Aquí vos deixamos todo o que fixeron os nosos equipos da Base esta fin de semana:

Prebenxamíns 4 – 1 Umia C.F.

Os Pres xogaban no Buelo a segunda xornada da Segunda fase da Liga. Os nosos rapaces saíron ao encontro con moita forza, logrando adiantarse cedo, feito que condicionou o encontro. Mario, no minuto 2 poñía o 1-0, e facía que o Umia tivera que arriscar máis para buscar o empate, deixando espazos atrás que os nosos usaron para xerar perigo. Malia todo, co 1-0 se chegou ao descanso.

Na reanudación sí que se viron máis goles. Puxo Roi o gol da tranquilidade no minuto 31, e Mario firmaba un doblete no 35 para poñer o 3-0. Non se rendiu o Umia, xa que Pablo acortaba no 43 poñendo algo de incertidume, pero Iago no 48 certificaba a victoria morañesa.

Novo partidazo dos Pres, que están a realizar una tempada espectacular. A seguir nesta liña de traballo e a dalo todo!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Roi, Aarón, Joel, Iago, Xoel, Antón, Mauro, Mario, Marcos e Lois.

Umia C.F.: Iker, Carlos, Gustavo, Pablo, Rodrigo, Fernando, Pedro, Daniel, Mario, Juan e Fontán.

Goles: 1-0 Mario (min. 2); 2-0 Roi (min. 31); 3-0 Mario (min. 35); 3-1 Pablo (min. 43); 4-1 Iago (min. 48).

Unión Dena C.F. 2 – 2 Benxamíns

Outro partidazo que tivo lugar esta fin de semana foi o que enfrentaba nas Cachizas (Dena) aos nosos Benxamíns cos do Unión Dena. O equipo de Eloy tamén se enfrontaba á segunda xornada da segunda fase da Liga tras gañar na casa a primeira xornada. E ao igual que ocorreu no primeiro encontro, a igualdade foi a tónica deste partido.
Adiantouse o Dena no minuto 18, cun disparo lonxano de Alberto que sorprende por arriba a Rubén. Pese a que ambos os equipos tentaron facer máis tantos, non houbo máis goles nos primeiros 25 minutos.
Na reanudación a tónica do encontro seguía a ser a mesma, marcada pola igualdade e cos nosos facendo todos os esforzos para lograr a igualada. E chegou o tramo final, no que o partido se rompeu e se volveu tolo. En dous minutos, Anxo (min. 42) e David (min. 43) lle daban a volta ao encontro, poñendo o 1-2 no marcador. Parecía que os puntos ían a viaxar para Moraña, pero nun lanzamento de falta, Antón poñía o definitivo 2-2 cun chutazo ante o que nada puido facer Darío.

En resumo, gran partido dos Benxamíns, que traballaron a reo e firmaron un moi bo traballo. A seguir así!!

FICHA TÉCNICA

Unión Dena C.F.: Hugo, Yago, Yeray, Zaira, Yassir, Óscar, Antón, Alejandro, Alvaro, Iker, Alberto, Antonio, Iago, Yago.
Moraña C.F.: Rubén, Pablo Montáns, Xabi, Aitor, Lucas, Anxo, Aleixo, Alex, Hugo, David, Darío M., Dario R., Ethan e Jonathan.

Goles: 1-0 Alberto (min. 18); 1-1 Anxo (min. 42); 1-2 David (min. 43); 2-2 Antón (min. 44)

Barro C.F. 0 – 7 Infantiles

Aos Infantiles tocoulles madrugar esta fin de semana, viaxando a Perdecanai para enfrontarse ao Barro C.F. na mañán do sábado. Os rapaces de Alberto, cunha traxectoria moi sólida nesta Liga, xogaron como nos teñen acostumados a un gran nivel, acadando pronto vantaxe e marcando os tempos.
Adiantáronse pronto os nosos, cun gol de Álex no minuto 10, tras un gran contragolpe lanzado por Javi, que combina con Pereira e cede a Álex para que marque. O segundo foi obra de Domi, aproveitando o rexeite do porteiro tras un gran disparo de Pereira, cun zapatazo que entrou pola escadra. Álex fixo o segundo na súa conta e o terceiro do Moraña aproveitando un novo contraataque levado esta vez por Pereira, que abre o balón a banda esquerda para que Álex golpee en diagonal.
Con este 0-3 no receso, o partido parecía encarrilado, pero os nosos infantiles non baixaron o pistón e xogaron a gran nivel todo o encontro, acadando catro goles máis no segundo tempo, obra de Raúl tras centro de Pablo Fraga (min. 61), o propio Pablo (min. 72), Lucas no 74 e Pereira, que pechou o seu gran partido co seu gol no 76.
Bo traballo dos Infantiles, xogando a bo nivel e deixando bos detalles en cada encontro. A seguir nesta liña!!

