Fin de semana chea de encontros e de emocións! Aquí todos os resumos:

Biberones 1 – 10 E.F. Portero 2.000

Os nosos Bibes viviron na mañán do sábado a segunda xornada da liga de Poio. Nesta xornada, enfrontáronse á E.F. Portero 2.000, equipo co que caeron por 1-10, marcando o gol Xurxo. O resultado, como ben se sabe, é o de menos neste momento. O importante é que os rapaces mostran melloría e que comezan a ser un grupo cohesionado e que traballa en equipo. A seguir así, e nós moi atentos á evolución destes peques, que fan as delicias de todos!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Xoel, Xabi, Eric, Manuel, Diego, Xurxo, Lucas, Dani, Saúl, Dylan.

Goles: Xurxo.

Prebenxamíns 1 – 5 Marcón At.

Novo encontro ligueiro dos nosos Pres, que se enfrontaron no Buelo na mañán do sábado a un equipo moi completo, o Marcón Atlético. Os nosos fixeron un bo partido, pero non puideron cos visitantes, que chegaron ao descanso xa 0-2 no marcador cos goles de Iván e Dani no primeiro cuarto de hora. Na reanudación Iván e de novo Dani poñían un claro 0-4 no electrónico. Case co pitido final, Saúl recurtou distancias, facendo o 1-4, e na xogada de saque de centro, Roberto poñía o definitivo 1-5.

Gran traballo deste grupo de rapaces, que están a medrar a pasos axigantados. A seguir!!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Antón, Saúl, Lucas, Iago, Fernando, Pedro, Hugo, Héctor, Alba e Anxo.

Marcón At.: Martín, Aitor, Diego, Rober, David, Dani, Breixo, Hugo, Mario, Iván, Manuel e Hugo.

Goles: 0-1 Iván (min. 5); 0-2 Dani (min. 15); 0-3 Iván (min. 36); 0-4 Dani (min. 43);  1-4 Saúl (min. 48); 1-5 Roberto (min. 49)

Benxamíns»B» 3 – 3 Salcedo»B»

Encontro moi emocionante e decisivo para o tramo final desta primeira fase da Liga o que xogaron os nosos Benxamíns «B» ante o Salcedo «B» no Buelo na mañán do sábado. Os nosos xogaron a un gran nivel e dérono todo, tendo que comezar incluso por debaixo no marcador ao adiantar Alberto no 6 aos pontevedreses. Os nos acadaron o empate antes do descanso, grazas a un gol de Mario.

Na segunda metade, Mario firmaba un hattrick, poñendo o 2-1 no 28 e o 3-1 no 42. Parecía que os puntos non se escapaban, pero nun sprint final impresionante, o Salcedo facía dous goles nos dous últimos minutos que deixaban o marcador no definitivo 3-3. Gran traballo destes Benxamíns, agora a tentar acabar primeiros esta fase na última xornada. Ánimo!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Óscar, Roi, Aarón, Xoel, Mario, Mateo, Mauro, Yosef e Pablo.

S.C.D. Salcedo: Sara, Dani, Lois, Alberto, Nico, Juan, Xan, Noa, Ángel, Saúl, Joaquín, Sara A. e Adri.

Goles: 0-1 Alberto (min. 6); 1-1 Mario (min. 17); 2-1 Mario (min. 28); 3-1 Mario (min. 42); 3-2 Alberto (min. 48); 3-3 Alberto (min.49)

I. Dep. Pontevedra «B» 2 – 10 Benxamíns»A»

O Benxamín «A» xogou na mañán do domingo no Príncipe Felipe de Pontevedra ante o I.Dep. Pontevedra «B». Os nosos xogaron a un gran nivel e cedo puxeron terra de por medio, chegando xa o descanso cunha boa marxe de 1-7.

Gran traballo de todos os xogadores, que dispuxeron de minutos e de oportunidades para ir mellorando e dando pasos na súa evolución. E destacamos o gran traballo de equipo, xa que ata sete xogadores distintos marcaron neste encontro. A seguir así!!

Ficha Técnica

I.Dep. Pontevedra «B»: Óscar, Roi, Aarón, Xoel, Mario, Mateo, Mauro, Yosef e Pablo.

Moraña C.F.: Darío M., Pablo, Aitor, Xabi, Iker, Lucas, Aleixo, Nico, Darío, Iago, Darío R., David, Ethan e Jonathan.

Goles: David (3), Lucas (2), Aleixo, Iker, Xavi, Aitor e Ethan.

Catoira S.D. 5 – 3 Alevíns

Os Alevíns xogaron na mañán do domingo ante o Catoira S.D. buscando sumar tres novos puntos. Os nosos viaxaron a este encontro cos 8 xogadores xustos, debido ás baixas. Malia todo, competiron a gran nivel. O Catoira logrou poñerse por diante cun claro 2-0, que recurtou Aday co 2-1. Na segunda metade, Pedro facía o 3-1 que lle poñía o encontro costa arriba aos nosos, pero Alejandro e Aday lograban empatar o encontro a treses. Só o cansancio no tramo final foi o causante de que os puntos quedaran en Catoira, xa que dous goles nos últimos minutos de Raúl e Jose puxeron o definitivo 5-3.

