Aquí vos deixamos todos os resumes do acontecido co Fútbol Base do Moraña C.F. nesta fin de semana.

CALDAS C.F. 1 – 2 BIBERÓNS

064bd285-7726-4545-8373-3df996c46cdfOs nosos bibes abriron a xornada na tarde do venres, facendo outra visita aos veciños do Caldas C.F. no Pavillón Municipal. Os rapaces que adestran Álex Casal e Roberto Vidal seguen coa súa evolución e dando mostras de melloría semana a semana. Nesta ocasión, os nosos venceron por 1 a 2 neste amigable, cun doblete de Saúl.
Moito ánimo e a seguir traballando nesta liña. Hai que prepararse ben para os retos que pronto lle chegarán a este conxunto.

Ficha Técnica

MORAÑA C.F.: Héctor, Alba, Dani, Hugo Moure, Lucas, Yago, Saúl, Fabio e Hugo de La Torre.
Goles: Saúl (2)

A.C.D. A SECA 0 – 6 PREBENXAMÍNS

5a98309d-b46c-4f98-ac42-854e426acf61Gran encontro o que xogaron os nosos Pres na tarde do sábado na Xunqueira 2 de Pontevedra ante a A.C.D. A Seca. Os nosos, que se presentaron ao encontro case cos xogadores xustos debido ás baixas, sairon a por todas ao partido. Custou abrir a lata, pero unha vez que se acadou o primeiro gol, rapidamente o Moraña puxo terra de por medio.
Iago abriu a conta para os nosos no minuto 15, dando o gol da tranquilidade Mario no minuto 22.
Tralo descanso, Roi, que xogara a primeira parte como porteiro, fixo o 0-3 no 28. Pese a ter o partido case pechado, os nosos Pres seguiron xogando a un ritmo altísimo, xerando máis perigo e ocasións. Debido a isto, Xoel fixo un doblete (no 35 e 43) e pechou a conta Iago case co pitido final no minuto 48.
Noraboa aos nosos Pres!!!

Ficha Técnica

A.C.D. A Seca: Pablo, Carlos, Daniel, Unai, Alejandro, Juan David, Luis Daniel, Pablo, Mateo, Luis e Xoel.
MORAÑA C.F.: Roi, Aarón, Joel, Iago, Xoel, Mauro, Mario, Saúl e Lois.
Goles: 0-1 Iago (min. 15); 0-2 Mario (min. 22); 0-3 Roi (min. 28); 0-4 Xoel (min. 35); 0-5 Xoel (min. 43); 0-6 Iago (min. 48)

BENXAMÍNS 7 – 1 Armenteira C.F.

d72593f1-17e7-4b39-aee2-e67e404d8f75Victoria ampla dos Benxamíns baixo un diluvio na mañán do sábado no Buelo ante o Armentira C.F. Os rapaces de Eloy xogaron un bo partido, sendo dominadores en todo momento e levando o peso do balón e do encontro. Desnivelouse pronto este partido, con dous goles de Aleixo no 6 e no 8, e de Anxo no mesmo minuto. Acurtou Brais só un minuto despois poñendo algo de incertidume, pero David e Lucas marcaron para levar ao descanso vantaxe de 5 a 1.
Nos segundos 40 minutos, redondearon o resultado Xabi no 35 e David no 40, facendo que o marcador final fose de 7 a 1.
Noraboa aos nosos Benxamíns, que acadan a segunda victoria da tempada. A seguir traballando e mellorando!

Ficha Técnica

MORAÑA C.F.: Darío Maceiras, Hugo, Xabi, Aitor, Anxo, Aleixo, David, Ethan, Rubén, Iker, Lucas, Nico e Darío Redondo.
Armenteira C.F.: Sara, Óscar, Ainhoa, Lucas, Uxía, Darío, Brais, Ramón, Borja, Marcos e Daniel.
Goles: 1-0 Aleixo (min. 6); 2-0 Aleixo (min. 8); 3-0 Anxo (min. 8); 3-1 Brais (min. 9); 4-1 David (min. 11); 5-1 Lucas (min. 16); 6-1 Xabi (min. 35); 7-1 David (min. 40)

S.D. Villagarcía 4 – 0 ALEVÍNS

5b76b306-5b48-4dc8-b028-cc59b8ed5d05Mal partido da nosa categoría Alevín na mañán do sábado no Berdón. Os nosos estiveron moi desacertados e moi lonxe do seu nivel habitual, o que unido a que se enfrontaban a un conxunto de bo nivel, rematou cunha clara derrota.
Os nosos case non xeraron perigo na portería rival en todo o encontro, e o Vilagarcía aproveitou os desaxustes defensivos para ir poñendo terra de por medio. Chegaron xa ao descanso con vantaxe de 2-0 grazas ao doblete de Yang. Iván Doval no 37 e Álex no 45 certificaron a victoria co definitivo 4 a 0.
A seguir traballando!!

