Aquí vos deixamos toda a información dos encontros xogados polas diferentes categorías do fútbol base do Moraña C.F.

E.F. Portero 2.000 5 – 1 Biberóns

0285c25d-e1ce-4ff2-b908-3f12a695bbabDebut agridulce por parte dos máis pequenos do clube, que reeditaron na primeira xornada da Liga de Poio a final do torneo do ano pasado, xogando ante a E.F. Portero 2.000. Os rapaces de Álex Casal xogaron a bo nivel, pero non puideron facer máis ante un gran rival. Boa experiencia e un primeiro paso para esta apaixoante liga que se desenvolverá nos vindeiros meses.
Moito ánimo aos nosos peques e a dalo todo!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Hugo Moure, Saúl, Alba, Anxo, Héctor, Iago, Jorge, Dani e Lucas.
Goles: Saúl.

Céltiga C.F. 1 – 4 Prebenxamíns

d1c764b6-a821-45f3-9751-ffb24b733824Os Prebenxamíns viaxaban á Illa na mañán do sábado para enfrontarse cun gran madrugón ao Céltiga C.F. O equipo de Kevin e Roberto comezaba con este encontro a Segunda Fase da Liga Prebenxamín. O encontro estive cheo de emoción durante os 50 minutos, xogando os dous equipos a un gran nivel e deixando momentos de bo fútbol. A premisa que buscaba a Federación con este novo sistema de liga, parece que se logrou, xa que a igualdade estivo bastante presente durante todo o partido.
Abriu o marcador Xoel, facendo o primeiro no minuto 22. Este gol, foi un duro golpe para os locais, que aguantaran moi ben durante a primeira parte do encontro. Pero nestes 3 seguintes minutos, Iago facía un doblete que poñía o 0-3 no marcador.
Xa na segunda parte, Sergio acortaba para os locais poñéndolle emoción ao partido, pero no 37 Roi facía un definitivo 1-4 que lle daba a victoria aos nosos Pres.
Bo traballo de todos os xogadores, boa aportación de todos e unha victoria merecida. A seguir traballando nesta liña!!

FICHA TÉCNICA

Céltiga C.F.: Carlos, Xabi, Rodrigo, Unai, Gael, Gustavo, Sergio, Iker, Adrián, Samuel e Dani.
Moraña C.F.: Roi, Joel, Iago, Xoel, Fernando, Antón, Aarón, Mario e Marcos.
Goles: 0-1 Xoel (min. 22); 0-2 Iago (min. 23); 0-3 Iago (min. 24); 1-3 Sergio (min. 29); 1-4 Roi (min. 37).

Benxamíns 4 – 1 C.D. Bueu

e505e5f4-00c7-47c6-a30c-18ecd60f1dabTamén comezaban a súa Segunda Fase da Liga os Benxamíns, recibindo neste caso na mañán do domingo ao C.D. Bueu no Buelo. Os rapaces de Eloy xogaron a bo nivel, tendo o control do partido e xerando perigo en cada achegamento á portería contraria. Ao igual que aconteceu cos Prebenxamíns, bo resultado deste sistema de segunda fase, que fixo que se vira un encontro disputado e no que as diferenzas eran mínimas e só os pequenos detalles permitían as distancias.
Adiantou aos nosos Lucas no minuto 7, aumentando a conta David no minuto seguinte. Fixo o pequeno xogador morañés o seu doblete personal facendo o 3-0 co que se ía para o descanso no minuto 8.
Nos segundos 25 minutos, o ritmo de xogo baixou un pouco, e só vimos dous goles, obra de Hugo Vázquez para o Moraña no 46 e de Hugo Piñeiro no 49 para pechar o marcador co definitivo 4-1. Bo traballo dos nosos Benxamíns, paso adiante na súa evolución. A seguir traballando.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Rubén, Hugo, Xabi, Aitor, Lucas, Anxo, Alex, David, Darío Maceiras, Darío Redondo, Ethan e Jonathan.
C.D. Bueu: Jaun, Cristian, Gabriel, Xavier, Mario, Iago, Álvaro, Hugo, Lucas e Tomás
Goles: 1-0 Lucas (min. 7); 2-0 David (min. 8); 3-‘ David (min. 12); 4-0 Hugo (min. 46); 4-1 Hugo (min. 49)

