Segunda xornada de Liga para os equipos de Fútbol 11, e varios amigables para a nosa base de F8.

S.D. Monteporreiro 2 – 6 Infantiles

Segunda xornada de Liga e segunda victoria para os Infantiles, que empezaron a tempada coma auténticos foguetes. Este domingo pola mañán visitaron Monteporreiro, para xogar ante o equipo deste barrio pontevedrés. Os rapaces de Sara saíron moi enchufados ao encontr, poñéndose cunha clara vantaxe de 0-2 nos primeiros 10 minutos. Tras este empuxe inicial, conteporizaron un pouco, pero antes do descanso, Amestoy poñía o 0-3.

Xa nos segundos 40 minutos, chegaron tres goles máis pola parte morañesa, obra de Amestoy (2) e Abel. Os pontevedreses fixeron dous goles neste segundo tempo, por medio de Manuel e de Alejandro para deixar o electrónico no definitivo 2-6. Noraboa a estes rapaces e a seguir nesta liña!

Ficha Técnica

S.D. Monteporreiro.: Sergio, Bieito, Airas, Miguel, Joel, Alejandro, Jonatan, Óscar, Manuel Diego e Fran. Tamén xogaron Abel, Pablo, Juan e Adriana.

Moraña C.F.: Óscar, Dani Fontán, Anxo, Álvaro, Lucas, Pablo, Mateo, Abel, Álex, Domi e Amestoy. Tamén xogaron Juanma, Sergio, Iván e Rubén Souto.

Goles: 0-1 Alex (min. 8); 0-2 Amestoy (min. 11); 0-3 Amestoy (min. 45); 0-4 Amestoy (min. 47); 1-4 Manuel (min. 54); 1-5 Amestoy (min. 62); 1-6 Abel (min. 68); 2-6 Alejandro (min. 78)

Cadetes 4 – 3 E.D. Poio

Chegou a primiera victoria da tempada nesta segunda xornada de Liga para os Cadetes. Os rapaces de Alberto xogaron un gran encontro no que ao final case acaban pedindo a hora. Comezaron remando en contra, xa que o Poio logrou adiantarse no minuto 9. Pero Pereira no 25 e Dani no 29 lograban darlle a volta ao marcador xa antes do descanso. Raúl, cun doblete parecía pechar o encontro no 45 e no 63, poñendo un 4-1 que xa se daba por definitivo. Pero o Poio, nunha gran reacción final logrou achegarse no marcador con goles de Brian e de Javi, que puxeron os últimos minutos do encontro máis emocionante do que tocaba. Aguantaron ben os nosos, e os primeiros tres puntos no casilleiro. Noraboa!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Iván, Isma, Isaac, Pablo Sende, Adonis, Rubén Candal, David, Pereira, Raúl, Dani e Jonathan. Tamén xogaron Edu, Javi e Jorge.

E.D. Poio.: Mateo, Iago, Josué, Jose, Alejandro, Javier, César, Jose Manuel, Ángel, DIego e Alberto. Tamén xogaron Sergio, David, Brian, Alexandre e Alejandro.

Goles: 0-1 Diego (min. 9); 1-1 Pereira (min. 25); 2-1 Dani (min. 29); 3-1 Raúl (min. 45); 4-1 Raúl (min. 63); 4-2 Brian (min 73); 4-3 Javier (min. 79)

Xuveniles 1 – 5 E.D. Arousa S.D.

Segunda xornada e primeiro partido na casa para os xuveniles. O encontro de Juan Barreiro afrontaba o encontro con baixas e cunha convocatoria bastante xusta en canto a número de xogadores. Malia a todo, deron o callo.

Adiantouse a E.D. no minuto 4, reaccionando rápido os nosos, xa que David poñía o empate no minuto 7. Parecía que se ía a manter o empate ata o descanso, pero nos últimos minutos deste primeiro acto, Aitor e Enrique poñían un claro 1-3 a favor dos visitantes.

Tralo paso polos vestiarios, a reacción local non chegou, e Fran e David facían dous goles maís para os visitantes, deixando o marcador no definitivo 1-5. Ánimo xuveniles e a seguir traballando, que os resultados chegarán!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Manuel, Iván, Adrián, Manu, Alejandro, David, Pablo, Isma, Marcos, Gabriel e Fervenza. Tamén xogou Reboredo.

E.D. Arousa S.D..: Miguel, Pedro, Eloy, David, Roman, Michael, Ismael, Christian, Enrique, Fran e Aitor. Tamén xogaron Javier e Adrián.

Goles: 0-1 Michael (min. 4); 1-1 David (min. 7); 1-2 Aitor (min. 36); 1-3 Enrique (min. 40); 1-4 Fran (min. 62); 1-5 David (min. 67)

Compárteo!

Deixa un Comentario