Sorte dispar para as distintas categorías do Moraña C.F. esta fin de semana. Grandes partidos e bo traballo en liñas xerais de todos os equipos.

Infantiles 2 – 0 A.J. Lérez «B»

bbca8337-7ab0-4a18-84f1-375c5729899dA categoría Infantil foi quen abriu a competición esta fin de semana, xogando ante a A.J. Lérez «B» no Buelo na mañán do Sábado. Os rapaces xogaron un partido moi serio, ante un gran rival que plantou cara en todo momento. De feito, tivemos que agardar á segunda parte para que se abrira o marcador. Foi no minuto 45, cando Domi saca de banda a Pablo Fraga que pon un potente centro-chut a área lerezana. Fernando tentando despexar, introduce o balón na portería. Era o ansiado 1-0, pero quedaban moitos minutos por diante.
E non foi case ata o pitido final que o Moraña pechou o partido, grazas a unha gran xogada de Pereira que tras regatear a toda a defensa rival, cede a Lucas que lle da o balón a Pablo Fraga para que fixera o 2-0. Este segundo gol chegou no minuto 79, e daba por fin a tranquilidade aos nosos, e tralo pitido, os tres puntos. Noraboa e a seguir sumando.

FICHA TÉCNICA

MORAÑA C.F.: Óscar, Isaac, Jonathan, Rubén Candal (Domi min. 40), Pablo Fraga, Raúl, Javi (Lucas, min. 63), Juanma (Pereira min. 40), Amestoy (Álex min. 42), Dani Fontán, Anxo.
A.J.LÉREZ «B»: Diego, Adrián, Hugo, Xose, Pablo (Marcos F. min. 60), Iván, Marcos (Jacobo min. 14), Fernando, Ángel, Edgar, Alejandro.
GOLES: 1-0 Pablo Fraga (min. 45); 2-0 Pablo Fraga (min. 79)

A.D. Sagrado C.F. 9 – 1 Prebenxamíns

362c29ee-181f-49c4-aede-d65dda47a305O seguinte equipo en competir eran os Prebenxamíns, que viaxaron ao Príncipe Felipe para enfrontarse ao Sagrado Corazón. Os nosos tiveron que loitar cun gran hándicap neste encontro, que foron as baixas. Só 8 rapaces dispoñibles para este partido facían moi difícil sacar o partido adiante, pero malia todo os rapaces de Roberto e Kevin deron o callo durante todo o encontro, e a pesar de todo competiron en todo momento. O gol morañés foi obra de Iago. Ánimo, a recuperar efectivos e máis sorte para a semana aos Pres.

FICHA TÉCNICA

A.D. Sagrado C.F.»: Eric, Gabriel, Dani, Manuel, Pablo, Juan, Jacobo, Santiago, Carlos, J. Antonio, Alejandro e Mateo.
MORAÑA C.F.: Lois, Joel, Iago, Xoel, Mauro, Aarón, Roi e Fernando.

Goles: Carlos (3), Santiago (2), Alejandro (2), Jacobo e J. Antonio. Polo Moraña, Iago.

Benxamíns 0 – 4 Unión Dena C.F.

b92a6cb6-3a77-4152-8e48-227cc0caace7No Buelo, ás 12:00 xogaba a categoría Benxamín, ante o Unión Dena no que era o seu debut ligueiro. Os rapaces de Eloy pelexaron moito e ben neste encontro, chegando ao descanso con empate a cero. Pero na segunda parte, o gol de Kevin abriu a lata e decantou o encontro para os visitantes. Os morañeses tentaron a igualada durante estes segundos 25 minutos, sen sorte. E no últimos minutos, cos nosos volcados en ataque para lograr empatar, o Dena aproveitou o contraataque para facer 3 goles nos últimos 3 minutos, que poñían un resultado demasiado distanciado para o que foi o partido.
Moito ánimo e a traballar duro de cara ao próximo encontro.