Barro C.F. 1 – 11 Alevíns

Os Alevíns xogaban o seu derradeiro partido da Primeira Fase da Liga Alevín, visitando en Outeiro Perdecanai ao Barro C.F. nun encontro que dominaron en todo momento. Pese as varias baixas morañesas, Juan poido contar cun plantel competitivo, que sacou o encontro adiante e se fixo cos derradeiros 3 puntos en liza que quedaban neste tramo do campionato.
Os nosos fixeron ata 11 goles, abrindo a lata David no primeiro minuto, facendo Abel o segundo no minuto 8 e recurtando Héctor no 10. A partir deste 1-2, os nosos lanzáronse ao ataque con todo, e acadaron máis goles que pecharon o resultado no definitivo 1-11.
Bo traballo dos Alevíns nesta primeira parte da Liga. A agardar agora o sorteo da segunda fase, na que veremos partidos moi interesantes e intensos. A preparar esta segunda parte da liga con toda a intensidade!
En canto se teña o Calendario desta segunda fase, farase público a través da web do Clube.

FICHA TÉCNICA

Barro C.F.: Javier, Marcos, Ángel, Mehdi, Luís, Ramón, Gabriel, Iago, Julio, Pedro, Víctor, Martín, Fran e Dani.
Moraña C.F.: Brais, Álvaro, Pablo, Abel, Jorge, David, Aday, Raúl, Sergio e André.
Goles: David (4), Sergio (2), Abel (2), Aday, Álvaro e Pablo. Polo Barro marcou Héctor.

Infantiles 2 – 1 Caldas C.F.

65f2cdfd-643b-4466-a78c-4e8ace8e7fb8Un dos platos fortes desta fin de semana era o derbi que xogaban na mañán do domingo en O Buelo os Infantiles ante o Caldas C.F. Os rapaces de Alberto, que viñan de perder ante o líder a semana pasada, debían vencer para non perder comba cos postos altos da Clasificación. E, con moito esforzo, así o lograron.
Ao igual que acontecera no amigable que estes dous equipos xogaron en pretempada, o encontro estivo marcado por unha gran igualdade, e só os pequenos detalles fixeron que os nosos fosen quen de facerse cos puntos.
Adiantáronse primeiro os caldenses, cun gol de Antón no minuto 12 nunha xogada formada dende o inicio. Saque do porteiro en largo, control do centrocampista que lle pon o balón a Antón que tras irse da defensa e encarar a Iván, facía o primeiro. Non baixaron os brazos os nosos con este gol e seguiron pelexando. Este traballo deu os seus frutos, logrando o empate no 33 cun auténtico golazo: xogada de contraataque lanzada por banda esquerda, centro preciso de Pereira e Raúl de primeiras adentro. Quedaba pouco para o descanso, pero os nosos quixeron dar un golpe xusto antes do pitido. Outra asistencia de Pereira en apertura á banda de Pablo Fraga, que entra en diagonal e marca o 2-1, un gol dos coñecidos como «sicolóxicos» xa que case acto seguido tocaba ir aos vestiarios para o descanso.
Nos segundos 40 minutos, o encontro seguiu nesa liña de igualdade, con cambios polas dúas partes para reforzar zonas, probar cousas distintas… pero ao final dos 80 minutos o marcador non se moveu, e 3 puntos importantísimos que se quedan en Moraña. Noraboa a estes dous equipos polo gran encontro que nos permitiron ver, ánimo aos dous e a seguir pelexando nesta igualada Liga.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Iván (Óscar, min. 41), Isma, Jonathan (Lucas, min. , Rubén (Domi, min. 50), Pablo Fraga (Javi, min. 74), Pereira, Juanma (Álex, min. 41), Amestoy, Dani e Anxo.
Caldas C.F.: Antón (Ángel, min. 59).Álvaro (Pablo, min. 73), Rodrigo, Pedro, Alejandro (Raul, min. 46), Carlos, Otero, Alejandro García, Carlos García, Dani (Anxo, min. 73) e Pedro (Nico, min. 59),
Goles: 0-1 Antón (min. 12); 1-1 Raúl (min. 33); 2-1 Pablo Fraga (min. 39)