FICHA TÉCNICA

Barro C.F.: Martín (David, min. 41), Anxo (Ricardo, min. 24), Namici, Diego, Carlos, Yago, Antonio, Edu, Evaristo, Lorenzo, Ángel e Gabriel.
Moraña C.F.: Óscar (Iván, min. 41), Isma (Pablo Fraga min. 53), Anxo, Jonathan, Dani, Rubén Candal (Iván Suárez min. 62), Lucas, Domi (Raúl, min. 57), Pereira, Javi e Álex.

Goles: 0-1 Álex (min. 10); 2-0 Domi (min. 26); 3-0 Álex (min. 32); 4-0 Raúl (min. 61); 5-0 Pablo Fraga (min. 72); 6-0 Lucas (min. 74); 7-0 Pereira (min. 76)

Cadetes 1 – 7 E.F.B. Vilanova

Duro enfrontamento o que tiñan esta fin de semana os Cadetes, que recibían no Buelo aos segundos clasificados. Marcador esaxerado para o que se veu no campo, xa que a gran diferencia estivo na definición. Os visitantes estiveron moito máis acertados neste aspecto, convertindo case todas as ocasións que tiveron en gol, mentres que aos nosos lle faltou claridade nos últimos metros, pese a que si se xerou perigo.

O Vilanova saíu con forza ao encontro, poñendo rápido terra de por medio con balóns á espalda da defensa que os seus rápidos dianteiros convertían en mans a mans con Jorge. 0-2 era o marcador no minuto 11, pero os seguintes 20 minutos foron claramente de dominio morañés e aquí estivo a chave, xa que non se logrou traducir o bo traballo e ocasións destes minutos en goles. No último arreón da primeira parte, os visitantes fixeron dous goles máis, o cuarto nun máis que discutido penalti.

No segundo acto, os nosos non baixaron os brazos, e obtiveron o premio do gol, marcado por Raúl. Os visitantes fixeron 3 máis.

Todo o recoñecemento ao traballo destes Cadetes, uns auténticos loitadores que seguen semana a semana a dar mostra da pasta da que están feitos. Bo traballo, a seguir loitando e pelexando!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Jorge, Alex, Isma, Andrés (Pablo Ares min. 56), Raúl, David, Dani, Manu Sayáns (Pablo Fraga, min. 41), Pablo González, Isma Escariz e Fernando.
E.F.B. Vilanova: Luis, Jorge, Manu (Christian, min 56), Rubén, Noel (Álvaro, min. 56), Adrián, Roberto (Marta, min. 65), Ángel, Roi, Francisco e Rodrigo.

Goles: Adrián (2), Roberto, Roi (2), Ángel e Christian. Por parte do Moraña, Raúl.

Villalonga F.C. 1 – 3 Xuveniles

Os Xuveniles viaxaron ao Revel, para enfrontarse ao Villalonga nun apaixoante encontro. Os de Celsiño sairon ao encontro coas ideas claras, buscando xogar xuntos e aproveitar as opcións nas contras e sen complicarse en campo propio. O plan saliu á perfección, e Iago lograba adiantar os nosos no minuto 12 aproveitando o lanzamento dunha falta lonxana. Con este 0-1 se chegou ao descanso.
Nada máis arrancar a segunda parte, nunha boa contra levada por Carlitos, Reboredo facía o 0-2. Este gol, en lugar de dar tranquilidade e permitir aos nosos xogar con máis calma tivo o efecto contrario, e o Villalonga se facía dono do balón e do encontro. Alejandro poñía a incertidume no 67, facendo o 1-2, pero finalmente Carlitos poñía o 1-3 que daba calma no 77.
Puideron os nosos aguantar os envites finais dos locais que buscaron acortar a diferencia, pero ao final dos 90 minutos, 1-3 e 3 puntos que viaxan para Moraña.
En cómputo xeral, partido moi sólido dos nosos xuveniles, cun gran traballo de todos os xogadores. Noraboa e a seguir así!!

FICHA TÉCNICA

Villalonga C.F.: Raúl, Adrián, Xurxo, Rubén, Jose, Borja, Isma, Alehandro, Iván, Marcos (Jose Miguel, min. 60), Miguel.
Moraña C.F.: Manu Carracedo, Iago, Martín, Javi, Ferro, Isma Escariz (Manu Sayáns, min. 53), Reboredo, Héctor, Carlos, Manu Abalo, Xian.
Goles: 0-1 Iago (min. 12); 0-2 Reboredo (min. 46); 1-2 Alejandro (min. 67); 1-3 Carlitos (min. 77)

Compárteo!

Comentarios Pechados.