Aquí vos deixamos todos os resumos dos encontros xogados pola base do Moraña C.F. esta fin de semana!

BIBERÓNS 2 – 2 C.D. Mosteiro

Os biberóns seguen a dar o callo na Liga de Poio, xogando esta semana ante o C.D. Mosteiro. Os rapaces de Álex Casal colleitaron un valioso empate nesta xornada, grazas a un doblete de Saúl. Bo traballo outra semana dos máis pequenos da familia do Moraña, que están a completar unha tempada espléndida.

A seguir así!!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Lucas, Eric, Jorge, Hugo Moure, Saúl, Alba, Héctor, Anxo e Dani Rey.

Goles: Saúl (2)

PREBENXAMÍNS 2 – 1 Marcón At.

Victoria traballadísima dos Prebenxamíns, que sufriron para sacar o partido adiante ante un rival, o Marcón, que xogou a un altísimo nivel. Un partido de poder a poder, que só se decantou para un lado no último tramo do encontro.

Comezaron adiantándose os nosos, cun gol de Aarón, que segue moi acertado de cara á porta rival, no minuto 7 Este foi o único gol dos primeiros 25 minutos, e co 1-0 chegamos ao descanso.

Na segunda parte, apretaron os visitantes e no minuto 35 Adrián poñía a igualada. Parecía que este resultado de empate ía a ser o definitivo, pero no 43, Xoel transformaba un lanzamento de falta dende a frontal, poñendo o definitivo 2-1 no marcador.

Noraboa a todos os Pres, que fixeron un gran partido e están a bordalo nesta segunda fase da Liga Regular. A seguir traballando!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Roi, Aarón, Joel, Iago, Xoel, Fernando, Mauro, Mario, Adrián, Pedro e Lois.

Marcón At.: Miguel, Unai, Iker, Pablo, Mario, Breixo, Adrián, Diego, Adrián Arosa, Manuel e Hugo.

Goles: 1-0 Aarón (minuto 7); 1-1 Adrián (min. 35); 2-1 Xoel (min. 43)

S.D. Monteporreiro 0 – 0 BENXAMÍNS

Un punto trouxeron os Benxamíns da súa viaxe a Monteporreiro, se ben é certo que fixeron méritos para traer algo máis. Os rapaces de Eloy asediaron a portería local durante os 50 minutos, pero non foron quen de lograr o gol que lle dera máis puntos. En defensa non se tiveron problemas e o perigo xerado polo Monteporreiro, era ben solventado polos nosos.

Un bo partido en liñas xerais dos nosos Benxamíns, ao que lle faltou simplemente a guinda do gol. A seguir traballando e pelexando Benxas!!!

FICHA TÉCNICA

S.D. Monteporreiro: Juan, Guillermo, Marcos, Adrián, Cristian, Aarón, Xavier, Mateo, Cadaya, Hugo, Gael e Mateo.

Moraña C.F.: Jonathan, Hugo, Aitor, Lucas, Anxo, Aleixo, Alexandre, David, Nico, Darío e Ethan.

ALEVÍNS 1 – 1 C.D. Soutomaior

Empate dos Alevíns no mediodía do sábado ante o C.D. Soutomaior no Buelo. Os rapaces de Juan, que están a xogar no grupo máis duro nesta segunda fase viviron un novo encontro marcado pola igualdade. Pelexaron durante os 50 minutos, xogando en equipo e cun bo traballo de todos os xogadores e de todas as liñas, pero non lograron acadar os tres puntos.

Lográrase o máis dificil, que era abrir a lata, cun gol de David no minuto 15 da primeira parte, pero no segundo acto, Fiz no minuto 35 batía a Brais para poñer o definitivo 1-1 no electrónico que foi o resultado final.

Noraboa aos Alevíns, que están a competir de tú a tú cos equipos maís duros da nosa zona. A seguir así!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: André, Álvaro, Sergio, Pablo, Mateo, Jorge, David, Raúl, Brais, Saúl, Damián e Aday.

C.D. Soutomaior: Jesús, Manuel, Santiago, Bruno, Saúl, Fiz, Hugo e Xurxo.

Goles: 1-0 David (min. 15); 1-1 Fiz (min. 35)

 

INFANTILES 2 – 0 Marín C.F.

