Tralo parón de Nadal, volveu a competición aos equipos do noso Fútbol Base. Aquí, os resumos de cómo lle foi!

E.F. Villa de Marín 5 – 1 Prebenxamíns

Novo encontro ligueiro dos nosos Pres, que viaxaron a Marín para enfrontarse Á Escola de Fútbol Villa de Marín. Os nosos chegaron con moitas ganas e ímpetu, pero os marineses foron os que se fixeron cos puntos. Oier e Samuel na primeira parte, puxeron o marcador ao descanso nun claro 2-0. A diferencia aumentou na segunda Ánimo e a seguir traballando!!

Ficha Técnica

E.F. Villa de Marín: Adán, Diego, Oier, Mario, Anxo, Marcos, Xavi, Rodrigo, Villaverde e Samuel.

Moraña C.F.: Antón, Adri, Lucas, Fer, Pedro, Alba, Anxo, Héctor, Saúl, Iago e Hugo Moure.

Goles: 1-0 Oier (min. 9); 2-0 Samuel (min. 19); 3-0 Mario (min. 34); 4-0 Anxo (min. 37); 5-0 Samuel (min. 41); 5-1 Fernando (min. 45)

Salgueiriños C.F. “C” 5 – 9 Benxamíns “B”

Último encontro da Liguilla para os nosos Benxamíns «B», que debían gañar e agardar resultados para ver se lles valía para facerse co primeiro posto desta fase. Os nosos non defraudaron, e xa no descanso ían vencendo por 0-6. A segunda parte estivo máis igualada e o Salgueiriños conseguiu facer goles, deixando o marcador final no 5-9.

Con esta victoria, os nosos confirmaron ese primeiro posto na Liguilla polo que dende o Clube lle damos a noraboa. Gran traballo!

Ficha Técnica

Salgueiriños C.F. “C”: Xian, Pablo, Jose, Pablo F., Tidiane, Mauro, Miguel, Ángel, Lucas, David, Alejandro e Max.

Moraña C.F.: Óscar, Roi, Joel, Aarón, Xoel, Mario, Mateo, Yosef, Pablo e Mauro.

Goles: Mario (5), Xoel (3) e Yosi

Benxamíns»A» 1 – 5 Arosa Promesas

Remataron tamén a súa participación na Liguilla os Benxamíns «A», que xogaron na mañán do domingo ante o Arosa Promesas. O encontro foi moi distinto nas dúas partes. Na primeira dominaron os nosos, chegando ao descanso con vantaxe no marcador de 1-0, gol de Iago no minuto 20.

Pero a reacción visitante foi moi clara no segundo acto, e por medio de Alejandro en duas ocasións, de Marcos, Pedro e Ernesto, certificaron a victoria por un resultado final de 1-5.

Con este resultado, os nosos Benxamíns «A» rematan a primeira liguilla como terceiros clasificados. Noraboa rapaces!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Darío Maceiras, Pablo, Aitor, Xabi, Iker, Iago, Lucas, Darío Redondo, Aleixo, David, Ethan, Nico e Jonathan.

Arosa Promesas: Mario, Mateo, Iago, Vilas, Gamarra, Pedro, Alejandro, Ernesto, Marcos, Martín, Couso e Lucas

Goles: 1-0 Iago (min. 20); 1-1 Ernesto (min. 31); 1-2 Marcos (min. 36); 1-3 Alejandro (min. 38); 1-4 Pedro (min. 46); 1-5 Alejandro (min. 46)

Alevíns 6 – 4 San Martín C.F.

Partido de auténtica locura o que xogaron os Alevíns na mañán do sábado no Buelo. Os presentes viviron un encontro cheo de goles, que ao final se decantou do lado morañés.

Adiantáronse os nosos por medio de Brais no minuto 3. David e Alejandro poñían terra de por medio con dous goles máis, poñendo un claro 3-0 no marcador no 13. Pero chegou a reacción visitante, e Cristian e Martín daban emoción, poñendo o 3-2 co que se foi aos vestiarios.

No comezo da segunda parte, un Brais estelar facía 3 goles en 6 minutos (26, 30 e 32) para volver a poñer en clara ventaxa aos nosos por 6-2. Pero de novo os visitantes reaccionaron e a falta de 10 minutos recurtaron para poñerse 6-4. Non se moveu máis o marcador, e os puntos quedaron en Moraña.

Bo traballo dos alevíns, a seguir así!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Rubén, Saúl, Anxo, Alejandro, Alexandre, Jorge, David, Aday e Brais.

