BIBERÓNS 2 – 1 Caldas C.F.

Os Biberóns venceron no Derbi que viviron na mañán do sábado na Liga de Poio ante os nosos veciños do Caldas C.F. Un partido moi igualado, como o está a ser toda esta Liga de Poio, no que os nosos grazas a un doblete de Saúl acadaron os puntos.

Noraboa aos Bibes!! Gran traballo e a seguir así!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.:  Hugo Moure, Hugo De La Torre, Eric, Iago, Lucas, Saúl, Alba, Héctor, Jorge, Dani Rey e Anxo.

Goles: Saúl (2)

E.F. Cangas 1 – 1 PREBENXAMÍNS

Os Prebenxamíns viaxaron na mañán do sábado ao Morrazo, para enfrontarse no campo de Montecarrasco á E.F. Cangas. Os nosos chegaban a este encontro contando todos os seus partidos desta segunda fase da liga por victorias, e nesta xornada acadaron o seu primeiro empate.

Ao largo do desplazamento, uniuse neste encontro o estado do terreo de xogo, que non permitía o xogo combinativo que caracteriza aos nosos Pres. Sen embargo, fóronse adaptando a esta circunstancia, logrando adiantarse no marcador no minuto 22 grazas a un gol de Iago. Só 8 minutos despois, Manuel poñía a igualada co 1-1 que resultou ser definitivo.

Agora a descansar a vindeira semana e a desfrutar dos  Carnavales, para reanudar a competición dentro de 15 días. Ánimo!!

FICHA TÉCNICA

E.F. Cangas:  Xoel, Álex, Hugo, Manuel, Martínez, Hugo, Christian, Xavi, Aitor, Pedro, Álex, Ero e Joel

Moraña C.F.:  Roi, Aarón, Joel, Xoel, Antón, Mauro, Mario, Adrián, Iago, Fernando, Pedro e Lois.

Goles: 0-1 Iago (min. 22); 1-1 Manuel (min. 30).

C.D. Bueu 1 – 1 BENXAMÍNS

Mesmo desplazamento e mesmo resultado o colleitado polos Benxamíns, que madrugaron máis, iso sí. Os Benxas xogaron ante o C.D. Bueu ás 10:30 da mañán no Novo Municipal de Bueu un encontro que resultou moi igualado.

Ao igual que os Pres, os rapaces de Eloy lograron ter vantaxe primeiro no electrónico, co gol que Xabi marcou no minuto 8 do primeiro tempo e que permitiu aos nosos chegar con esa vantaxe ao descanso. Na reanudación, e tan só 5 minutos de Xogo, Lucas poñía o 1-1 que resultou ser o marcador final tralos 50 minutos.

Bo traballo dos Benxamíns, que seguen a competir nesta Segunda Fase da Liga con moita forza!

FICHA TÉCNICA

C.D. Bueu:  Jaun, Cristian, Hugo, Marcos, Tomás, Lucas, Iago, Álvaro, Xavier, Gabriel, Mario e Unai

Moraña C.F.:  Darío Maceiras, Xabi, Aitor, Lucas, Aleixo, Alexandre, David, Nico, Rubén, Darío Redondo, Ethan e Jonathan.

Goles: 0-1 Xabi (min. 8); 1-1 Lucas (min. 30)

Arosa S.C. 0 – 5 ALEVÍNS

Os Alevíns madrugaron na mañán do domingo para xogar no Manuel Jiménez ante o Arosa S.C. un bo encontro no que foron de máis a menos. Saíron enchufadísimos, collendo pronto vantaxe no marcador e logrando colocar un cómodo 0-3 nos primeiros 5 minutos grazas aos goles de Mateo, David e Álvaro.

A partir deste momento, os nosos adicáronse a controlar o encontro e a manter a vantaxe. Froito deste traballo, chegaron dous goles máis, obra de Pablo e Abel na primeira parte.

Nos segundos 25 minutos, o marcador non se moveu, polo que o 0-5 resultou o marcador definitivo. Noraboa aos Alevíns, que viñan dunha racha na que o seu traballo non se traducía nos puntos que sí merecían.

Xogarán este sábado o encontro aplazado co Marcón At., clube ao que lle agradecemos o aplazamento.

FICHA TÉCNICA

MArosa S.C..:  Dani, Alejandro, Ramiro, Nico, Juan, Jaime, Rey, Agustín, Martín, Pablo, Miguel, Pedro e Ramón.

Moraña C.F.:  Brais, Álvaro, Sergio, Pablo, Mateo, Jorge, David, Raúl, Saúl, Damián, Abel e Aday.

