Aquí vos deixamos toda a información dos encontros xogados polas diferentes categorías do fútbol base do Moraña C.F.

Ribadumia 5 – 1 Biberóns

Primeira derrota dos nosos Bibes na súa visita a Ribadumia. Os nosos seguen a evolucionar e a mostrar melloras, e esta finde aprenderon ademáis, que no deporte unhas veces se gaña e outras se perde, unha lección que non deben esquencer.
Con este encontro remata a fase de preparación de cara á Liga de Poio que ven disputando a nosa categoría Biberón os últimos anos e que comezará o vindeiro sábado. Moita sorte e ánimo a estes valientes!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Lucas, Iago, Alba, Anxo, Hugo Moure, Hugo De La Torre, Saúl, Jorge, Hector, Eric e Fabio.
Goles: Saúl.

Alevíns 3 – 1 Arosa S.C.

df15a9d8-380a-435b-ab18-65d63ff4f3f9Moi bo encontro o realizado pola nosa categoría Alevín na mañán do sábado, con boa aportación de toda a plantilla e xogando a un gran nivel. Os rapaces de Juan fixéronse cos puntos neste difícil encontro ao que saliron enchufadísimos dende o primeiro minuto. Só houbo un gol nos primeiros 25 minutos, obra de Mateo no minuto 19. Era ao premio do bo traballo morañés, que non se daba traducido en goles.
Na segunda parte, confirmaron a victoria os nosos grazas a outro gol de Mateo (min. 33) e de Saúl (min. 38). Fixo o seu gol o Arosa S.C. case no último minuto, transformado no 49 por Agustín.

En resumen, moi bo traballo dos Alevíns, que finalizarán a súa primeira fase da liga a vindeira semana ante o Barro C.F. Ánimo e sorte!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: André, Damián, Álvaro, Pablo, Mateo, David, Aday, Abel, Brais, Saúl, Sergio, Jorge e Raúl.
Arosa S.C.: Ramón, Pablo, Ramiro, Juan, Jaime, Rey, Agustín, Dani, Nico, Pedro e Sara.
Goles: 1-0 Mateo (min, 19); 2-0 Mateo (min. 33); 3-0 Saúl (min. 38); 3-1 Agustín (min. 49)

Salgueiriños C.F. «B» 3 – 2 Infantiles

3a879ac9-e55f-485a-a849-9f5737f39694Partido trepidante, de poder a poder entre a nosa categoría Infantil e o líder da categoría. Xogado na mañán do domingo na Xunqueira 1 (Pontevedra), os nosos plantáronlle cara aos pontevedreses en todo momento, e o partido, que era claramente de empate, acabou caendo do lado local no último suspiro.
Arrancaron ben os nosos, entrando ben no partido e adiantándose ás primeiras de cambio. No minuto 4, Raúl abre á banda dereita para a incorporación de Pablo Fraga que encara e pon o 0-1 no marcador.

Era este un encontro moi igualado e onde o máis mínimo erro, se pagaba. Así chegou o empate, nunha mala salida de balón ante o pressing do Salgue, onde Dani bate a Iván no 17 para poñer a igualada. Puxo terra de por medio Mario, facendo o 2-1 no 29, tras varios rexeitamentos da nosa defensa e porteiro.

Tralo descanso, a reacción visitante fixo que se acadaran de novo as táboas no márcador, cun gran gol de Raúl tras un servizo de saque de banda. O seu tiro dende a frontal facía inútil a estirada do porteiro.
Transcurriu a segunda metade sen que o marcador se movera, e foi no desconto cando Alejandro, nunha gran xogada personal por banda dereita, se vai do lateral, encara ao porteiro por liña de fondo e marca cun forte chut ao primeiro pao. Demasiado castigo para o gran traballo que desplegaron os nosos infantiles, pero orgullosos do seu empuxe e do gran encontro que xogaron.
A seguir pelexando, a Liga é moi longa e quedan moitos partidos. Ánimo e a seguir loitando.

