Aquí deixamos todos os resúmenes dos distintos partidos que os equipos do fútbol base do Moraña C.F. xogaron esta fin de semana!

Prebenxamíns 7-2 Mosteiro C.D.

9f74d14b-8d51-4d5c-9c2e-ad3c2d5fb046Debut como locais dos Prebenxamíns na Primeira Fase Prebenxamín. Os rapaces de Kevin e Roberto recibían no Buelo o sábado ás 10:00 ao Mosteiro C.D. Unha vez superadas as numerosas baixas que condicionaron o primeiro encontro, os nosos xogaron un gran partido, con participación e aportación de todos os xogadores.
Tras uns primeiros minutos moi igualados, no que Iago poñía o 1-0 no minuto 7 e Roque empataba no 10, un doblete de Mario no 12 e 21 facía aos morañeses poñer terra de por medio. Con este 3-1 se chegaba ao descanso.
Nada máis comezar a segunda parte, o Mosteiro recurtaba con gol de Manuel, e esa diferencia mínima estivo presente durante bastantes minutos. Logrouse a tranquilidade co gol de Xoel no 36, e dous goles máis de Roi (min. 44 e 46) xunto con outro de Xoel, pechaban o definitivo marcador de 7 a 2.
Noraboa aos Pres, a seguir traballando!

FICHA TÉCNICA

MORAÑA C.F.: Roi, Aarón, Joel, Iago, Xoel, Fernando, Mauro, Mario, Marcos, Antón, Rubén e Lois.
MOSTEIRO C.D.: Kevin, Raúl, Pablo, Yago, Nicolás, Roque, David, Mateo, Antón, Luca, Manuel e Borja
GOLES: Mario (2), Xoel (2), Roi (2) e Iago.

S.D. Chispa 0-11 Alevíns

Os Alevíns xogaron tamén na mañán do sábado, en Monte Redondo ante o Chispa a segunda xornada de Liga. Os rapaces de Juan foron un torbellino, xogando con moita intensidade e marcando as diferencias dende ben cedo. No primeiro minuto, David facía o 0-1, e Mateo no minuto 5 e 12 facía dous máis para poñer aos nosos en vantaxe por 0-3. Antes do descanso, David e Saúl con dous goles máis poñían o 0-5 no marcador.
Nos segundos 25 minutos, o Moraña non baixou o pistón e fixo 6 goles máis. Bo traballo dos alevíns, que comezaron a tempada con moita enerxía e forza. A seguir nesta liña.

FICHA TÉCNICA

S.D. CHISPA: Cibrán, Ignacio, Anxo, Roi, Abel, Iván, Iria, Darío, Daniel.
MORAÑA C.F.: Brais, Saúl, Damián, Álvaro, Sergio, Pablo, Mateo, Abel, Jorge, David, Aday e Raúl.
GOLES: David (2), Mateo (3), Saúl, Sergio, Álvaro, Damién e Abel.

Marín C.F. 0-3 Infantiles

91ad4db9-3925-40f7-93ea-80afc071035eXa o sábado pola tarde, os Infantiles viaxaban de novo a San Pedro, onde comezaron a Liga, para enfrontarse ao Marín C.F. Os rapaces de Alberto, con algunha que outra baixa, presentábanse neste encontros invictos e coa intención de seguir mantendo esta condición. Foi un encontro igualado e no que os nosos tiveron que sudar e pelexar moito para traer os puntos.
O único gol nos primeiros 40 minutos foi obra de Álex, tras un rápido contraataque por banda dereita levado por Pablo Fraga, que centra o balón ao corazón da área onde finaliza o dianteiro morañés.

Tralo paso polos vestiarios, a liña do encontro era a misma, pero con vantaxe pola mínima e con un equipo tan desplegado como o Infantil, o perigo nas contras ou nas pérdidas estaba ahí. Deu a tranquilidade Pablo Fraga cun doblete. Fixo o 0-2 no minuto 56, cando Pereira aproveitando un saque defectuoso do porteiro local rouba o balón, e llo cede ao de Campo Lameiro nun preciso pase ao espazo. E o 0-3 no minuto 73, froito dunha falta sobre Pereira na frontal, que Pablo pon por enriba da barreira para sellar o marcador.

Puntos ben traballados dos Infantiles, e moito camiño aínda por recorrer. A seguir traballando igual.

