 4-1 e malia que david recurtou no 34 para o 4-2, Yago certificaba a victoria e o seu hattrick no 45 deixando o electrónico no 5-2 final. A seguir!

Ficha Técnica

Céltiga C.F.: Yago, Iker, Brais, Ramón, Ulises, Javi, Yago, Borja, Xoan e Unai.

Moraña C.F.: Aitor, Xabi, Iker, Aleixo, David, Ethan, Nico, Pablo, Iago e Darío Redondo.

Goles: 1-0 Yago (min. 1); 2-0 Yago (min. 14); 2-1 David (min. 17); 3-1 Yago (min. 23); 4-1 Ramón (min. 30); 4-2 David (min. 34); 5-2 Yago (min. 45)

Benxamín «B» 7 – 4 Arosa S.C. «B»

Festival de goles no encontro do Benxamín «B» este sábado no Buelo. Os nosos comezaron o encontro con moita forza, poñéndose rápido co 2-0 en ventaxa (goles de Xoel e Joel). Sergio recurtaba, pero Mario e Xoel con sendos dobletes, poñían terra de por medio. Volvía a recurtar Javi no 47, pero Aarón no 48 marcaba o séptimo para os nosos. Javi e Mauro recurtarían máis distancia nos últimos minutos, pero a victoria quedou en Moraña co definitivo 7-4. Noraboa!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Óscar, Roi, Joel, Aarón, Xoel, Mario, Mauro, Yosi, Pablo e Mateo.

Arosa S.C. «B»: Ramiro, Lucas, Iván, Christian, Dylan, Sergio, Javier, Yerai, Adrián, Mauro e Diego.

Goles: 1-0 Xoel (min. 8); 2-0 Joel (min. 11); 2-1 Sergio (min. 12); 3-1 Mario (min. 20); 4-1 Mario (min. 24); 5-1 Xoel (min. 33); 6-1 Xoel (min. 41); 6-2 Javi (min. 47); 7-2 Aarón (min. 48); 7-3 Javi (min. 47); 7-4 Mauro (min. 49)

E.F.B. Moañesa 5 – 3 Alevíns

Viaxe longo e gran experiencia futbolística para os Alevíns, que se viron reforzados na mañán do domingo con dous Benxamíns para completar convocatoria. A cita era ante a E.F.B. Moañesa no campo de O Casal, e o partido foi moi entretido. Houbo reparto de goles na primeira parte, chegando ao descanso con vantaxe mínima dos locais 2-1 antes do descanso.

Na segunda metade, a Moañesa saiu máis enchufada, e fixeron dous goles que dificultaban as cousas aos nosos. David puxo o 4-2, respondeu Adri co 5-2 e finalmente Iago facía o definitivo 5-3. Gran experiencia para este grupo de xogadores, a seguir medrando!

Ficha Técnica

E.F.B. Moañesa: Jorge, Pablo, Samu, Tomás, Adri, Aarón, Gael, Dani, Sergio, Anxo e Antón.

Moraña C.F.: Rubén, Saúl, Anxo, Alejandro, Hugo, Jorge, David, Aday, David P. e Iago.

Goles: 1-0 Adri (min 9); 1-1 Aday (min. 15); 2-1 Pablo (min. 27); 3-1 Dani (min. 32) 3-2 David (min. 35); 4-2 Adri (min. 38); 5-2 Adri (min. 42); 5-3 Iago (min. 47).

S.C.D. Puentecaldelas 2 – 4 Infantiles

Os Infantiles tiveron que remar en Chan da Barcia ante un Puentecaldelas que lles puxo as cousas moi difíciles. Os de Sara comezaron por diante, con gol de Domi no minuto 12. Pero Rubén e Pablo antes do descanso, daban a volta ao encontro poñéndoo 2-1.

Na reanudación chegou a reacción morañesa, con goles de Lucas, Domi e Javi para poñer, grazas a unha gran segunda parte, o definitivo 2-4. Gran traballo chavales!!

Ficha Técnica

S.C.D. Puentecaldelas: Juan, Marta, Lucía, Adrián, Juan, David, Diego, Javi, Pablo, Iván M. e Rubén. Tamén xogaron Mateo, Dani, Adri e Samsom.

Moraña C.F.: Oscar, Dani Fontán, Álvaro, Lucas, Pablo, Abel, Alex, Domi, Amestoy, Hugo e Javi. Tamén xogaron Sergio e Marta.

Goles: 0-1 Domi (min. 12); 1-1 Rubén (min. 25); 2-1 Pablo (min. 35); 2-2 Lucas (min. 58); 2-3 Domi (min. 60); 2-4 Javi (min. 68).

C.D. Beluso 3 – 1 Cadetes

Outro equipo que tivo que facer unha longa viaxe e tamén á zona do Morrazo foron os Cadetes, que visitaron As Laxes para enfrontarse ao C.D. Beluso. Os nosos xogaron a bo nivel, incluso igualando rápido o gol inicial de Diego (min. 6) cun gran gol de Pablo Fraga (min. 13). Pero o Beluso volveu poñer vantaxe rápido con gol de Fernando no 20.

Na segunda metade, a igualdade foi a tónica, pero no 65 Alejandro facía o 3-1 que foi definitivo. Ánimo e a seguir traballando!

Ficha Técnica

C.D. Beluso: Alberto, Víctor, Adri, Aarón, Xabi, Mirian, Diego, Fernando, Alejandro, Víctor e Amigo. Tamén xogaron Caros e Agustín.

Moraña C.F.: Iván, Isma, Sende, Adonis, Rubén, Pablo Fraga, Edu, David, Pereira, Raúl e Dani. Tamén xogaron Jonathan, Jorge e Pedro.

Goles: 1-0 Diego (min. 6); 1-1 Pablo Fraga (min. 13); 2-1 Fernando (min. 20); 3-1 Alejandro (min. 65).

San Martín C.F. 4 – 2 Xuveniles

Os Xuveniles viron como se lles ía o partido nun mal final de primeira parte. En só 10 minutos, o San Martín acadaba toda a vantaxe, facendo catro goles entre o 33 e o 44 da primeira parte. Esto foi un mazazo para os nosos, que vían como todo o traballo realizado ata ese momento non daba froito.

Malia todo, refixéronse na segunda parte, incluso poñéndolle emoción ao tramo final, con goles de Fervenza (min. 81) e Nicanor (min. 82) que os achegaban no electrónico. Aínda así, non puideron sacar puntos desta visita. A seguir!

Ficha Técnica

San Martín C.F.: Antón, Roi, Pablo, Marcos, Javi, Manu, Eire, Víctor, Pedro, Nico e Jose. Tamén xogaron Yago, Javi, Dani, Arturo e Andrés.

Moraña C.F.: Saúl, Nicanor, Xián, Iván, Abalo, Adri, Rebo, Manu Sayáns, Marquitos, Pablo González e Fervenza. Tamén xogou Andrés.

Goles: 1-0 Marcos (min. 33); 2-0 Eire (min. 35); 3-0 Pedro (min. 37); 4-0 Javi (min. 44); 4-1 Fervenza (min. 81); 4-2 Nicanor (min. 82)

Compárteo!

Deixa un Comentario