Aquí vos deixamos o resumo de todos os encontros que xogaron as distintas categorías do Moraña C.F. esta fin de semana!

Prebenxamíns 11 – 2 E.F.B. Moañesa «B» 

Xornada na mañán do Sábado para os Pres, que recibían á E.F.B. Moañesa no Buelo. Os nosos, bastante xustos polas baixas, xogaron a un gran nivel cunha segunda parte moi boa na que mostraron que a aprendizaxe vai avanzando. Os visitantes, tamén en formación tamén deron unha moi boa imaxe.

Noraboa aos dous equipos, a seguir traballando!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Anxo, Saúl, Adri, Lucas, Iago, Fer, Pedro e Héctor.

E.F.B. Moañesa «B»: Nico, Paredes, Enzo, Alberto, Alejandro, Diego, Xian, Pablo, Hugo, Malvido, Izan e Iago.

Goles: Polo Moraña: Saul 2, Lucas 2, Pedro 2, Fernando 2, Iago 2, Adri 1. Pola E.F.B. Moañesa «B»: Enzo e Malvido.

Villagarcía S.D. 8 – 1 Benxamín «A»

Os nosos Benxamíns «A» xogaban na tarde do sábado ante o Villagarcía S.D. trala victoria acadada entre semana en Arcade. Os nosos saíron ao encontro con todo coa intención de sacar un bo resultado, pero a diferencia física foi chave e o Villagarcía foi superior dende o comezo. Puxeron distancia pronto os locais, co primeiro gol no minuto 3 e indo ao descanso con vantaxe de 4-0. Na segunda metade, a distancia aumentou ata o 8-0, facendo Iago o gol morañés no 49.

Ánimo e a seguir traballando!!

Ficha Técnica

Villagarcía S.D..: Nico, Hugo, Abal, David, Marcos, Yeray, Núñez, Manuel, Raúl, Miguel e Brais.

Moraña C.F.: Darío Leboso, Aitor, Xabi, Iago, Lucas, Aleixo, David, Nico, Pablo, Iker, Darío Redondo e Ethan.

Goles: Por parte do Villagarcía: Núñez (3), Manuel (3), Raúl e Brais. Por parte do Moraña, Iago.

 

C.E.D. Cotobade 2 – 2 Alevíns

Encontro na mañán do domingo dos nosos Alevíns nas Extremas, no que se lles escapou a victoria no último suspiro. Adiantáronse os nosos por medio de David no minuto 6, empatando case no descanso Manuel (min. 23). Na segunda metade e xa no tramo final, Alejandro poñía o 1-2 (min. 40) e cando xa parecía que a victoria caía do lado morañés, Jose no 48 facía o empate 2-2 que se convertía no resultado definitivo.

Ficha Técnica

C.E.D. Cotobade: Anxo, Manuel, Alberto, Andrea, Fernando, Jose, Lorena, Fabio, Hugo, Sabela e Mateo.

Moraña C.F.: Brais, Saúl, Anxo, Hugo, Alexandre, Jorge, David, Aday e Alejandro.

Goles: 0-1 David (min. 6); 1-1 Manuel (min. 23); 1-2 Alejandro (min. 40); 2-2 Jose (min. 48)

Umia C.F. 3 – 0 Infantiles

Adiantaron os Infantiles o seu encontro á tarde do venres, xogando na Bouza ante o Umia C.F. Os de Sara competiron a bo nivel, pero non puideron ante un Umia que se puxo por diante no minuto 22 con gol de David Rodríguez. Non se moveu o marcador no resto da primeira parte.

Nos segundos 40 minutos e pese a que os nosos gozaron de ocasións non acadaron ningún gol. O Umia puxo máis distancia no electrónico neste segundo acto, cun moi inspirado David que cos seus goles no 66 e no 74 firmaba un hattrick para pechar o marcador no definitivo 3-0.

A seguir traballando!!

Ficha Técnica

Umia C.F.: Gregorio, Brais, Álvaro, Álex, Cristian, Edu, Mario, Pablo, David, Alejandro e Borja. Tamén xogaron Alejandro, Fernando, Adela, Daniel e Luis.

Moraña C.F.: André, Dani, Anxo, Álvaro, Lucas, Pablo, Abel, Alejandro, Domi, Amestoy e Jonathan. Tamén xogaron Mateo, Hugo, Iván e Damián.

Goles: 1-0 David (min. 22); 2-0 David (min. 66); 3-0 David (min. 74)

E.D. Poio 0 – 0 Cadetes

Resultado «gafas» no encontro entre os nosos Cadetes e a E.D. Poio xogado na mañán do domingo na Reiboa. Os nosos xogaron a un gran nivel, con ocasións para ambos equipos, pero os espectadores tiveron que marchar para a casa sen ver goles.

Ficha Técnica

E.D. Poio: Mateo, Samu, Josue, Jose, Alejandro, Javi, Alberto, Torres, César, Diego e Lareu. Tamén xogaron Martín, Ángel, Diego, Alexandre e Sergio

Moraña C.F.: Jorge, Isma, Anxo, Pablo Sende, Rubén, Pablo Fraga, David, Pereira, Raúl, Jonathan e Dani. Tamén xogaron Iván, Álex e Dani Fontán.

Xuv. Cambados «B» 1 – 3 Xuveniles

Tamén madrugaron este domingo os Xuveniles, para enfrontarse ao Xuv. Cambados «B» no Pombal en encontro ligueiro. Os nosos tiveron que remar moito, xa que foron os locais os que se adiantaron no marcador no minuto 34 por medio de Adrián. A reacción chegou na segunda metade, na que con goles de Marquitos (min. 63) e Álex (min. 67) os Xuveniles remontaban o encontro. Puxo a guinda Marquitos case co pitido final co seu segundo gol que certificaba a victoria por 1-3. Noraboa!

Ficha Técnica

Xuv. Cambados «B».: Sergio, Cristian, Yerai, Alberto, Lucas, Marcos, Alejandro, Adrián, Mario, Pablo e Lucas. Tamén xogou Diego.

Moraña C.F.: Senín, Nicanor, Iván, Manuel, Alex, Pablo, Saúl, Abalo, Reboredo, Marquitos e Fervenza. Tamén xogaron Edu e Andrés.

Goles: 1-0 Adrián (min. 34); 1-1 Marquitos (min. 63); 1-2 Álex (min. 67); 1-3 Marquitos (min. 89).

Compárteo!

Deixa un Comentario