Aquí vos deixamos o resumo de todos os encontros que xogaron as distintas categorías do Moraña C.F. esta fin de semana!

Villalonga F.C. 4 – 2 Prebenxamíns

Comezaron os Prebenxamíns a segunda fase da liga, cun encontro como visitantes no campo do Revel ante o Villalonga F.C. Os nosos saíron a este encontro con toda a ilusión, pero cos xogadores xustos para afrontalo debido ás baixas.

Adiantouse o Villalonga cedo, cos goles de Álex (minuto 3) e Sergio (minuto 5). No 16, Fernando recurtou diferencias, chegando ao descanso con este 2-1. Nos segundos 25 minutos, David e Parada sentenciaban para os locais, e Lucas no último tramo poñía o definitivo 4-2.

Ánimo pres!!

Ficha Técnica

Villalonga F.C.: Raúl, Iván, Ezequiel, Sergio, David, Álex, Mateo, Unai, Gael, Raúl, Miguel e Parada.

Moraña C.F.: Antón, Saúl, Adri, Lucas, Fer, Pedro e Anxo.

Goles: 1-0 Álex (min. 3); 2-0 Sergio (min. 5); 2-1 Fer (min. 16); 3-1 David (min. 35); 4-1 David (min. 37); 4-2 Lucas (min. 42).

Benxamíns»A» 1 – 8 E.F.B. Cangas

Tamén comezaron a segunda fase da Liga os Benxamíns «A» que se enfrontaron no Buelo á E.F.B. Cangas. Os puntos marcharon para O Morrazo, despois dun encontro no que se mostraron superiores os visitantes, que ao descanso xa vencían por 0 a 3. Na segunda metade, o Cangas foi ampliando a vantaxe, marcando o gol morañés Iago no minuto 42.

Ánimo aos Benxamíns, a seguir traballando!!

 

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Darío Maceiras, Aitor, Iker, Aleixo, David, Ethan, Nico, Jonathan, Pablo, Xabi, Iago e Darío Redondo.

E.F.B. Cangas: Iván, Javier, Alejandro, Jorge, Aarón, Anxo, Brais, Andrés, Iago, Marco, Juncal, Darío e Xián.

Goles E.F.B. Cangas: Brais (2), Iago, Iago Juncal, Alejandro, Xián, Aarón e Darío. Polo Moraña C.F. Iago.

Alevíns 1 – 5 E.F.B. Cangas «B»

O duelo de Benxamíns tamén se repetía en categoría Alevín e, lamentablemente para nós, con derrota morañesa. Este encontro estivo igualado durante gran parte do mesmo pola igualdade, pero rompeu para o lado visitante no tramo final. Adiantouse o Cangas por medio de Ángel no minuto 4, neutralizado cun tanto de Aday no 16. Así se chegou ao descanso.

Na segunda metade, ao pouco de comezar Jesús volvía poñer vantaxe visitante co 1-2 no 28. Tentaron reaccionar os nosos tras este tanto, pero foi o Cangas o que pechou o encontro no último tramo, con goles de Gabriel, Ángel e Damián para pechar o encontro co definitivo 1-5.

A seguir pelexando Benxas!!

 

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Rubén, Saúl, Anxo, Alejandro, Alexandre, Jorge, David, Aday, Hugo e Brais.

E.F.B. Cangas «B».: Xián, Damián, Dani, Roberto, Javier, Xoel, Gabriel, Ángel, Iván, Jorge, Jesús, Daniel, Leo e Raúl.

Goles: 0-1 Ángel (min. 4); 1-1 Aday (min. 16); 1-2 Jesús (min. 28); 1-3 Gabriel (min. 40); 1-4 Ángel (min. 43); 1-5 Damián (min. 49)

C.D. Beluso 2 – 2 Infantiles

Un dos encontros máis desputados desta fin de semana foi o que xogaron nas Laxes os nosos Infantiles ante o C.D. Beluso. Os rapaces de Sara afrontaban o encontro con moitas ganas e xogaron a un gran nivel. Adiantáronse os locais no minuto 16 por medio de Diego. Antes do descanso, Domi poñía a igualada no 32, coa que se chegou ao descanso.