FICHA TÉCNICA

MORAÑA C.F.: Rubén, Xabi, Aitor, Lucas, Anxo, Aleixo, Alex, David, Pablo, Iker, Nico, Darío Maceiras, Darío Redondo, Ethan.
Unión Dena C.F.: Hugo, Zaira, Yago, óscar, Alejandro, Álvaro, Antón, Alberto, Yeray, Antonio, Kevin, Iker, Yassir.
GOLES: 0-1 Kevin (min 26); 0-2 Alejandro (min. 46); 0-3 Alberto (min. 48); 0-4 Antón (min. 49)

Xuveniles 1 – 2 A.D. Arousa F7

img_20161008_201119Di unha das máximas do fútbol que o que perdona, acaba pagando. E esto tal cual foi o que lle ocorreu aos nosos xuveniles na tarde do sábado. O equipo de Celsiño arrancou o encontro enchufadísimo, pechando ao rival no seu campo e xerando moitísimo perigo. Tivo Giao incluso a opción de abrir o marcador no minuto 5 a porta baleira, pero o seu remate foise por encima da portería visitante.
Pouco a pouco a A.D. Arousa foi entrando no encontro, e tras un rexeite nun lanzamento de falta lateral, lograban abrir o marcador. O 0-1 non reflexaba o que acontecía no campo, pero as ocasións están para materializalas. Puxo máis terra de por medio o equipo visitante grazas a un penalti marcado por Sergio no minuto 27. Quedaba moito encontro, pero tamén moito que remar. Moveu o banquillo o mister morañés buscando revulsivos no segundo acto. O gol de Javi no 53 invitaba á esperanza, pero novamente, o feito de fallar as ocasións que se xeneran (e foron varias) lastrou ao equipo, que se quedou co resultado de 1-2 ata o pitido final.
A traballar e a preparar o vindeiro encontro, moito ánimo.

FICHA TÉCNICA

MORAÑA C.F.: Manu Carracedo, Jorge, Iago, Adrián, Giao (Martín, min. 46), Javi, Gabriel (Abalo, min. 75), Jorge, Alejandro (Héctor, min. 53), Carlos e Xian.
A.D. Arousa F7: Jairo, Santiago, Adrián, Javier, Thiago (Pedro, min. 53), Jose A., Adrián (Martín, min. 62), Aitor (Yago, min. 59), Francisco, Sergio, Moure.
GOLES: 0-1 Adrián (min. 9); 0-2 Sergio (min. 27. penalty); 1-2 Javi (min. 53)

C.D. Bamio 0 – 10 Cadetes

Os Cadetes golearon na mañán do domingo ao Bamio, que debido ás baixas só pudo xuntar 9 xogadores para este encontro. Malia a todo, os nosos afrontaron o encontro con normalidade e respeto por esta circunstancia, xogando ao seu mellor nivel e logrando un marcador moi abultado. Unha inyección de moral para este equipo, que ten que seguir cara arriba e dar un paso adiante. Noraboa pola primeira victoria acadada nesta Liga e a seguir medrando como conxunto.

FICHA TÉCNICA

C.D. Bamio: Aarón, Adrian, David, uis, Miguel, Pablo, Maneiro, Andoni, Alejandro.
MORAÑA C.F.: Jorge, Alejandro, Fer, Sende, Andrés, Pablo G., David, Dani, Manu Sayáns, Pablo Ares e Isma (Pereira, min. 51)

GOLES: Manu Sayáns (3), Pablo Ares (3), Fernando, Dani, Alejandro e David.

Alevíns 9 – 1 S.D. Catoira

O último encontro do noso fútbol base nesta xornada foi o xogado polos Alevíns na mañán do domingo. Este partido estaba programado para a mañá do sábado, pero o equipo visitante solicitou un aplazamento debido a baixas no equipo que o Moraña non dubidou en aceptar.
O resultado final é mostra da superioridade morañesa neste partido, xogando a un gran nivel, trenzando boas xogadas e facendo goles. Gran traballo deste equipo no que era o debut ligueiro, e que fixo as delicias dos asistentes. Noraboa e a seguir nesta liña.

FICHA TÉCNICA

MORAÑA C.F: Brais, Damián, Álvaro, Mateo, Abel, David, Aday, Raúl, Saúl, Sergio, Pablo e Jorge.
S.D. Catoira: Marcos, Giovanni, Jorge, Julián, Sofía, Nicolás, Lois, Ares e Raul.

GOLES: Mateo (4), David (2), Abel, Saúl e Damián.

Compárteo!

Comentarios Pechados.