S.D. Chispa 3 – 3 Cadetes

Os Cadetes volveron a ser os máis madrugadores da fin de semana, viaxando a Monte Redondo para enfrontarse ao Chispa. Un auténtico festival de goles foi o que viviron os espectadores deste encontro, no que os rapaces de Alberto Durán volveron a deixar ben claro que son uns auténticos xogadorazos e que compiten ata o final sen baixar os brazos.
Púxoselle o encontro moi costa arriba aos nosos cadetes, que chegaron ao descanso 2-0 por debaixo no marcador cos goles de Andrés no minuto 8 e Ramiro case co pitido do descanso. A charla deste receso foi efectiva, xa que os nosos saíron con forzas renovadas a este segundo acto, lográndolle dar a volta ao encontro e poñéndose en disposición de levarse os puntos. Isma no 47, Dani no 51 e Andrés no 67 poñían un 2-3 a favor dos morañeses, pero no último tramo, Joaquín poñía a igualada no minuto 74, poñendo táboas no marcador.
Ao final do encontro, reparto de puntos entre os dous equipos e boas sensacións para ambos. Dos nosos volvemos a recalcar o espíritu de loita e de competición que mantiveron durante todo o encontro. A seguir nesta liña!!

FICHA TÉCNICA

S.D. Chispa: Adri, David, Andrés (Dani, min. 50), Ramiro, Joaquín, Touriño, Fran, Ángel, Juanma, Álvaro e Pablo (Martín, min. 65).
Moraña C.F.: Jorge, Isma Fernández, Pablo Sende, Andrés, David, Dani, Manu Sayáns, Pablo González, Pablo Ares, Isma Escariz e Fernando.
Goles: 1-0 Andrés (min. 8) 2-0 Ramiro (min. 39); 2-1 Isma (min. 47); 2-2 Dani (min. 51); 2-3 Andrés (min. 67); 3-3 Joaquín (min. 74).

Xuveniles 2 – 0 U.S.D. Grove «B»

f97d745a-e0e2-4ccb-ad86-b4c15bad785fOs Xuveniles venceron na mañán do sábado ao U.S.D. Grove «B» nun igualadísimo encontro que só se decidiu nos instantes finais grazas a un doblete de Carlitos. Os rapaces de Celsiño Diz sairon ao encontro con moi boa actitude e pelexando durante todo o encontro, pero o rival non daba facilidades. A intensidade do encontro foi moi alta, deixando momentos de bo fútbol e ocasións para os dous equipos, pero o marcador non se daba movido. Inquedaban os nosos en xogadas combinativas, e os visitantes sobre todo con moito perigo no balón parado.

Foi no último intre, cando o partido parecía encamiñado ao reparto de puntos, cando apareceu Carlitos para abrir a lata no minuto 77 cun gran gol. Esto non pechaba o encontro, xa que a distancia era moi curta, pero o dianteiro de Cuntis logrou sellar cun doblete a victoria morañesa neste difícil partido.

Bo paso adiante dos xuveniles, a seguir pelexando e medrando como equipo.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Manu Carracedo, Raúl, Jorge, Iago, Adrián, Martín (Giao, min. 81), Ferro (Héctor, min. 80), Reboredo (Gabriel, min. 67), Carlitos, Abalo (min. 17, Javi) e Xian.
U.S.D. Grove «B»: Bernardo, David, Victor (Esteban, min. 46), Álvaro (Borja, min. 51), Santiago, Brais, Gabriel (Junior, min. 71), Samu, Manuel, Anthony, Luis.
Goles: 1-0 Carlitos (min. 77); 2-0 Carlitos (min. 79).

Compárteo!

Deixa un Comentario