Nova xornada e nova victoria dos Infantiles, moi traballada e cun gran esforzo por parte dos rapaces de Albertito. Non se moveu o marcador nos primeiros 40 minutos nesta desapacible mañán no Buelo, chegando ao descanso con resultado «gafas», pero con opción por ámbalas dúas partes.

Abriu o marcador Domi, ao comezo da segunda parte, transformando unha falta que lle fan a Raúl na frontal, cun maxistral golpeo por enriba da barreira. Un zapatazo que entra rozando o largueiro e poñendo o tan desexado 1-0. Non baixaron os brazos os marineses, que buscaban o empate con forza, pero Rubén Candal no minuto 62 facía o 2-0 que daba tranquilidade aproveitando un rexeite defectuoso do porteiro do Marín á salida dun córner.

De ahí ata ao final do encontro aos nosos quedoulles pelexar e administrar a vantaxe para acadar 3 novos puntos. Noraboa e a seguir pelexando deste xeito!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Óscar (Iván, min. 41), Jonathan, Rubén, Lucas, Domi, Pereira, Raúl, Javi (Amestoy, min. 55), Álex (Iván Suárez, min. 70), Dani Fontán (Rubén Souto, min. 64) e Anxo.

C.D. Soutomaior: Humberto (Breixo, min. 55), Damián (Unai, min. 57), Nerea, Pablo, Aarón, Hugo (Guillermo, min. 48), Adrián, Iago (Diego, min. 61), Fernando, Daniel e Diego (Pablo, min. 53).

Goles: 1-0 David (min. 15); 1-1 Fiz (min. 35)

Umia C.F. 7 – 0 CADETES

Os Cadetes viaxaron á Bouxa na mañán do domingo para enfrontarse ao Umia C.F. Os rapaces de Gepe con 10 xogadores da súa categorías e reforzados con Isma dos infantiles xogaron a bo nivel e competiron mentres lle aguantaron as forzas, chegando ao descanso aínda en distancia de partido, caendo por 1-0 co gol de Miguel no 39. Pero cando o equipo quedou sen gasolina, o Umia aproveitou para poñer distancia no marcador.

A seguir traballando, sen baixar os brazos, competindo e con ilusión de afrontar cada partido e cada adestramento como un novo paso na aprendizaxe. Ánimo!!

FICHA TÉCNICA

Umia C.F.: Adrián (Roberto, min. 60), Álex, Valentín, Francisco, Aarón, Marco, Rafael, J. Manuel, Miguel (Andrés, min. 69), Diego (David, min. 65) e César (Sergio, min 41).

Moraña C.F.: Jorge, Alex, Isaac, Pablo, David, Dani (Pedro, min. 75), Manu Sayáns, Pablo González, Isma Escariz, Fernando e Pablo Ares.

Goles: Miguel (4), Marco, Rafa e J. Manuel.

XUVENILES 2 – 3 Xuv. Sanxenxo

Os Xuveniles case fan a machada de remontar un encontro no que caían por 0-3 e que a piques estiveron de empatar. Os rapaces de Celsiño, con bastantes baixas, víronse sorprendidos por un Sanxenxo moi combativo, que cos goles de Isaac (min. 16) e Álvaro (min. 31) chegaban ao descanso con vantaxe de 0-2.

Todo parecía pechado cando no 47, de novo Isaac marcaba, poñendo un claro 0-3. Pero entón chegou a reacción morañesa. Gabriel no 54 e Ferro no 58 poñían o encontro con distancia mínima e máxima emoción. Tentaron os nosos acadar o empate, pero o rival supo conter este último arrebato e levar os puntos de O Buelo.

Ánimo e a seguir pelexando!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Manu Carracedo, Andrés, Iván (Manu Sayáns, min. 50), Iago, Adrián, Gabriel, Ferro (Jose, min. 77), Isma (Xián, min. 49), Héctor (Reboredo, min. 70), Carlos e Abalo.

Xuv. Sanxenxo: Daniel, Manu, Enrique (Carlos, min. 61), Kwesi, Devesa (Álvaro, min. 89), Adrián, Mateo, Romel (Adrián, min. 81), Isaac (Iván, min. 87), Pablo e Álvaro (Chan, min. 88).

Goles: 0-1 Isaac (min. 16); 0-2 Álvaro (min. 31): 0-3 Isaac (min. 47); 1-3 Gabriel (min. 54); 2-3 Ferro (min. 58)

Compárteo!

Deixa un Comentario