Goles: 0-1 Mateo (min. 1); 0-2 David (min. 3); 0-3 Álvaro (min. 5); 0-4 Pablo (min. 15); 0-5 Abel (min. 18)

 

E.D. Poio 1 – 1 INFANTILES

Encontro entre dous equipos da zona alta e que respondeu ás espectativas. Durísimo e igualado, entre dous equipos que pelexaron por levarse os puntos e no que só os pequenos detalles permitiron que o marcador se movera.

Os rapaces de Albertito saían ao encontro coa intención de traer os puntos a Moraña, pero foi o Poio quen golpeou primeiro, cun gol de Emilio no minuto 10. Os nosos nadaron contra corrente todo o resto do encontro, buscando o empate en cada ataque.

E por unha vez, os últimos minutos sorriron aos nosos, e Isma, que reaparecía tras lesión, conseguía o gol de empate cando o partido se achegaba ao final, no minuto 80.

Bo traballo dos Infantiles, que traen un punto do difícil campo de A Reiboa. A seguir pelexando!!

FICHA TÉCNICA

E.D. Poio:  Mateo (David, min. 65), Jose, Josué, Jose, Alejandro, Emilio (Manuel, min. 70), César, Jose Manuel (Crespo, min. 59), Becoña (Brian, min. 64), Hugo, De Lanuza (Javi, min. 15).

Moraña C.F.:  Óscar (Iván, min. 41), Isma, Jonathan, Lucas (Javi, min. 61), Domi, Pereira, Raul, Amestoy, Alex (Iván, min. 76), Dani Fontán (Juanma, min. 76) e Anxo.

Goles: 1-0 Emilio (min. 10); 1-1 Isma (min. 80)

CADETES 0 – 2 Atl. Cuntis

Derbi de Cadetes na mañán do Domingo no Buelo, entre o Moraña e o Atlético Cuntis. Os rapaces de Gepe, reforzados coa axuda de dous infantiles, xogaron un bo encontro neste partido, aínda que non lograron sacar puntos.

Adiantouse Dani para o Cuntis no minuto 23, e malia ao traballo do equipo, este foi o resultado ao descanso. A distancia no marcador era curta, e os nosos buscaron o empate na reanudación, pero Juan José facía o 0-2 no minuto 49 que poñía a tranquilidade visitante e poñía máis difícil o encontro para o Moraña. Este foi o resultado final.

Bo traballo dos Cadetes, que seguen unha semana máis a loitar contra todo e competindo con todas as ganas e a ilusión. A seguir así!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.:  Jorge, Alejandro, Pablo, Andrés, David, Dani, Manu Sayáns, Pablo González (Isaac, min. 58), Pablo Ares (Rubén, min. 50), Isma e Fernando.

At. Cuntis:  Manuel (Miguel, min. 41), Iván, Alejandro (Juan José, min. 44), David (Hugo, min. 49), Anxo (Yago, min. 49), Chenlo, Goris, Folgar, Jonathan e Xabier.

Goles: 0-1 Dani (min. 23); 0-2 Juan José (min 49)

C.D. Bamio 0 – 4 XUVENILES

Os Xuveniles xogaron un dos mellores encontros da tempada este sábado pola tarde ante o C.D. Bamio, nun encontro no que acompañou o xogo e os resultados.

Encarrilaron cedo os rapaces de Celsiño Diz, cun gran Xián que en 4 minutos (do 2 ao 6) facía un doblete para poñer terra de por medio. Ferro, no 34 poñía un claro 0-3 a favor antes do descanso.

Na reanudación os nosos foron quen de frear as intentonas rivales para recurtar distancia, e aínda puxeron máis difícil o encontro para os locais co segundo gol de Ferro no minuto 58, poñendo un 0 a 4 que resultou definitivo.

Noraboa aos Xuveniles, e que este encontro marque a liña de traballo de aquí a final de tempada. Ánimo e sorte!!

FICHA TÉCNICA

C.D. Bamio:  Aarón, Diego, Pablo (Iago, min. 53), Marcos, Iván, Andrés, Carlos (Alejandro, min. 60), Santiago (Pablo, min 46);, Hamza, Eloy (Pablo, min. 65) e Daniel.

Moraña C.F.:  Manu Carracedo, Iago, Adri, Martín, Javi, Gabriel, Ferro, Héctor (Reboredo, min. 65), Raúl (Donato, min. 59) Abalo e Xián.

Goles: 0-1 Xián, min 2; 0-2 Xian, min. 6; 0-3 Ferro, min. 34; 0-4 Ferro, min. 58)

 

Compárteo!

Comentarios Pechados.