Mosteiro C.D. 3 – 4 Prebenxamíns

Un dos encontros máis emocionantes desta fin de semana, foi o xogado na mañán do sábado polos Prebenxamíns ante o Mosteiro C.D. Ambolos dous conxuntos venderon caros os puntos, e non foi ata case o pitido final que o encontro caeu dun lado. Adiantaba Tomás ao Mosteiro no minuto 8, ata que Alba nos minutos 21 e 24 cun doblete poñía ao Moraña por diante. Iago no minuto 26 poñía aos nosos cunha clara vantaxe de 1-3, pero Piero no 27 e Dani no 38 con sendos goles acadaban o 3-3. Parecía que o empate ía a ser o resultado final, pero Lucas no 45 facía o definitivo 3-4 que lle daba os tres puntos ao Moraña. Noraboa e gran traballo por parte dos dous equipos!

Ficha técnica

Mosteiro C.D..: Alonso, Tomás, Eloy, Álex, Xabi, Gabriel, Naiara, Dani, Rodrigo, Piero, Diego e Alicia.

Moraña C.F.: Saúl, Breixo, Xurxo, Alba, Iago, Lucas, Dani, Diego T., Diego A., Breixo e Héctor.

Goles: 1-0 Tomás (min. 8), 1-1 Alba (min. 21); 1-2 Alba (min. 24); 1-3 Iago (min. 26); 2-3 Piero (min. 27); 3-3 Dani (min. 38); 3-4 Lucas (min. 45).

S.C.D. Pontecaldelas 7 – 2 Benxamíns

Viaxe a Pontecaldelas para os nosos Benxamíns, que se enfrotaron na mañán do sábado ao equipo local. Comezou por diante o Moraña, cun gol de Iago, pero a reacción do Pontecaldelas foi rápida, acadando unha clara vantaxe de 5-1 no minuto 15. Aarón recurtaba no 26 buscando a reacción, pero Mateo cun doblete deixaba o marcador no definitivo 7-2. Ánimo e a seguir traballando.

Ficha técnica

S.C.D. Pontecaldelas: Marcos, Jorge, Diego, Pablo, Manu, Mateo, Pablo Gil, Alex, Isaac, Iván, Lucas e Pau.

Moraña C.F.: Antón, Joel, Mauro, Mario, Fernando, Iago, Mateo, Aarón, Pablo, Roi e Pedro.

Goles: 0-1 Iago (min 2): 1-1 Pablo Gil (min.3): 2-1 Pablo Gil (min. 9); 3-1 Pablo Couto (min. 12); 4-1 Jorge (min 15); 5-1 Pablo Gil (min. 18); 5-2 Aarón (min. 26); 6-2 Mateo (min. 27); 7-2 Mateo (min.29)

San Martín C.F. 9 – 1 Alevíns

Os Alevíns viaxaron ao campo de San Martín para un novo encontro ligueiro. Un novo paso na adaptación dos nosos ao fútbol 11, e un novo partido para aprender. O San Martín cobrou vantaxe pronto, acadando 9 goles, e Yosi fixo o dos nosos. Bo traballo, a seguir medrando e aprendendo.

Ficha técnica

San Martín C.F..: Artai, Nico, Félix, Cibrán, Iván, Dani, Bryan, Iker, Sergio, Brais, Pablo, Martín, Miguel e Dani.

Moraña C.F.: Darío Leboso, Ethan, Pablo, Xabi, Anxo, Aitor, Yosi, Lucas, Rubén, Hugo, Nico, Óscar, Aleixo, Darío Redondo, Iker e Jonathan.

Goles: Dani (4), Sergio (3), Iker (2). Polo Moraña, Yosi.

Infantiles 6 – 1 S.C.D. Pontecaldelas

Os Infantiles recibían no Buelo ao S.C.D. Pontecaldelas na mañán do sábado en encontro ligueiro. Os visitantes sorprenderon cedo, cun gol de Isaac no minuto 10. Pero unha vez que os nosos reaccionaron, cun gol de David no minuto 28, foron un vendaval. Xa antes do descanso, Mateo poñía en vantaxe ao Moraña, e na segunda parte Pablo, Aday, de novo Mateo e Damián case no desconto certificaban a victoria para os Infantiles por un claro 6-1. Noraboa e a seguir traballando!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Brais, Saúl, Damián, Álvaro, Pablo, Mateo, Jorge, David, Hugo, Alex, Aday, Sergio, Joel, Marta e Raúl.

S.C.D. Pontecaldelas: Rubén, Martín, Antón, Saidou, Lucas, Rodri, Xoel, Hugo, Isaac, Alex, Bieti e Erik.

Goles: 0-1 Isaac (min. 10); 1-1 David (min. 28); 2-1 Mateo (min. 34); 3-1 Pablo (min. 48); 4-1 Aday (min. 59); 5-1 Mateo (min. 71); 6-1 Damián (min. 79).

Cadetes 1 – 2 C.D. Ribadumia «B»

O domingo pola mañán, os Cadetes recibían no Buelo ao C.D. Ribadumia. Ambos equipos xogaron a un gran nivel, deixando detalles de bo fútbol. A pesares de que foron os nosos os que se adiantaron cedo no marcador cun gol de Edu no minuto 10, o Ribadumia foi quen de darlle a volta ao resultado na segunda parte, grazas aos goles de Miguel no minuto 51 e o definitivo de Anxo no 76, que poñía o 1-2 que sería o resultado final. Ánimo e a seguir traballando!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Iván, Dani , Anxo, Álvaro, Lucas, Rubén, Amestoy, Edu, Álex, Pereira e Domi. Tamén xogaron Óscar, Javi e Damián.

C.D. Ribadumia.: Brais, Marcos, Raúl, Juan, Julio, Iker, Rubén, Piñeiro, Óscar, Miguel e Anxo. Tamén xogou Rafa.

Goles: 1-0 Edu (min. 10); 1-1 Miguel (min. 51); 1-2 Anxo (min. 76).

San Martín C.F. 4 – 0 Xuveniles

Os Xuveniles viaxaron a Vilaxoan para enfrontarse ao San Martín. Os nosos pelexaron a reo mentres lles durou a gasolina, indo co 1-0 que marcara Yago no minuto 12 case ata o tramo final do partido. Pero no último tramo, a falta de xogadores de refresco fixo que o San Martín aumentara a vantaxe co doblete de Marcos (58 e 65) e outro de Yago no 77 para deixar o electrónico no definitivo 4-0. Ánimo e a seguir traballando.

Ficha técnica

San Martín C.F.: Antón, Alejandro, Iván, Barcala, Pablo, Dani, Marcos, Eire, Yago, Sergio e Jose. Tamén xogaron Aarón, Ricardo, Fran, Ricardo R. e Rubén.

Moraña C.F.: Jorge, Pablo Sende, Pereira, Allan, Cristian, Pablo, Alejandro, Dani, David, Fervenza, Adri. Tamén xogaron Edu e Amestoy.

Goles: 1-0 Yago (min. 12); 2-0 Marcos (min. 58); 3-0 Marcos (min. 65); 4-0 Yago (min. 77).

Compárteo!

Deixa un Comentario