Aquí vos deixamos o resumo de todos os encontros que xogaron as distintas categorías do Moraña C.F. esta fin de semana!

Prebenxamíns 0 – 1 Atl. Marcón

Derrota pola mínima na mañán do sábado dos nosos Pres, que xogaron un gran encontro ante o Atlético Marcón. O gol de Roberto, no minuto 10 batendo a Antón foi o único que se viu neste partido, pero ámbolos dous equipos deixaron boas sensacións e deron un bo espectáculo aos asistentes.

A seguir así!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Antón, Saúl, Adri, Lucas, Iago, Fernando, Pedro, Anxo, Hugo e Héctor.

Marcón Atl.: Hugo, Martín, Roberto, Mario, Dani, Breixo, Covelo, David e Manuel.

Goles: 0-1 Roberto (min. 10)

A.X.D. Verdugo 1 – 5 Benxamín «A»

O noso Benxamín «A» viaxou para xogar ante a A.X.D. Verdugo nun encontro no que os nosos foron quen de traer os puntos. para Moraña. Tiveron que responder ao tempraneiro gol de Izan (no minuto 14) pero xa antes do descanso, os nosos lograban a remontada, con goles de Iago e David por dúas veces. na segunda parte, de novo Iago e David marcaban, para certificar a victoria co definitivo 1-5. Noraboa!

Ficha Técnica

A.X.D. Verdugo: Gabriel, Guillermo, Brais, Adrián, Breo, André, Adam, Paulo, Izan, Lucas e Pablo.

Moraña C.F.: Dario Leboso, Pablo, Aitor, Iago, Lucas, Darío Redondo, Aleixo, David, Xabi, Iker, Ethan, Nico e Jonathan.

Goles: 1-0 Izan (min. 14); 1-1 Iago (min. 16); 1-2 David (min. 18); 1-3 David (min. 20); 1-4 David (min. 41); 1-5 Iago (min. 50)

Benxamín «B» 7 – 2 E.F.B. Terra de Montes

Festival de goles no encontro dos Benxamíns «B», que recibían ao Terra de Montes. Os nosos encarrilaron cedo o encontro, cunha gran actuación de Mario que acadou ata 5 goles, acompañado por Yosi e Xoel que tamén marcaron. O Terra de Montes non marchou coas mans vacías, xa que Leo e Xabi facían dous goles que deixaban o marcador no definitivo 7-2. Gran partido dos dous conxuntos.

Noraboa rapaces!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Óscar, Roi, Joel, Aarón, Xoel, Mario, Mauro, Yosi, Pablo e Mateo.

E.F.B. Terra de Montes: Felipe, Leo, Juan, Román, Xurxo, Brais, Dani, Fran, Mauro e Xabi.

Goles: Polo Moraña Mario (5), Yosi e Xoel. Polo Terra de Montes Leo e Xabi.

Alevíns 3 – 1 Marín C.F.

Os Alevíns foron quen de vencer tamén ao Marín c.F. nun encontro moi emocionante. Adiantouse o Moraña con gol de Alejandro, pero Cristian no 15 empataba. David poñían antes do descanso o 2-1 que deixaba aínda o suspense de para onde ían marchar os puntos. Pero no 29 Aday facía o 3-1 que deixaba o encontro encarrilado e que foi o resultado final.

Bo traballo, Alevíns!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Rubén, Saúl, Alejandro, Hugo, Alex, Jorge, David, Aday e Anxo..

Marín C.F.: Sergio, Menna, Rubén, Darian, Leo, Raúl, Cristian e Iker.

Goles: 1-0 Alejandro (min. 10); 1-1 Cristian (min. 15); 2-1 David (min. 17); 3-1 Aday (min. 29)

Céltiga C.F. 3 – 1 Infantiles

Dura cita a que tiñan os Infantiles que viaxaban á Illa de Arousa para xogar ante o Céltiga C.F. Os de Sara xogaron un bo partido, pero no puideron cos locales. Adiantou Borja ao Céltiga no 8, acadando Domi o empate no 26 e chegando co 1-1 ao descanso. Nos segundos 40 minutos, Javi e Pablo fixeron dous goles que lles daban a victoria aos locais co resultado final de 3-1.

Ánimo e a seguir!

Ficha Técnica

Céltiga C.F: Alejo, Marcos, Javi, Miguel, Dani, Rodri, Borja, Palbo, Dani, Aarón, Alberto. Tamén xogaron Alejandro, Miguel, Bruno e Fernando.

Moraña C.F.: Oscar, Dani, Anxo, Álvaro, Lucas, Pablo, Mateo, Abel, Alejandro, Domi e Amestoy. Tamén xogaron Hugo, Sergio, Javi, Iván e Rubén.

Goles: 1-0 Borja (min. 8); 1-1 Domi (min. 26); 2-1 Javi (min. 68); 3-1 Pablo (min. 76).

A.X.D. Verdugo 0 – 2 Cadetes

Na mañán do domingo, os Cadetes xogaron ante a A.X.D Verdugo un intenso encontro. Adiantouse pronto o Moraña, no primeiro minuto. E o que parecía que ía a ser un encontro que se ía a decantar cedo, converteuse nunha difícil tarefa, que ata o gol de Edu xa mediada a segunda parte (min. 57) non se confirmou como victoria dos nosos. Gran traballo destes rapaces!!

Ficha Técnica

A.X.D. Verdugo: Manu, Celso, Iván, Rafa, Rubén, Samu, Oussama, Javi, Gabriel, Ernesto e Miguel. Tamén xogaron Lucas e Federico.

Moraña C.F.: Jorge, Isma, Sende, Rubén, Pablo Fraga, David, Edu, Pereira, Raúl e Dani. Tamén xogaron Anxo, Jonathan, Alejandro, Pedro e Dani Fontán.

Goles: 0-1 Pablo Fraga (min. 1); 0-2 Edu (min. 57)

Villalonga F.C. 6 – 1 Xuveniles

Os Xuveniles vixaron ao Revel na tarde do sábado, para xogar ante o Villalonga. Os locais foron superiores dende o primeiro momento, poñéndose xa 2-0 nos 5 primeiros minutos. Os nosos pelexaron a reo para tentar sacar algo positivo do encontro, pero malia que Fervenza acortou distancias, o Villalonga deixou o resultado final nun claro 6-1.

Ánimo e a seguir traballando!!

Ficha Técnica

Villalonga F.C..: Adri, Raúl, Fran, David, Borja, Isma, Youssef, Pablo, Marcos, Alexandre e Miguel. Tamén xogaron Isaac, Gabri, Cleison, Rubén e Jorge.

Moraña C.F.: Senín, Adri, Alejandro, Raúl, Saúl, Abalo, Reboredo, Andrés, Isma, Marquitos, Fervenza e Xián. Tamén xogou Pablo.

Goles: 1-0 Marcos (min. 3); 2-0 Fran (min. 5); 3-0 Adri (min. 10) 3-1 Fervenza (min. 39); 4-1 David (min. 53); 5-1 Isma (min. 55); 6-1 David (min. 80).

Compárteo!

Deixa un Comentario