Comeza a competición para varias das nosas seccións de Fútbol Base, e outras xa afinando a fase final da preparación. Imos ver como lles foi a todos!

Benxamíns 8 – 1 Caldas C.F.

Os Benxamíns seguen apurando a preparación de cara á tempada. Este sábado xogaron no Buelo un amigable ante o Caldas C.F. no que venceron con solvencia. Xa queda menos para empezar a Liga, así que a prepararse ben.

Arosa S.C. «B» 7 – 0 Alevíns

Primeiro encontro do Alevín de F11 no campo do Manuel Jiménez ante o Arosa. E primeira experiencia de moitos dos xogadores deste plantel en fútbol 11, ao que teñen que ir adaptándose paulatinamente. Sen prisa pero sen pausa, este grupo ten que ir medrando e collendo as novas medidas para ir avanzando. Moito ánimo!

Ficha técnica

Arosa S.C. «B»: Adrián, Gabriel, Diego, Jorge, Manu, Marcos, Brais, Hugo, García, Hugo, Alejandro, Sergio, Jorge, Elias, Iker e Iago.

Moraña C.F.: Darío Leboso, Ethan, Pablo, Xabi, Anxo, Aitor, Yosi, Lucas, Rubén, Hugo, Aleixo, Óscar, Nico, Miguel, Darío Redondo e Iker.

Goles: Brais (2), Manuel (2), Elías, Hugo Castromán e Hugo Silva.

 

A.J. Lérez «B» 1 – 3 Infantiles

Comezaron tamén fóra da casa os Infantiles a súa andadura ligueira, esta vez na Xunqueira 2 de Pontevedra ante a A.J. Lérez. Un encontro no que os nosos rapaces se adiantaron no minuto 12 por medio de Abel e colleron distancia no 19 con gol de Mateo. A Juve reduciu distancia antes do descanso no 32 por medio de Pablo, pero David xa na segunda metade poñía o definitivo 1-3. Noraboa!!

Ficha técnica

A.J. Lérez»B»: Miguel, David, Alberto, Arian, Alejandro, Carlos, Pablo, Guillermo, Isaac, Alessandro, Diego, Pablo, Diego, Jonatan, Álvaro e Gabriel.

Moraña C.F.: André, Saúl, Álvaro, Sergio, Pablo, Mateo, Abel, Jorge, David, Hugo, André, Aday, Brais, Alejandro, Joel, Marta e Raúl.

Goles: 0-1 Abel (min. 12); 0-2 Mateo (min. 19); 1-2 Pablo (min. 32); 1-3 David (min. 50).

Salgueiriños «C» 4 – 2 Cadetes

 

 

Debut ligueiro tamén para os nosos Cadetes, o sábado no Buelo ante o Salgueiriños. Partido de moito nivel, no que os pontevedreses lograron adiantarse xusto antes do descanso por medio de Fernando (min. 36) e Iago (min. 37). Mateo, tralo descanso daba máis vantaxe e parecía sentenciar o encontro facendo o 0-3 no 45. A reacción morañesa chegou a continuación, cun doblete de Pereira en 10 minutos que poñía o 2-3. Pero Fernando no 65 certificaba a victoria visitante co definitivo 2-4.
Ánimo e a seguir traballando!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Óscar, Isma, Anxo, Dani, Lucas, Rubén, Amestoy, Álex, Pereira, Domi, Javi, Edu e Iván.

Salgueiriños C.F. «C»: Iván, Emilio, Mario, Iago, Mateo, Fernando, Alberto, David, Iago, Andrés, Leo, Martín, Jaime, Pablo, Mauro e Enrique.

Goles: 0-1 Fernando (min. 36); 0-2 Iago (min. 37); 0-3 Mateo (min. 45); 1-3 Pereira (min. 51); 2-3 Pereira (min. 61); 2-4 Fernando (min. 65).

Compárteo!

Deixa un Comentario