Aquí deixamos todos os resúmenes dos encontros da base do Moraña C.F. desta fin de semana!

Biberóns 9 – 1 E.F. Bibe 2.000

Os nosos Bibes xogaron na mañán do sábado en Lourido a segunda xornada da Liga de Poio, que os enfrontaba á E.F. Bibe 2.000 no Pavillón de Lourido. Os rapaces de Álex Casal sacaron a espiña da derrota no debut, xogando un gran encontro e logrando unha victoria amplia.

A aportación de todos os xogadores foi moi boa, con detalles que se comezan a ver da evolución dos rapaces, e dun gran traballo e compromiso por parte de todos. Noraboa e a seguir traballando igual!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.:   Lucas, Jorge, Saul, Iago, Hugo Moure, Hugo De La Torre, Héctor, Eric e Dani Rey.

Goles: Saúl (4), Iago (4) e Lucas

A.X.D. Verdugo 1 – 9 Prebenxamíns

Os Prebenxamíns viaxaron na mañán do Sábado á Pontesampaio, para enfrontarse na Xunqueira á A.X.D. Verdugo. Os nosos Pres viaxaban bastante xustos de efectivos, pero paliaron este feito con moitas ganas e ilusión. Esto, a pesares de que comezaron o encontro moi durmidos, e lles costou espabilar. Tiveron que facer un bo traballo de «espabilamento» os adestradores e pronto os nosos comezaron a carburar.

Neste primeiro tramo no que non se meteran no encontro, o Verdugo aproveitou para facer o 1-0 no minuto 9 por medio de Andre. Tivemos que esperar ata o 14 para que primeiro Xoel fixera o 1-1 e Iago o 1-2 que lle daba a volta ao encontro. Antes do descanso, Mario e Iago poñían dous goles máis para encarrilar o encontro.

Nos segundos 25 minutos os nosos xa non baixaron o pistón, seguindo a bo ritmo e mantendo a intensidade. Froito deste traballo chegaron máis goles: Aarón no 28 fixo o 1-5, Xoel no 30 o 1-6, Mario no 38 o 1-7, Iago no 40 o 1-8 e finalmente Xoel pechou o marcador no 41 co definitivo 1-9.

Bo traballo dos Pres, xogando a bo nivel, a pesares do comezo no que estaban durmidos. A seguir traballando!!

FICHA TÉCNICA

A.X.D. Verdugo.: Alba, Brais, Adrián, Bruno, Andre, Pablo, Ramón, Elías e Izan.

Moraña C.F.: Roi, Aarón, Joel, Iago, Xoel, Fernando, Mauro, Mario e Antón

Goles: 1-0 Andre (min. 9); 1-1 Xoel (min. 14); 1-2 Iago (min. 16); 1-3 Mario (min. 18); 1-4 Iago (min. 19); 1-5 Aarón (min. 28); 1-6 Xoel (min. 30); 1-7 Mario (min. 38); 1-8 Iago (min. 40); 1-9 Xoel (min. 41)

Benxamíns 0 – 8 Villagarcía S.D.

Os Benxamíns caeron no Buelo ante un Villagarcía que se mostrou  superior, sobre todo no segundo tempo. A pesar do abultado do resultado, a diferencia entre os dous equipos non foi tanta, se ben houbo tramos no que os rapaces morañeses non estiveron enchufados, o que aproveitaron os visitantes para poñer distancia no electrónico.

O encontro comezou con moito ritmo por parte dos visitantes e con ocasións por ambas partes. Aquí radicou a gran diferencia no resultado: os vilagarcianos aproveitáronas e os nosos non. Ao descanso, o marcador era de 0-4, con doblete de Bruno, e goles de Alejandro e Asier.

Nos segundos 25 minutos trataron de reaccionar os nosos, pero non foron quen de plantarlle cara a un rival que tiña moito perigo arriba, e que acadou outros catro goles neste segundo acto. Ao final do partido, 0-8 e traballo por diante para os Benxamíns, sobre todo na concentración no partido. Ánimo e a seguir traballando!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Darío Maceiras, Hugo, Aitor, Lucas, Anxo, Alex, David, Ethan, Pablo Montáns, Xabi, Iker, Aleixo, Nico e Rubén.