Trala reanudación, Domi lograba o 54 no gol que lle daba a volta ao encontro e poñía o 1-2. Pero no tramo final, Alejandro poñía o 2-2 definitivo co que se chegou ao final. Gran traballo dos Infantiles, a seguir nesta liña!!

Ficha Técnica

C.D. Beluso: Adrián, Víctor, Iván, Ángel, Pablo, Francisco, Diego, Abel, Alejandro, Manuel e David. Tamén xogaron Carlos, Breixo, Kevin e Pablo.

Moraña C.F.: Óscar, Dani Fontán, Álvaro, Lucas, Abel, Alex, Domi, Amestoy, Javi, Damián e Rubén Souto. Tamén xogaron André, Sergio e Iván.

Goles: 1-0 Diego (min. 16); 1-1 Domi (min. 32); 1-2 Domi (min. 54); 2-2 Alejandro (min. 73)

C.E.D. Cotobade 0 – 3 Cadetes

Xogaban fóra tamén os Cadetes, visitando ás Extremas para xogar ante o C.E.D. Cotobade. Foron con todo os de Alberto, e o seu esforzo tivo premio.

Na primeira metade non se moveu o marcador ata o minuto 27, cando Raúl aproveitou no 27 un contraataque para facer o 0-1 tras un gran pase de Dani dende o centro para a súa incorporación en diagonal pola esquerda. Antes do descanso, David de penalty poñía o 0-2 que encarrilaba o encontro.

Desfrutaron tamén os locais dun lanzamento de penalty, pero neste caso Iván cunha gran parada lograba que o marcador non se movera no casilleiro do Cotobade. O 0-3 definitivo foi obra de Jorge, que aproveitou unha asistencia de Raúl dende a esquerda para no 72 pechar o marcador co 0-3 definitivo.

Gran victoria e gran traballo dos Cadetes, noraboa!!

Ficha Técnica

C.E.D. Cotobade: Iván, Isma, Sende, Adonis, Rubén Candal, Pablo Fraga, David, Edu, Pereira, Raúl e Dani. Tamén xogaron Isaac e Jorge.

Moraña C.F.: Raúl, Emilio, Ángel, Marcos, Carlos, Hugo, Alberto, Silvia, Pablo, Rubén e Jose. Tamén xogaron Judith, Yago, Adrián e Alejandro

Goles: 0-1 Raúl (min. 27); 0-2 David (min. 39); 0-3 Jorge (min. 72)

Xuveniles 1 – 3 A.D. Arousa F7

Aos Xuveniles escapáronselle os puntos no tramo final do encontro ante a A.D. Arousa F7. Nun encontro que ata estes últimos intres tiña o marcador inmaculado, viviu nos últimos 25 minutos un festival de goles.

Marquitos no 62 poñía o 1-0 que daba vantaxe aos nosos, pero no 77 Sergio facía a igualada. Buscaron a reacción os nosos, pero Sergio só 5 minutos despois volvía a marcar para darlle a volta ao partido. E xa case co pitido final, de novo Sergio marcaba erixíndose coma o xogador do partido para firmar un Hattrick en só 13 minutos e deixar o marcador no definitivo 1-3.

Ánimo aos Xuveniles e a seguir pelexando!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Senín, Iván, Manu Sayáns, Alex, Pablo González, Saúl, Abalo, Reboredo, Isma, Marquitos e Xián. Tamén xogaron David, Andrés e Gabriel.

A.D. Arousa F7: Joel, Santi, Sebas, Víctor, Javier, Yago, Sergio, Damián, Iker, Pablo, Daniel. Tamén xogaron Vinicius, Fer, Rubén, Alejandro e Pedro.

Goles: 1-0 Marquitos (min. 62); 1-1 Sergio (min. 77); 2-1 Sergio (min. 83); 3-1 Sergio (min. 89).

 

Compárteo!

Deixa un Comentario