Bo traballo dos alevíns, a seguir así!!

Ficha Técnica

Catoira S.D.: Gabriel, Jose, David, Pedro, Nico, Rául, Antón, Lucas e Nico R.

Moraña C.F.: Brais, Saúl, Anxo, Alejandro, Alexandre, Jorge, Aday e Rubén.

Goles: 1-0 Catoira (min. 9); 2-0 Raúl (min. 23); 2-1 Aday (min. 24); 3-1 Pedro (min. 32); 3-2 Alejandro (min. 36) 3-3 Aday (min. 41); 4-3 Raúl (min. 45); 5-3 Jose (min. 49).

Salgueiriños C.F. «B» 1 – 2 Infantiles

Os Infantiles visitaron A Xunqueira 2 na mañán do domingo, para enfrontarse ao Salgueiriños «B». Os rapaces de Sara xogaron a un bo nivel, adiantándose no minuto 20 cun gol de Amestoy e poñendo máis terra de por medio cun gol de Álex antes do descanso.

Na reanudación, Mateo acurtou distancias para os locais, deixando o encontro aberto. Pero a pesares de que ambos conxuntos tiveron ocasións, o marcador non se moveu e o 1-2 foi o resultado final. Tres novos puntos para estes infantiles que están a trenzar unha grandísima tempada. A seguir traballando na mesma liña rapaces!!

Ficha Técnica

Salgueiriños C.F. «B»: Manu, Fernando, Asier, Martín, Jorge, Lorenzo, Mauro, Diego, Hugo e Marcos. Tamén xogaron Manu, Lucas, Enrique e Pablo.

Moraña C.F.: Óscar, Dani Fontán, Anxo, Álvaro, Lucas, Pablo, Marta, Sergio, Alex, Domi e Amestoy. Tamén xogaron Hugo, André, Iván e Juanma.

Goles: 0-1 Amestoy (min. 20); 0-2 Álex (min. 33); 1-2 Mateo (min. 45).

Unión Dena «B» 2 – 6 Cadetes

Os Cadetes volveron á senda da victoria dándose un festival de goles no encontro xogado na mañán do domingo nas Cachizas. Os rapaces de Alberto saíron un chisco durmidos, o que fixo que o Dena se adiantaron cedo n marcado, con gol de Goday no minuto 4. Este gol fixo reaccionar aos nosos e Raúl lograba darlle rápido a volta ao marcador, facendo dous goles no 6 e no 9 para poñerse 1-2. Edu, antes do descanso poñía o 1-3 que daba tranquilidade.

Na segunda metade, Raúl volveu ser decisivo, facendo dous goles (no 43 e no 53) para sentenciar o encontro. Tivo tempo de recortar o Dena por medio de Godoy no 59, e no 74 Pereira pechaba o marcador co definitivo 2-6.

Gran encontro dos Cadetes!! A seguir así!!

Ficha Técnica

Unión Dena «B»: Brais, Dani, Mateo, Gabriel, David, Óscar, Ricardo, Eloy, Edu, Adri e Goday. Tamén xogaron Samu, Argibay e Cores.

Moraña C.F.: Iván, Isma, Isaac, Sende, Adonis, Rubén Candal, David Edu, Pereira, Raúl e Jonathan. Tamén xogaron Dani e Jorge.

Goles: 1-0 Goday (min. 4); 1-1 Raúl (min. 6); 1-2 Raúl (min. 9); 1-3 Edu (min. 28); 1-4 Raúl (min. 43); 1-5 Raúl (min. 53); 2-5 Godoy (min. 59); 2-6 Pereira (min. 74).

Moraña C.F. 2 – 0 S.D. Puente Arnelas

Os Xuveniles despiden 2017 cunha merecida victoria ante a S.D. Puente Arnelas acadada na mañán do sábado. Un encontro no que se deixaron os goles para a segunda parte, malia que na primeira os rapaces de Juan tiveron bastantes opcións. Houbo que agardar ata o minuto 57, cando Fervenza poñía o 1-0 no marcador. O Puente Arnelas quixo reaccionar, pero Adrián no 79 fixo o definitivo 2-0 que certificaba a victoria local.

Noraboa e a desfrutar do Nadal para volver en 2018 con máis ganas!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Senín, Adri, Manu Sayáns, Alex, Pablo González, Abalo, Andrés, Isma, Marquitos, Fervenza e Xián. Tamén xogaron Pablo, Saúl  e Reboredo.

S.D. Puente Arnelas: Iván, Breixo, David, Jose, Constante, Miguel, Álex, Gonzalo, Miguel, Martín e Álvaro. Tamén xogaron Brais, Carlos e Juan.

Goles: 1-0 Fervenza (min. 57); 2-0 Adrián (min. 79).

Compárteo!

Deixa un Comentario