Villagarcía S.D..: Hugo, Dani, Pedro, Bruno, Álvaro, Héctor, Martín, Nico, Alejandro, Asier e Pablo.

Goles: 0-1 Bruno (min. 8); 0-2 Bruno (min. 13); 0-3 Alejandro (min. 23); 0-4 Asier (min. 24); 0-5 Alejandro (min. 28); 0-6 Alejandro (min. 30); 0-7 Alejandro (min. 46); 0-8 Nico (min. 48)

Infantiles 2 – 0 A.D. Sagrado C.F. «B»

Tiveron que sudar e moito os Infantiles na mañán do domingo para sacar os puntos ante o filial da A.D. Sagrado. Os rapaces de Albertito afrontaban o encontro con ganas e ilusión, pero custoulles moito sacalo adiante.

Tralos primeiros minutos de tanteo, os nosos comezaron a xerar perigo na portería pontevedresa, por medio de Lucas, Álex e Pablo, pero este dominio e ocasións non se traduciron en goles neste primeiro acto, e o encontro chegou ao descanso co empate a cero.

Na reanudación, a liña era a mesma, pero finalmente no minuto 55, Pablo Fraga lograba abrir a lata poñendo por fin o 1-0 que adiantaba aos nosos. Este era un resultado demasiado curto, polo que a incertidume estaba no ambiente, xa que en calquer situación o Sagrado podía facer a igualada, pero Pablo de novo pechou todo temor facendo o seu segundo gol no minuto 76 que resultou definitivo.

Tres novos puntos, ben merecidos pero tamén ben traballados por parte dos Infantiles. A seguir traballando e mellorando!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Óscar (Iván, min. 41), Isma, Jonathan, Lucas (Juanma, min. 65), Domi (Rubén, min. 57), Pablo Fraga, Javi, Amestoy, Alex, Dani Fontán e Anxo.

A.D. Sagrado C.F. «B»: Fernando, Santiago (Jacobo min. 41), Dani (Miguel, min. 60), Anxo, Jaime, Pablo (Jorge, min. 65), Tomás, Diego, Luis (Mateo, min. 62), Felipe e Jesús.

Goles: 1-0 Pablo Fraga (min. 55); 2-0 Pablo Fraga (min. 76).

 

Cadetes 0 – 5 C.D. Moaña «B»

Os Cadetes non puideron co C.D. Moaña «B» no Buelo na mañán do domingo, nun encontro no que os nosos se esforzaron ao máximo pero non puideron sacar un bo resultado.

O encontro comezou con intensidade polas dúas partes, pero a chave estivo en que os visitantes abriron pronto a lata, cun gol transformado dende os 11 metros por Miguel, que condicionou o encontro. Ao ir a remolque o Moraña tiña que tomar máis riscos, e o Moaña aproveitaba estes espazos á contra para matar o encontro. Chegouse co resultado de 0-3 ao descanso.

Nos segundos 40 minutos, o factor físico tamén incidiu ao estar os nosos sen cambios,  e chegaron dous goles máis, obra de Javi e David, que deixaban o encontro co definitivo 0-5.

Ánimos aos Cadetes, bo traballo e a seguir con forza e sen perder a ilusión. Vamos!!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Jorge, Raúl, Pablo Sende, Pereira, David, Dani, Manu Sayáns, Pablo González, Pablo Ares, Isma Escariz e Fernando.

C.D. Moaña «B».: Andrés, Xacobe, Francisco, Pablo, Javi, David, Beymar (Ignacio, min. 61), Telmo, Isma (Dani, min. 65), Miguel (Aarón, min. 61) e Breixo (Iago, min. 61).

Goles: 0-1 Miguel (min. 9, penalty); 0-2 Beymar (min. 20); 0-3 Isma (min. 29); 0-4 Javi (min. 64); 0-5 David (min. 66)

Compárteo!

Comentarios Pechados.