Esta semana xa case arrancaron todas as Ligas Federativas nas que participan os nosos equipos!!

Prebenxamíns 1 –  8 A.C.D. Ancora D´Ouro F.S.

Primeiro encontro ligueiro dos Prebenxamíns esta tempada, con moitos rapaces que disputaban por primeira vez na súa vida un partido Federado. Gran experiencia para moitos  dos nosos peques, que comezan a súa traxectoria no «verde». Enfrente, un rival moi bo e con moitos rapaces de segundo ano, o que fixo que a balanza no resultado (o menos importante) se decantara para os visitantes. O gol morañés foi de Lucas.

A seguir traballando e mellorando!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Anxo, Adri, Lucas, Iago, Fer, Pedro, Alba, Hugo, Saúl, Antón, Bruno e Héctor.

A.C.D. Ancora D´Ouro F.S.: Marcos, Abel, Pampín, Agustín, Óscar, Zaca, Martín, Mateo, Iker, Karim, Juan e David

Goles: Polo Moraña Lucas; Polo Ancora D´Ouro Mateo (2), Martín (3), Iker (2) e p.p.

 

Benxamín «B» 8 – 1 Caldas C.F. «B»

Tamén debutaba en Liga o noso Benxamín «B», e facíao ao grande cun Derbi ante os nosos veciños de Caldas. O equipo adestrado por Chucho xogou a un gran nivel, mostrando a compenetración dos anos que leva xogando este grupo, e acadou a victoria neste primeiro encontro. Bo traballo de ambos os conxuntos, que mostra a aposta pola canteira dos dous clubes.

 

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Óscar, Pablo, Joel, Aarón, Xoel, Mario, Mauro, Yosef, Roi e Mateo.

Caldas C.F.: Samu, Nerea, Anxo, Breixo, Uxía, Anxo, Roi, Samu, Alejandro, Couso e Mateo.

Goles: Mario (4), Xoel (2) e Yosef (2). Polo Caldas, Uxía.

Barro C.F. 3 – 2 Xuveniles

Derbi na tarde do sábado entre Barro, intenso e con goles. Un encontro no que os rapaces de Juan pelexaron e fixeron un gran papel, aínda que este esforzo non se traduciu en puntos. Tras unha primeira media hora con ocasións para os dous lados, adiantáronse os locais por medio de Aarón no 29. Reaccionaron os nosos, con gol de davíd só 4 minutos despois, pero Adrián antes do descanso poñía en vantaxe ao Barro de novo.

Tralo descanso, o marcador non quería moverse, pese a que as ocasións chegaban por ambas partes. Case na recta final, Adrián de novo marcaba para poñer o 3-1 que daba tranquilidade aos locais, pero no 88 Manu Sayáns acurtaba, facendo que os últimos minutos fosen moi emocionantes buscando o empate para os nosos. Non puido ser, a seguir pelexando! Próxima xornada, recibimos ao Portas no Buelo.

Ficha Técnica

Barro C.F.: Iván, David, Aarón, Fran, Diego, Adrián, López, Fariña, Kevin, Juan e Gabriel. Tamén xogaron Álex, Iván e Christian.

Moraña C.F.: Manuel, Iván, Adrián, Manu, Alejandro, David, Pablo, Isma, Marcos, Xiánl e Fervenza. Tamén xogaron Reboredo, Nicanor e Martín.

Goles: 1-0 Aarón (min. 29); 1-1 David (min. 33); 2-1 Adrián (min. 38); 3-1 Adrián (min. 83); 3-2 Manu Sayáns (min. 88)

Arosa S.C. 3 – 2 Alevines

Debut ligueiro a domicilio dos Alevíns, que viaxaron ao Municipal Mari Paz Vilas de Bamio para enfrontarse ao Arosa S.C. Un encontro que ao que o equipo adestrado por Ferro iba en cadro, con 8 xogadores para sacalo adiante. E pese a non traer puntos, o equipo pelexou a reo e non baixou os brazos en ningún momento.

Adiantáronse os arosanos, con gol de Martín no minuto 15. Pero Aday antes do descanso poñía a igualada. Tralo paso polos vestiarios, o encontro seguiu na mesma dinámica, e só no tramo final, cando as forzas dos nosos ían a menos, o Arosa logrou desnivelar a balanza, facendo Hugo o 2-1 no 41 e Manuel o 3-1 no 42. Puxo Saúl emoción no último tramo, acurtando no 49 pero xa non se moveu o marcador.

