Prebenxamíns 2 – 4 Villalonga F.C.

Primeiro encontro ligueiro dos Prebenxamíns nesta tempada que os enfrentaba no Buelo ao Villalonga F.C., e gran partido por parte dos dous equipos. Colleu distancia pronto o Villalonga, cun doblete de David no 5 e no 16. Lucas recurtou antes do decanso deixando o marcador en 1-2. Na segunda metade, Raúl poñía máis distancia pero Lucas de novo volvía a achegar aos nosos no 37 co 2-3. David sentenciaba para o Villalonga no 39, certificando o definitivo 2-4. Gran traballo para os dous equipos.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Saúl, Breixo, Alba, Iago, Lucas, Dani, Diego, Héctor, Xurxo, Mamadou e Diego.

Villalonga F.C.: Iván, Unai, Xavi, Raúl, David, Lucas, David P., Sergio, Iago, Brais, Raúl e Mouco.

Goles: 0-1 David (min. 5); 0-2 David (min. 16) 1-2 Lucas (min. 19); 1-3 Raúl (min. 21); 2-3 Lucas (min. 37); 2-4 David (min. 39)

Benxamíns 6 – 4 S.C.D. Salcedo

Os Benxamíns recibían ao Salcedo tamén na mañán do sábado no Buelo. Os nosos xogaron un gran encontro e foron quen de facerse cos puntos. Poñíanse os nosos por diante con dous goles de Fernando no 6 e no 16. Juan facía o 2-1 no minuto 17, pero Fernando de novo no 19 poñía o seu terceiro gol para facer o 3-1. Iago con dous goles (no 20 e 31) e Mario no 42 poñían o encontro moi volcado para os nosos cun claro 6-1, pero o Salcedo reaccionaba no tramo final con goles de Lois (2) e Juan para deixar o electrónico no definitivo 6-4.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Antón, Joel, Mauro, Pedro, Mario, Fer, Iago, Mateo, Pablo, Roi e Antón.

S.C.D. Salcedo: Manuel, Dani, Lois, Alberto, Juan, Hugo, Noa, Adrián, Borja, Mateo e Alejandro.

Goles: 1-0 Fer (min. 6); 2-0 Fer (min. 16); 2-1 Juan (min. 17); 3-1 Fer (min. 19); 4-1 Iago (min. 20); 5-1 Iago (min. 31); 6-1 Mario (min. 35); 6-2 Lois (min. 42); 6-3 Lois (min. 45); 6-4 Juan (min. 49).

Alevíns 0 – 7 Umia C.F.

Novo encontro dos Alevíns, que recibían no Buelo ao Umia C.F. E un paso máis dos nosos nesta primeira tempada de fútbol 11, malia a caer de novo por un marcador contundente. A seguir medrando e aprendendo, xa chegarán os resultados!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Óscar, Ethan, Pablo, Xabi, Anxo, Aitor, Yosi, Rubén, Hugo, Aleixo, Miguel, Nico, Darío Leboso, Darío Redondo, Iker e Jonathan.

Umia C.F.: Mario, Pelayo, Pablo, Aarón, Ramón, Bruno, Alejandro, Mario, Pablo, David, Claudia, Jorge e Anxo.

Goles: Aarón (2), Bruno (2), Alejandro (2), Ramón.

Céltiga F.C. «B» 0 – 1 Infantiles

Victoria pola mínima dos Infantiles na súa visita á Illa de Arousa na mañán do sábado. Un encontro moi igualado que non se resolveu ata a segunda metade, na que Hugo fixo o único gol do partido no minuto 55, facendo que os puntos viaxaran para Moraña. Bo traballo dos Infantiles!!

Ficha técnica

Céltiga F.C. «B».: Julián, Brais, Adrián, Alejandro, Pablo, Alez, Rubén, Marcos, Cristian, Pablo, Xavi, Hermida, César, Jonathan, Iago e Iker.

Moraña C.F.: André, Saúl, Damián, Álvaro, Sergio, Pablo, Aday, Jorge, David, Hugo, Marta, Alejandro, Joel e Raúl.

Goles: 0-1 Hugo (min. 55).

Caldas C.F. 1 – 1 Cadetes

Outro encontro marcado pola igualdade foi o xogado polos Cadetes nas Corticeiras nun intensísimo derbi. Adiantouse no marcador o Caldas C.F. grazas a un gol de Nico no minuto 36, co que lograban marchar ao descanso con vantaxe pola mínima. Fixo a igualada no minuto 54 Edu, dende os 11 metros, deixando o marcador no 1-1 que se convertiu en definitivo. Noraboa aos dos equipos polo gran partido!

Ficha técnica

Caldas C.F.: Jorge, Marco, Rodrigo, Iago, Carlos, Dani, Raúl, Pablo, Alejandro, Nico e Adrián. Tamén xogaron Ángel, Alberto, Jose, Yoel e Alejandro

Moraña C.F.: Óscar, Isma, Anxo, Dani, Lucas, Rubén, Amestoy, Edu, Álex, Pereira e Domi. Tamén xogaron Iván, Javi e Jonathan.

Goles: 1-0 Nico (min. 36); 1-1 Edu, penalty (min. 54).

Compárteo!

Deixa un Comentario