Ficha Técnica

S.D. Villagarcía: Roi, Jorge, Raúl, Yeray, Iván, Derek, Alfredo, Hugo, Álex, Iván, Ruibo, Marcos, Gabriel e Eloi.
MORAÑA C.F.: André, Álvaro, Sergio, Mateo, Abel, David, Raúl, Pablo, Saúel e Aday.
Goles: 1-0 Yang (min. 15); 2-0 Yang (min. 20); 3-0 Iván Doval (min. 37); 4-0 Álex (min. 45)

I.Dep. Pontevedra 1 – 9 INFANTILES

8005b383-9e2a-44a2-999e-27152742e4e5Os Infantiles viaxaron na mañán do domingo ao Príncipe Felipe, para xogar ante a I. Dep. Pontevedra. Os rapaces de Alberto acadaron unha victoria contundente, baseada no traballo de equipo e no bo nivel de xogo e alto ritmo que levan demostrando toda esta tempada.
Nos primeiros 40 minutos, Domi e Pablo Fraga puxeron terra de por medio, colocando un 0-2 no marcador que daba tranquilidade. Na reanudación e tralo gol de penalti que marcou Pereira no 47, os morañeses fixeron ata 9 goles, repartidos entre varios xogadores nun recital de fútbol. Marcaron os locais de penalti no 77 para deixar o electrónico nun claro 1-9 para os nosos.
A seguir traballando e sumando!!

Ficha Técnica

I.Dep. Pontevedra: Óscar (Iván, min. 41), Isma, Isaac, Jonathan (Rubén, min. 45), Yoel (Raúl, min. 56), Domi, Pablo (Javi, min. 56), Pereira, Juanma (Álex, min. 49), Dani e Anxo.
MORAÑA C.F.: David, Jacobo (Hugo, min. 58), Nicolas, Mohamed, Neo, Cristian (Diego, min. 41), Agustín, Adri, Sebas (Raúl, min. 54), Brais (Carlos, min. 41) e César.
Goles:0-1 Domi (min. 9); 0-2 Pablo (min. 12); 0-3 Pereira (min. 47. penalti); 0-4 Domi (min. 54); 0-5 Raúl (min. 58); 0-6 Pereira (min. 62); 0-7 Pereira (min. 65); 0-8 Rubén (min. 74); 1-8 Agustín (min. 77, penalti); 0-9 Alejandro (min. 78)

CADETES 1 – 7 Xuv. Cambados

Derrota dos nosos Cadetes na mañán do sábado. O equipo de Alberto Durán, reforzado con varios infantiles, caeu derrotado claramente ante o Cambados. Novamento os erros puntuais defensivos marcaron o encontro para os nosos, que malia todo pelexaron durante os 80 minutos sen baixar os brazos en ningún momento. A pesares de chegar ao descanso con clara desvantaxe de 0-4, os nosos seguiron dándoo todo na segunda metade, tendo o premio do gol no minuto 57 ao transformar Andrés un penalti.
Os cambadeses fixeron 3 goles máis nesta segunda parte, deixando o resultado no definitivo 1 a 7.
Ánimo para os nosos Cadetes, uns valientes que non baixan os brazos nunca e que seguen competindo nesta Liga. Vamos!!

Ficha Técnica

MORAÑA C.F.: Jorge, Alex (Isaac min. 60), Pereira (Dani, min. 41), Sende, Andrés, Raúl, David, Sayáns, Pablo González, Isma e Fernando.
Xuv. Cambados: Álex, Ramón (Yerai, min. 63), Mario (Sergio, min. 41), Erin, Jose, Antolín (Borja, min. 63), Marcos (Juan, min 50), Rodrigo, Emilio, Diego (Mario Pazos, min. 50) e Pedro.
Goles: 0-1 Pedro (min. 9); 0-2 Emilio (min.12); 0-3 Emilio (min.21); 0-4 Emilio (min.25); 0-5 Rodrigo (min. 48); 1-5 Andrés (min. 57 penalti); 1-6 Pedro (min. 65); 1-7 Pedro (min. 75).

Unión Dena 4 – 2 XUVENILES

efb0f1a6-c7c7-447b-b852-261ffe002beeOs Xuveniles caeron nas Cachizas na mañán do sábado por 4 a 2 ante o Unión Dena. Os rapaces de Celsiño, plagados de baixas, loitaron canto puideron neste encontro, logrando igualar a vantaxe local ata en dúas ocasións, pero segundo a gasolina se foi acabando, o Dena puxo terra de por medio.
Adiantáronse os locais cedo, cun gol de Jacobo no minuto 5. Reaccionaron os nosos, ao acadar Gabriel o empate no 13. Volveron a tomar vantaxe os de Dena no 21, grazas a Sergio, vantaxe que logrou neutralizar Giago xusto no comezo da segunda parte. Co 2-2 era un partido novo o que comezaba, con opcións para ambas partes. Pero foi o Dena quen logrou facerse cos puntos, cos goles de Jaboco e Dani Fontán no 62 e 65.
Bo traballo dos Xuveniles, a seguir nesta liña e de seguro que os resultados chegarán.

Ficha Técnica

Unión Dena: Evaristo (Santiago, min. 70), Cristian, Pablo, Dani Frieiro (Manuel, min. 67), Dani Fontán (Rubén, min. 84), Jacobo, Diego, Sergio (Adrián, min. 81), Jonathan (Alejandro min. 58), Falcón e Clemente.
MORAÑA C.F.: Manu Carracedo, Jorge, Iago, Adri, Martín, Giago, Gabri, Ferro (Alejandro, min. 69), Héctor (Manuel Ángel, min. 60), Raúl e Xián.
Goles: 1-0 Jacobo (min. 5); 1-1 Gabriel (min. 13); 2-1 Sergio (min. 21); 2-2 Giao (min. 46); 3-2 Jacobo, min. 62; 4-2 Daniel Fontán (min. 65)

Compárteo!

Comentarios Pechados.