INDEPO C.F. 5 – 2 Benxamíns

Viaxe dos Benxamíns na tarde do Sábado á Xunqueira 2 de Pontevedra para xogar ante o INDEPO C.F. Un encontro que comezou ben para os nosos, que colleron cedo vantaxe con goles de Iago e Mario, pero no que os locais reaccionaron para acadar o empate antes do descanso (Javi e Peaguda) e para remachar na segunda parte con 3 goles, de Elmehdi, Pablo e Adrián, certificando o definitivo 5-2. Bo traballo deste equipo, que compite en todos os encontros.

Ficha técnica

INDEPO C.F.: Aday, Marco, Iker, Alex, Peaguda, Castellano, Elmehdi, Javi, Yahia, Aday, Enrique e Anxo.

Moraña C.F.: Antón A., Joel, Mauro, Mario, Fer, Iago, Mateo, Aarón, Pablo, Roi, Pedro e Antón B.

Goles: 0-1 Iago (min. 8); 0-2 Mario (min. 9); 1-2 Javi (min. 12); 2-2 Peaguda (min. 19); 3-2 Elmehdi (min. 30); 4-2 Pablo p.p. (min. 45); 5-2 Adrián (min. 49).

E.F. Villa de Marín 8 – 1 Alevins

Os Alevíns viaxaban a Marín, para xogar ante a E.F. VIlla de Marín. Os nosos seguen coa súa adaptación ao Fútbol 11, e volveron caer ante un rival con máis rodaxe nestas novas dimensións do campo. Malia todo, deron o máximo e traballaron a reo para competir en todo momento. Ánimo e a seguir medrando!

Ficha técnica

E.F. Villa de Marín: Pablo, Fer, Gabri, Miguel, Lucas, Pedro, David, Dani, Luan, Tomás, Sergio, Pedro e Enrique.

Moraña C.F.: Darío Leboso, Xabi, Anxo, Aitor, Yosi, Lucas, Rubén, Hugo, Nico, Darío Redondo, Miguel, Óscar, Iker e Jonathan.

Goles: Polo Villa de Marín Gabri (2), Dani (2), Enrique (2), David e Pedro. Polo Moraña, Yosi.

Infantiles 3 – 1 S.D. Monteporreiro

O Sábado pola mañán, os Infantiles recibiron no Buelo á S.D. Monteporreio, nun encontro que comezou ben para os nosos, cun gol de Hugo ao cuarto de hora. Antes do descanso, Mateo puxo o 2-0 co que se foron aos vestiarios. Na segunda metado, os pontevedreses puxeron emoción no electrónico, cando Manuel acurtou distancias no 56. A tranquilidade non chegou ata o minuto 76, cando Jorge marcaba o definitivo 3-1. Noraboa e a seguir traballando!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: André, Saúl, Dami, Sergio, Pablo, Mateo, Abel, Jorge, David, Hugo, Aday, Alejandro, Joel, Marta e Raúl.

S.D. Monteporreiro: Abel, Pablo, Airas, Miguel, Juan, Hugo, Mateo, Manuel, Alejandro, Hugo, Andrés, Ruibal, Claudia e Bruno.

Goles: 1-0 Hugo (min. 15); 2-0 Mateo (min. 21); 2-1 Manuel (min. 56); 3-1 Jorge (min. 76).

 

Cadetes 4 – 1 Juv. Cambados «B»

Na mañán do domingo os Cadetes recibiron no Buelo ao Juv. Cambados «B», nun encontro bastante igualado e que só se rompeu co gol «sicolóxico» de Álex xusto antes do descanso. Este gol foi un golpe bastante duro para os visitantes, que tralo descanso vían como o Moraña collía máis vantaxe por medio de Pereira (no 52) e cun gol de penalti de Edu no 61. Sebas recurtaba por parte do Cambados no 66, e o 3-1 parecía que ía a ser o resultado final. Pero xa no desconto, Pereira poñía o 4-1 que foi o resultado final. Gran traballo!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Óscar, Isma, Anxo, Dani, Lucas, Rubén, Amestoy, Edu, Álex, Pereira e Domi. Tamén xogaron Iván, Javi e Pablo.

Juv. Cambados.: Sergio, Sebas, Dani, IVán, Alberto, Borja, Hugo, Santiago, Carlos, Raúl e Diego. Tamén xogaron Alberto, Cristian, Cibrán, Ricardo e Francis.

Goles: 1-0 Álex (min. 39); 2-0 Pereira (min. 52); 3-0 Edu, penati (min. 61); 3-1 Sebas (min. 66); 4-1 Pereira (min. 83).

C.D. Mosteiro 8 – 0 Xuveniles

Visita dos Xuveniles ao Municipal de Meis, ante un C.D. Mosteiro que encarrilou o encontro xa no primeiro minuto. Este gol tan tempraneiro foi un mazazo para os nosos, que tentaron recurtar distancias sen éxito ante un rival que se mostrou moi solvente e foi aumentando a vantaxe paulatinamente. A seguir traballando Xuveniles, coa cabeza ben alta e tratando de ir mellorando paso a paso, sen baixar os brazos. Ánimo rapaces!!

Ficha técnica

C.D. Mosteiro: Miguel, Gonzalo, Jaime, Izan, Pablo, Oscar, Juan, Mathias, Dani, Alberto e Manu. Tamén xogaron Jorge, Gabri, Alejandro, Carlos e Álvaro.

Moraña C.F.: Jorge, Isma, Pablo Sende, Adonis, Rubén, David, Cristian, Álex, Pablo González, Dani e Pereira. Tamén xogou Pedro.

Goles: Alberto, Oscar, Mathias (2), Dani, Jorge, Juan e Jaime

Compárteo!

Deixa un Comentario