San Martín C.F.: Gabriel, Raúl, Nico, Martín, Brais, Miguel, Cristian, Pablo, Gabriel e Dani.

Goles: 1-0 Brais (min. 3); 2-0 David (min. 11); 3-0 Alejandro (min. 13); 3-1 Cristian (min. 16); 3-2 Martín (min. 21); 4-2 Brais (min. 26); 5-2 Brais (min. 30); 6-2 Brais (min. 32); 6-3 Brais (min. 37); 6-4 Cristian (min. 40)

Salgueiriños C.F. «B» 1 – 2 Infantiles

Encontro moi igualado e que se resolveu nos pequenos detalles o xogado entre o Marín e os nosos Infantiles na mañán do domingo. Os rapaces de Sara saíron a por todas, tentando sacar puntos desta visita e tentando manter a boa racha de resultados, pero os marinenses foron os que se levaron os puntos.

A chave estivo no comezo da segunda parte, á que se chegou con empate a cero tras 40 minutos moi desputados. Estaba claro que o equipo que lograse marcar, ía a levar os puntos e foi o Marín, por medio de Pablo quen o fixo no 45. Tentaron de todos os xeitos reducir a distancia os nosos para traer polo menos un punto desta visita, pero non foron quen.

A seguir traballando!!

Ficha Técnica

Marín C.F.: Humberto, Ramón, Diego, Pablo, Pereira, Dani, Patiño, Hugo, Iván e Unai. Tamén xogaron Iago, Juan, Xabier e Samuel.

Moraña C.F.: Óscar, Dani Fontán, Anxo, Álvaro, Pablo, Mateo, Alex, Domi, Amestoy, Hugo e Javi. Tamén xogaron Lucas, André, Sergio, Joel e Iván.

Goles: 1-0 Pablo (min. 45)

Cadetes 2 – 0 C.D. Portas

Encontro traballado dos Cadetes, a pesares do resultado final, xa que o partido non se volcou cara ningún dos dous lados ata a segunda parte do encontro. Os rapaces de Alberto saíron concentrados para sacar adiante o encontro, pero os veciños de Portas fixeron o propio, mantendo un interesante duelo que chegou con 0-0 ao descanso.

Foi ao comezo do segundo acto cando por fin Raúl no minuto 49 logrou adiantar ao Moraña. Este gol fixo que o Portas tivera que asumir máis riscos para buscar o empate, e con estes espazos os nosos superon aproveitar para aumentar a vantaxe cun gol de Edu no 53. Con esta distancia, os nosos gañaron en tranquilidade, e foron quen de aguantar o resultado ata o final do encontro.

Noraboa aos Cadetes, que comezan o 2018 cunha victoria!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Iván, Isma, Pablo, Adonis, Rubén Candal, Edu, Pereira, Raúl, Jonathan, Dani e Jorge. Tamén xogaron Pablo Fraga e Rubén Souto.

C.D. Portas: Hugo, Diego, Alejandro, Ranses, Damián, Dani, Simón, Óscar, Rafa, Jorge e Miguel. Tamén xogaron Néstor, Juan, Dani e Iago.

Goles: 1-0 Raúl (min. 49); 2-0 Edu (min. 53)

Xuveniles 3 – 0 Meaño F.C.

Os Xuveniles comezan o ano tal e como remataron o anterior: sumando tres puntos. Nesta xornada, recibiron na noitiña do sábado ao Meaño F.C., nun encontro que malia ao resultado final, tiveron que pelexar os 90 minutos.

Encarrilou a victoria Manu Sayáns de falta no minuto 22, cun lanzamento de falta escorada que se pasea pola área e entra sen que ninguén remate. Este gol poñía en boa disposición o encontro, pero quedaba moito traballo por diante.

Non foi ata a case o tramo final que os nosos certificaron o triunfo. Isma, cun gran remate de cabeza nun córner facía o segundo no minuto 79, un gol que fixo que o Meaño baixara os brazos. Case co pitido final, Álex facía o 3-0, que foi definitivo.

Noraboa rapaces!!

 

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Senín, Iván, Manu Sayáns, Alex, David, Saúl, Abalo, Reboredo, Nicanor, Isma e Fervenza. Tamén xogou Andrés.

Meaño C.F.: Iván, Adrián, Alfonso, Pablo, Mateo, Romel, David, Rubén, Nico, Álvaro e Jose. Tamén xogou Padín.

Goles: 1-0 Manu Sayáns (min. 22); 2-0 Isma (min. 79); 3-0 Álex (min. 90)

Compárteo!

Deixa un Comentario