Aquí vos deixamos o resumo de todos os encontros que xogaron as distintas categorías do Moraña C.F. esta fin de semana!

Arosa S.C. «B» 1 – 7 Prebenxamíns

Un novo paso para os nosos Pres, que visitaron o famoso campo do Mundialito, conocido agora como Manuel Jiménez para enfrontarse ao Arosa S.C. Os nosos, a pesar de ir co 8 inicial xusto polas baixas, xogaron un gran partido, con momentos de bo fútbol e deixando moi boas sensacións. Bo traballo tamén do equipo local, que mostrou tamén moi boas maneiras. Ao final dos 50 minutos, 1-7 para os nosos. Noraboa a ambos equipos!

Ficha Técnica

Arosa S.C. «B».: Lucas, Jacinto, Manuel, Miguel, Yago, Mario, Valentino, Diego, Mateo Julien e Aitor.

Moraña C.F.: Antón, Pablo, Adri, Saúl, Fernando, Mauro, Héctor e Pedro.

Goles: 0-1 Saúl (min. 5); 0-2 Mauro (min. 15); 0-3 Adri (min. 19); 0-4 Pedro (min. 35); 0-5 Mauro (min. 38); 0-6 Mauro (min. 40); 1-6 Julien (min. 41); 1-7 Saúl (min. 43).

Benxamín «A» 1 – 5 A.C.D. A Seca

O Benxamín «A» xogou na mañán do sábado no Buelo ante a A.C.D. A Seca un interesante encontro ligueiro que se foi para o lado pontevedrés. Os da Seca puxeron terra de por medio no minuto 9, cun gol de Antonio, indo ao descanso con vantaxe de 0-3. Na segunda parte, o encontro seguiu pola mesma liña, e a pesares de que David recurtou a diferencia a 1-4 no 49, co gol de Iker o marcador quedaba no definitivo 1-5. Bo traballo de ambos equipos, a seguir medrando.

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Óscar, Aitor, Xabi, Iago, Aleixo, David, Ethan, Nico, Pablo, Iker, Lucas e Darío Redondo.

A.C.D. A Seca.: Manu, Xian, Samu, Antonio, Tomás, Beltrán, Nico, Iker, Manu, Xairo, Jorge e Carlos.

Goles: 0-1 Antonio (min. 9); 0-2 Jorge (min. 11); 0-3 Antonio (min. 21); 0-4 Antonio (min. 29); 1-4 David (min. 49); 1-5 Iker (min. 50).

Umia C.F. «B» 2 – 2 Benxamín «B»

O Benxamín «B» foi o equipo máis madrugador, xa que xogou o seu encontro na tarde do Venres no campo de A Bouza ante o Umia C.F. Un partido cheo de emoción e de ritmo con alternativas para os dous equipos e no que tivemos que esperar polos goles á segunda metade. Adiantouse o Umia, dándolle a volta os nosos con goles de Mateo e Mario. Pero cando a victoria parecía que marchaba para Moraña, Mario poñía o empate e o definitivo 2-2. Gran traballo dos dous equipos, a seguir así.

Ficha Técnica

Umia C.F. «B»: Mateo, Mario, Xoel, Iker, Raúl, Samu, Brais, Anxo, Gustavo, Mario e Álvaro.

Moraña C.F.: Óscar, Joel, Aarón, Xoel, Mario, Mateo, Mauro, Yosi e Pablo.

Goles: 1-0 Brais (min. 25);1-1 Mateo (min. 39); 1-2 Mario (min. 43); 2-2 Mario (min. 45).

Alevíns 1 – 6 Alondras C.F. «B»

Visita dun equipo histórico do fútbol galego aos nosos alevíns na mañán do sábado, condicionado polas numerosas baixas que viviron os nosos. Estas baixas fixeron que os nosos competiran mentras lles duraron as forzas, pero no tramo final a profundidade de banquillo visitante foi chave e o Alondras puxo terra de por medio ata o 1-6 definitivo. Ánimo e a recuperar efectivos!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Rubén, Sául, Alejandro, Jorge, David, Aday e Hugo.

Alondras C.F. «B»: Unai, Marcos, César, Lucas, Anxo, André, Jesús, Camilo, Saúl, Luca, Xabi, Xesús, Anxo e Miguel.

Goles: 0-1 Anxo (min. 15); 0-2 Saúl (min. 19); 1-2 Aday (min. 37); 1-3 Anxo (min. 42); 1-4 Xabi (min. 43); 1-5 Miguel (min. 46); 1-6 Xabi (min. 50)

Infantiles 0 – 1 A.J. Lérez «B»

Un solitario gol de Leiva ao filo do descanso decantou a balanza no encontro de Infantiles xogado na mañán deste domingo no Buelo entre o Moraña e a A.J. Lérez. Foi un encontro moi igualado no que quedaba claro que o equipo que se adiantara, lograría os puntos.

A pesares de que os nosos remaron para acurtar distancias, non o lograron, polo que o resultado final foi este 0-1. Ánimo e a seguir traballando!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Oscar, Dani, Anxo, Álvaro, Pablo, Mateo, Abel, Alejandro, Domi, Amestoy e Damián. Tamén xogaron Lucas, André, Javi, Joel e Iván.

A.J. Lérez «B».: Martín, Pablo, Mariño. Adrián, Leiva, Alejandro, Javier, Joel, Pablo, Vidal e Edgar. Tamén xogaron Diego, Miguel, Marcos, Jose e Villanueva.

Goles: 0-1 Leiva (min. 38)

Cadetes 0 – 3 A.C.D. A Seca «B»

No mediodía do sábado os Cadetes recibiron no Buelo á A.C.D. A Seca «B» en encontro ligueiro. Os nosos pelexaron a reo ante un bo rival, que se levou a victoria claramente, indo ao descanso xa con vantaxe de 0-2 con goles de Álvaro e Raúl. Pechou a victoria Antonio no minuto 72, para deixar o electrónico no definitivo 0-3. A seguir traballando, Cadetes!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Jorge, Isma, Sende, Andonis, Pablo Fraga, David, Edu, Pereira, Raúl, Jonathan e Dani. Tamén xogaron Rubén e Iván.

A.C.D. A Seca «B»: Fran, Pablo, Gabri, Mario, David, Álvaro, Ignacio, Juán, Pablo, Gabriel e Raúl. Tamén xogaron Antonio, Angel, Pablo e Javier.

Goles: 0-1 Álvaro (min. 18); 0-2 Raúl (min. 22); 0-3 Antonio (min. 72).

Xuveniles 1 – 1 C.D. Bamio

Reparto de puntos nun interesante encontro dos Xuveniles na tarde do sábado no Buelo ante o C.D. Bamio. Os nosos lograron neutralizar o gol de Hamza no minuto 64 case na recta final, cun gol de Marquitos no 81 que poñía as táboas e deixaba o marcador no definitivo 1-1. Bo traballo rapaces!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Senín, Iván, Adri, Manu Sayáns, Saúl, Abalo, Reboredo, Isma, Marquitos, Fervenza e Xián. Tamén xogou Andrés.

C.D. Bamio: Raúl, Iván, Ángel, Marcos, Miguel, Adrián, Diego, Manuel, Hamza, Pablo e Eloy. Tamén xogaron Iván, Juan, Santiago, Alejandro e Pablo.

Goles: 0-1 Hamza (min. 64); 1-1 Marquitos (min. 81)

Compárteo!

Deixa un Comentario