Gran traballo dos Alevíns, a seguir nesta liña!!

Ficha Técnica

Arosa S.C.: Alejandro, Sergio, Adrián, Jorge, Manuel, Rober, Elias, Sancho, Martín, Hugo, Gabriel, Vázquez e Adrián.

Moraña C.F.: Brais, Saúl, Alejandro, Hugo, Rubén, Jorge, David e Aday.

Goles: 1-0 Martín (min. 15); 1-1 Aday (min. 24); 2-1 Hugo (min. 41); 3-1 Manuel (min. 42); 3-2 Saúl (min. 49).

Cadetes 7 – 0 C.D. Bamio

Nova xornada ligueira dos Cadetes, que recibían no Buelo ao C.D. Bamio na mañán do domingo. Os rapaces de Alberto enfrontábanse a este encontro co plantel completo e con moitas ganas. Froito destas ganas, o equipo saliu con moito empuxe no tramo inicial, poñéndose 2-0 antes do minuto 20. Raúl aproveitaba un cambio de orientación de Dani para batir dende fóra da área ao porteiro rival no 4, e Pablo Fraga, de falta directa dende a banda poñía o 2-0 no 18. Con esta vantaxe os nosos baixaron un pouco o pistón e non se moveu o marcador ata o descanso.

Nos segundos 40 minutos e con homes de refresco, os Cadetes puxeron máis terra de por medio. No 50 Raúl pechaba o seu doblete aproveitando unha gran asistencia de Rubén Candal que o plantou só ante o porteiro. O 4-0 foi obra de Dani, intercambiando os papeles con Raúl e calcando case a xogada do primeiro gol: cambio de orientación e boa definición. O 5-0 fíxoo Sende tras un rexeite do porteiro nun saque de falta, de cabeza no minuto 67. Aínda quedaban dous goles: Pablo Fraga nunha gran xogada personal na que regateou a varios defensas facía o 6-0 no 71 e Pereira pechaba a conta case co pitido final.

Bo traballo deste equipo, a seguir así!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Jorge, Isma, Isaac, Sende, Rubén Candal, Pablo Fraga, David, Edu, Raúl, Dani e Pedro. Tamén xogaron Adonis, Pereira, Jonathan e Iván.

C.D. Bamio.: Aarón, Pablo, David, Juan, Luis, Adrián, Pablo, Marcos, Sopkonsky, David, Andoni. Tamén xogaron Sergio, Víctor, Miguel, Pablo e José

Goles: 1-0 Raúl (min. 4); 2-0 Pablo Fraga (min. 18); 3-0 Raúl (min. 50); 4-0 Dani (min. 62); 5-0 Sende (min. 67); 6-0 Pablo Fraga (min. 71); 7-0 Pereira (min. 79).

Xuveniles 1 – 3 C.D. Portas

Os Xuveniles recibían na tarde do sábado ao C.D. Portas no Buelo en xornada ligueira. Un encontro que se prometía disputado como así foi. Adiantáronse os de Portas no minuto 26, con gol de Juan, sendo este 0-1 o resultado ao descanso.

Na segunda metado, Diego poñía máis distancia co 0-2 no 59. pero no 76 Marquitos acurtaba e poñía aos nosos a un gol de distancia para rascar un punto. Cun Moraña volcado buscando o empate, Gabriel remachaba para os visitantes no 84, facendo o definitivo 1-3.

Ánimo aos xuveniles e a seguir traballando!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Senín, Nicanor, Martín, Adrián, Manu Sayáns, David, Pablo González, Isma, Marquitos, Gabriel e Xian. Tamén xogaron Alejandro, Rebo e Fervenza.

C.D. Portas: Manu, Joel, Marcos, Christian, Braian, Sergio, Diego, Juan, Brais, Alexander e Facundo. Tamén xogaron Porto, Richard, Negreiro, Sánchez e Gabriel.

Goles: 0-1 Juan (min. 26); 0-2 Diego (min. 59); 1-2 Marquitos (min. 76); 1-3 Gabriel (min. 84)

 

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario