Biberóns 1 – 5 Sagrado Corazón «A»

Partido complicado o de hoxe xogado polos nosos bibes. Sobre todo no comezo no que se encaixaron 3 goles antes dos 5 primeiros minutos.
Pouco a pouco fomos entrando no partido e con algunhas ocasións ainda que non moi claras. Ainda así o Sagrado marca na última xogada antes do descanso.
Na segunda metade saímos mais forte e nunha das primeiras ocasións Xoel marca para o Moraña. Seguirono intentando pero non se logrou ningún gol máis, en cambio, o Sagrado ainda nos marca outro a falta de dous minutos po remate. Un novo paso na aprendizaxe, a seguir!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Lucas, Manu, Xabi, Xoel, Iñaki, Gabi, e Fabio.

Goles: Xoel.

Benxamíns 5 – 6 Xuv. Sanxenxo

Partido cheo de emoción o dos Benxamíns, que recibían no Buelo ao Sanxenxo. Un partido no que os visitantes se puxeron cedo por diante con vantaxe 0-2. Mario lograba cun doblete poñer o empate 2-2. Os visitantes volvían a coller vantaxe, con goles de Nico e Anxo para poñerse 2-4. Mario de novo recurtaba para o 3-4. Alejandro facía o 3-5, pero Mario de novo deixaba vivo o partido co 4-5. Nico, para o Sanxenxo marcaba o 4-6, pero aínda houbo tempo para a emoción, xa que Fernando facía o 5-6. Malia a que os nosos pelexaron ata o pitido final, o marcador non se moveu.

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Antón Alfonsín, Joel, Pablo, Pedro, Mario, Fer, Lucas, Mateo, Aarón, Roi, Alba e Héctor.

Xuv. Sanxenxo:  Joaquín, Brais G., Brais T, Guiller, Hugo, Alejandro, Nico, Anxo, Roberto, Lucas, Hugo e Ricardo.

Goles: Polo Moraña Mario (4) e Fernando. Polo Sanxenxo Anxo (2), Nico (3) e Alejandro.

Infantiles 8 – 3 San Martín C.F.

Os Infantiles conqueriron unha victoria chave no día de hoxe, ao vencer no Buelo ao San Martín C.F. Con estes 3 puntos, acadaban a segunda praza do seu grupo, conquerindo o ascenso de categoría. Un encontro no que os nosos se puxeron por diante 3-0 na primeira parte e confirmaron o dominio na segunda metade ata o resultado final de 8-3. Gran tempada deste grupo de xogadores, noraboa!!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  André, Saúl, Álvaro, Sergio, Pablo Mouriño, Mateo, Abel, Jorge, David, Hugo e Aday. Tamén xogaron Damián, Alex, Joel, Marta e Raúl.

San Martín C.F.:  Yago, Martín, Antonio, Samu, Jorge, Sergio, Carlos, Alfredo, Joel, Yeray e Iván. Tamén xogaron Gabriel, Nine, Xairo e Gabriel.

Goles: Polo Moraña Hugo (2), David, Mateo (3), Abel. Polo San Martín Samu, Carlos e Jorge.

E.F. Villa de Marín 0 – 7 Cadetes

Victoria clara dos Cadetes en San Pedro na mañán do sábado, onde se impuxeron ao E.V. Villa de Marín. Os nosos afrontaron o partido con moita confianza e con dous goles de Pereira e Rubén na primeira metade, chegaban ao descanso con vantaxe de 0-3. Na segunda parte non baixaron o piston, conseguindo unha clara victoria por 0-7. Noraboa polo traballo ben feito!!

Ficha técnica

E.F. Villa de Marín:  Carlos, Dani, Joel, Adri, Josepth, Mateo, Eloy, Ijer, Manu, Alexandre e Guillermo. Tamén xogou Antonio.

Moraña C.F.:  André, Anxo, Dani, Lucas, Rubén, Amestoy, Edu, Alejandro, Pereira, Domi, Iván e Jonathan. Tamén xogou Óscar.

Goles: Pereira (3), Rubén, Domi, Edu e Alejandro.

Compárteo!

Deixa un Comentario