FICHA TÉCNICA

MARÍN C.F.: Breixo, Iago, Nerea, Jose A., Fer (Diego, min. 73), Hugo, Aarón, Pablo, Diego, Daniel e Adrián (Damián, min. 47).
MORAÑA C.F.: Óscar, Isma, Isaac, Rubén (Jonathan, min. 54), Domi, Pablo Fraga (Juanma, min. 70), David, Raúl (Javi, min. 59), Álex (Rubén Souto, min. 69), Dani Fontán e Anxo.
GOLES: 0-1 Álex (min. ); 0-2 Pablo Fraga (min. 56); 0-3 Pablo Fraga (min. 73)

C.D. Ribadumia – Xuveniles

O encontro da nosa categoría xuvenil que se xogaba na mañá do domingo na Senra foi suspendido, tras 9 minutos, cando o noso xogador Manu Abalo froito dun choque de cabeza, comezou a convulsionar. A rápida actuación dos presentes, xunto coa presenza da cánula de Guedel no botiquín morañés fixo que todo quedase nun susto. O xogador foi trasladado ao Hospital do Salnés e logo ao Domínguez, onde se recupera deste incidente. Probablemente reciba a alta hospitalaria no día de hoxe. Como decimos, afortunadamente, todo quedou nun susto.

Este incidente fixo que ambos equipos decidiran deter o encontro e dalo por suspendido, cando o resultado era de 1-0 para os locais (gol no minuto 6 de Alberto Fernández). En canto se decida a data para a reanudación deste encontro, farase pública. Pero de momento, debemos alegrarnos todos de que todo quedase nun susto e que Manu xa está ben.

Barro C.F. 6 – 2 Benxamíns

8aa75e00-b95c-43b4-9d85-1399760fd5caOs Benxamíns xogaron na mañán do domingo en Outeiro Perdecanai, ante o Barro C.F. un intenso derbi que se decantou para os locais. Máis igualado nos primeiros 25 minutos (chegouse ao descanso con 2-0), na segunda parte os locais marcaron distancias cedo, logrando poñerse 6-0. Marcaron no 43 Lucas e no 47 Xabi para o Moraña, deixando o electrónico en 6-2.
Ánimo aos benxamíns, a seguir traballando.

FICHA TÉCNICA

BARRO C.F.:Dani, Aarón, Víctor, Lois, Martín, Pablo, Alicia, David, Hugo, Héctor, Pablo e Brais.
MORAÑA C.F.: Darío Maceiras, Hugo, Xabi, Aitor, Lucas, Anxo, Aleixo, David, Rubén, Alexandre, Nico, Darío, Ethan e Jonathan.
GOLES: Aarón. Víctor (2), Martín (2) e Hugo.

Cadetes 1 – 3 Umia C.F.

Os Cadetes tamén xogaban a súa cuarta xornada de Liga no Buelo, recibindo ao Umia C.F. Os rapaces de Alberto Durán contaban coas baixas de Álex e Pablo Ares, polo que dous xogadores que viñan dos Infantiles para votar unha man, xogaron os 80 minutos (Raúl e Rubén Candal).
Os nosos loitaron e pelexaron durante todo o encontro, pero o feito de contar só con 11 xogadores para afrontar o encontro foi chave, sobre todo no aspecto físico. Nos primeiros 40 minutos, o Umia acadou vantaxe no minuto 31, cun gol de Miguel Roma. A vantaxe era mínima e o partido bastante igualado, polo que había opcións para as dúas partes.
Xa na segunda parte, Manu Sayáns daba esperanzas aos nosos ao transformar un penalti no minuto 54 facendo a igualada, pero Miguel volvía a batir a Jorge no 62, e xa case co pitido final, Jose Manuel facía de penalti o definitivo 1-3.
Ben polos cadetes, que competiron e loitaron durante os 80 minutos sen rendirse pese ás adversidades. Gran esforzo que de seguro terá recompensa en vindeiros partidos. A seguir traballando e a dalo todo. Ánimo!!

FICHA TÉCNICA

MORAÑA C.F.:Jorge, Raúl, Pablo, Andrés, Rubén, David, Dani, Manu, Pablo G., Isma e Fernando.
UMIA C.F.: Rober, Álex, Raúl, Fran, Aarón, Diego, Valenín ,Jose Manuel, Miguel, Lucas e Adrián.
GOLES: 0-1 Miguel (min. 31); 1-1 Manu Sayáns (min. 56);1-2 Miguel (min. 62); 1-3 Jose Manuel (min. 78)

Compárteo!

Deixa un Comentario