FICHA TÉCNICA

Salgueiriños C.F. «B»: Arosa, Ander, Emilio, Mario (Miguel, min. 51), Fernando (Mauro, min. 74), Pablo, Mario (Leo, min. 51), Daniel, Iago, Andrés (Alberto, min. 71) e Diego (Alejandro, min. 51).
Moraña C.F.: Iván (Óscar, min. 41), Isma, Isaac (Lucas, min. 68), Anxo, Dani, Rubén Candal (Rubén Souto, min. 61), Domi (Amestoy, min. 56), Pablo, Pereira, Raúl (Javi, min. 61) e Álex.
Goles: 0-1 Pablo Fraga (min. 4); 1-1 Dani (min. 17); 2-1 Mario (min. 29); 2-2 Raúl (min. 42); 3-2 Alejandro (min. 80).

Cadetes 1 – 2 Villagarcía S.D.

Partido de infarto o que xogaron os Cadetes na mañán do sábado no Buelo. Os pupilos de Alberto deron o callo, competindo durante os 80 minutos, pero o partido escapouse no último suspiro.
Traballaron a reo os nosos neste encontro, que estivo con empate a cero ata o último tramo, no que o visitante Dani abría a conta no 76, Cristian ampliaba no 79 e Isma acurtaba no mesmo minuto.
Bo traballo dos Cadetes, que seguen a competir e a pelexar nesta liga pese a todo. Boa axuda dos infantiles neste encontro e noutros anteriores para botar unha man, algo que fala do compromiso e do espíritu de Clube que teñen estes xogadores.
A seguir adiante, coa cabeza ben alta e a preparar o vindeiro compromiso.
Moito ánimo!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Jorge, Alex, Pereira (Isaac, min. 72), Pablo Sende, Andrés, David, Dani (Pablo Ares, min. 80), Manu Sayáns, Pablo González (Raúl, min. 53), Isma Escariz e Fernando.
Villagarcía S.D.: Álvaro, Yago, Iván, Dani, Alex, Roy (Cristian, min. 59), Gabriel, Alejandro, Jodi (Jose, min. 53), Hugo e Fontenla (David, min. 64).
Goles: 0-1 Dani (min. 76); 0-2 Cristian (min. 79); 1-2 Isma (min. 79)

S.D.Puente Arnelas 2 – 1 Xuveniles

Como di o tópico deportivo, «non puido ser». Grandísimo traballo da nosa categoría Xuvenil neste partido que non se traduciu en puntos, pero si en espíritu de equipo e de esforzo. Esta é a liña a seguir por parte deste plantel, que xogou durante varios tramos do encontro a un nivel altísimo.

a4ac3952-c4bf-478f-89aa-96e72189e5f1Adiantouse pronto o Puente Arnelas, no minuto 5 con gol de Jesús. Pero este gol, lonxe de desanimar aos nosos, non fixo máis que darlle folgos, e xogaron un primeiro tercio de encontro sublime. Malia todo, non chegou o premio do gol e marchamos aos vestiaros con este 1-0.

No segundo acto conseguirían os nosos Xuveniles a igualada, grazas a que Javi marcaba un claro penalty. Era o minuto 63, e o factor físico ía resultar ser clave para este último tramo. Pelexaron ben os nosos neste treito, pero a falta de 4 minutos, Miguel poñía o definitivo 2-1 no electrónico.

Nada que reprochar a este equipo, que este sábado deixou todo o que tiña nas Chans. A seguir nesta liña de traballo e compromiso, e os resultados irán chegando. Ánimo e sorte!!

FICHA TÉCNICA

S.D.Puente Arnelas: Martín, Jose (Juan Carlos, min. 85), Miguel, Castro, Miguel (Abal, min. 62), Felipe (Cristian, min. 75), Elías (Aarón, min. 55), Jose Carlos, Alejandro, Jesús e Breixo.
Moraña C.F. Manu Carracedo, Héctor (Reboredo, min. 69), Raúl, Jorge, Xián, Iago, Adri, Martín, Abalo, Javi e Carlitos.
Goles: 1-0, Jesús (min. 5); 1-1 Javi (min. 63, penalty); 2-1 Miguel (min. 86)

Compárteo!

Deixa un Comentario