Benxamíns 2 – 4 Marcón Atlético

Os Benxamíns recibían no Buelo ao Marcón Atlético nun emocionante encontro de Liga. Os nosos comezaron dominando, chegando a ir con 2-0 ao descanso tras un doblete de Iago. Pero na segunda parte, os pontevedreses mostraron unha maior frescura, e no último tramo déronlle a volta ao encontrop con goles de Pablo (3) e de Ángel. Bo partido de ambos equipos, noraboa.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Antón, Pablo, Mauro, Pedro, Fernando, Iago, Mateo, Aarón e Joel.

Marcón Atlético: Miguel, Unai, Lucas, Adri, Pablo, Pablo Durán, Antía, Hugo, Brais, Manuel, Ángel e Iker.

Goles: 1-0 Iago (min. 3); 2-0 Iago (min. 15); 2-1 Pablo (min. 38); 2-2 Pablo (min. 43); 2-3 Ángel (min. 45); 2-4 Pablo (min. 48).

Alevins 1 – 3 Céltiga C.F.

Recibían os Alevíns ao equipo da Illa de Arousa o sábado pola mañán en encontro ligueiro. Un encontro para que os nosos sigan medrando e adaptándose ao campo de fútboll 11 nesta primeira tempada no mesmo. O encontro foi bastante igualado, collendo vantaxe o Céltiga no minuto 10, con gol de Carlos, e con outro de Eric no 20. Antes do descanso, recurtaba Yosi, poñendo o 2-1.

Na segunda metade, con opcións para ambos equipos, acabou sendo o Céltiga o que sentenciara cun gol de Borja no 63 que certificaba o definitivo 1-3. A seguir!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Óscar, Ethan, Pablo, Anxo, Aitor, Yosi, Lucas, Rubén, Hugo, Aleixo e Darío Redondo. Tamén xogaron Xabi, Nico, Darío Leboso, Iker e Jonathan.

Céltiga C.F.: Borja, Ramón, Unai, Brais, Mario, Carlos, Eric, Yago, Borja, Iker e Ulises. Tamén xogaron Javi, Xoan, Iván, Aquiles e Sergio.

Goles: 0-1 Carlos (min. 10); 0-2 Eric (min. 23); 1-2 Yosi (min. 27); 1-3 Borja (min. 63).

 

A.D. Sagrado C.F. 2 – 3 Infantiles

Os Infantiles adiantaron o seu encontro ligueiro ao venres, viaxando a Pontevera para xogar no Príncipe Felipe ante a A.D. Sagrado. Un encontro moi emocionante que se resolveu nos últimos minutos. Os locais comezaron moi fortes, poñéndose antes do descanso con vantaxe de 2-0, cun doblete de Jorge.

A reacción morañesa chegou no último tramo. Mateo recurtaba no 65 e Abel poñía o empate no 73. Cando parecía que o encontro ía quedar en táboas, Mateo de novo no 80 poñía o definitivo 2-3 que facía que os nosos trouxeran os tres puntos para a casa. Gran traballo!!

Ficha técnica

A.D. Sagrado C.F.: Sergio, José, Jorge, Alejandro, Mario, Martín, Jacobo, Javi, Gabriel, Alberto e Jaime. Tamén xogaron David, Dani, Gabriel, Juan e Enzo.

Moraña C.F.: André, Aday, Dami, Álvaro, Pablo, Mateo, Abel, Jorge, David, Hugo e Álex. Tamén xogaron Sergio, Joel, Raúl e Marta.

Goles: 1-0 Jorge (min. 10); 2-0 Jorge (min. 27); 2-1 Mateo (min. 65); 2-2 Abel (min. 73); 2-3 Mateo (min. 80)

S.D. Amanecer 1 – 1 Cadetes

Os Cadetes viaxaron o domingo ás Lampáns para xogar ante o Amanecer. Un encontro moi igualado e disputado que se decidíu nos pequenos detalles. Adiantáronse os nosos con gol de Álex no 26, pero só 5 minutos despois, Isma en propia porta poñía o empate no marcador. A pesares de que ambos equipos o tentaron con insistencia, o marcador non se moveu e este empate foi o resultado definitivo.

Ficha técnica

S.D. Amanecer: Diego, Dani, Mariña, Adri, Álex, Marcos, Martín, Marcos G., Iker, Juan e Manuel. Tamén xogaron Pablo, Iván, Mateo, Gabriel e Yeray,

Moraña C.F.: Iván, Isma, Anxo, Lucas, Rubén, Amestoy, Edu, Álex, Pereira, Domi e Javi. Tamén xogaron Óscar, Hugo e Abel.

Goles: 0-1 Álex (min. 26); 1-1 Isma p.p. (min. 31)

Xuveniles 0 – 4 Atl. Cuntis

Os Xuveniles recibían no Buelo o sábado aos Atlético Cuntis nun intenso derbi. Os de Álex, bastante condicionados polas baixas, plantaron cara durante gran parte do encontro ata onde lles chegou a gasolina. No último tramo, un Cuntis moito máis fresco ao contar con cambios puxo distancia. Samu no 52 abría a lata poñendo o 0-1 e esto foi unha losa para os nosos, que viron como Adri, Alfonso e de novo Samu deixaran o marcador no definitivo 0-4. Ánimos e a seguir!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Jorge, Pablo Sende, Iván, Adonis, David, Álex, Adri, Pablo González, Dani, Cristian e Fervenza. Tamén  xogou Pedro.

Atl. Cuntis: Manuel, Jonathan, Dani, Alejandro, Jose, David, Miguel, Samu, Manuel, Alejadnro e Adri. Tamén xogaron Pablo, Alfonso, Iván, Xabi e Alejandro.

Goles: 0-1 Samu (min. 52); 0-2 Adri (min. 65); 0-3 Alfonso (min. 71); 0-4 Samu (min. 79).

Compárteo!

Deixa un Comentario