Aquí os deixamos toda a información dos encontros xogados pola distintas categorías do Fútbol Base do Moraña C.F. nesta fin de semana.

Caldas C.F. 4-6 Biberóns

c2d61c3d-eab5-48da-a7eb-f541fbc80f9aOs nosos Biberóns xogaron na tarde do venres no Pavillón de Caldas o seu primeiro partido amigable do ano. Os pequenos que adestran Roberto e máis Álex desfrutaron dun gran partido que para moitos dos xogadores era o primeiro da súa vida deportiva. O resultado foi de 4 a 6 para os nosos, un festival de goles que fixo as delicias de todos os asistentes.
Agora a seguir traballando e a preparar o próximo amigable que se xogará este sábado.

FICHA TÉCNICA

Xogaron: Lucas, Jorge, Dani, Iago, Héctor, Hugo, Alba, Saúl, Anxo e Hugo.

Infantiles 3 – 2 E.D. Poio

f02c6814-6c26-4078-b49d-41a32b8861c5Partido dos que fan afección na mañá do sábado por parte dos Infantiles. Visitaba o Buelo un dos rivales máis duros da liga, e os rapaces de Alberto tiñan un reto moi difícil enriba da mesa.
Máis complicado se puxo este reto cando os visitantes se puxeron cun claro 0-2 no marcador, cos goles de Diego que bate a Óscar no man a man (minuto 20) e Jose Manuel, cun remate picado tras un saque de esquina (minuto 30). Foi aquí cando chegou a reacción dos nosos, que lles fixo sacar adiante o encontro. A chave estivo en que xusto antes do descanso, case co pitido, Álex acurtaba distancia aproveitando un centro dende a banda esquerda e rematando á reviravolta. Este 1-2 deixaba todo aberto para a segunda parte.
Tralo paso polos vestiarios, os nosos saíron cunha marcha máis, e acadaron o empate no 62, obra de Pablo Fraga que aproveita o rexeite do porteiro tras un forte disparo de Domi. Parecía que o encontro ía a pecharse en empate, pero por unha vez, no último suspiro os Infantiles rescataron dous puntos case co pitido final. Repetiron neste gol os protagonistas do segundo: centro de Rubén Souto, remate de Domi, rexeite do porteiro e Pablo Fraga que no minuto 80 facía o definitivo 3-2. Victoria moi importante, puntos que saben moi ben polo sufridos e paso adiante dos infantiles nesta liga. A seguir así!!

FICHA TÉCNICA

MORAÑA C.F.: Óscar, Isma, Isaac (Yoel, min. 53, Rubén (Amestoy, min. 49), Domi, Pablo, Pereira, Raúl (Javi, min. 56), Alex (Rubén Souto, min. 70), Dani e Anxo.
E.D. POIO: David (Mateo, min. 60), Jose, Josue, Samu, Alex, Pedro (Manuel, min. 70), Cesar (Alberto, min. 65), Jose Manuel, Diego, Hugo (Brian, min. 70) e Javi.

GOLES:
0-1 Diego (min. 20); 0-2 Jose Manuel (min. 30); 1-2 Álex (min. 40); 2-2 Pablo Fraga (min. 62); 3-2 Pablo Fraga (min.80)

Benxamíns 0 – 3 C.D. Ribadumia

6c9ae23b-8e19-4c54-a9ea-703ef415ca62Derrota bastante inxusta a que sufriron a nosa categoría Benxamín, que fixo méritos para sacar máis deste encontro. Os nosos xogaron un bo partido en liñas xerais, con momentos de moi bo fútbol, pero ante un rival que estivo moito máis acertado de cara a gol, e que fixo dos seus únicos tres tiros a porta, tres goles.
Bo traballo dos Benxamíns, que paso a paso van medrando como equipo. A seguir traballando!!

FICHA TÉCNICA

MORAÑA C.F.: Rubén, Pablo Montáns, Hugo, Xabi, Lucas, Anxo, Aleixo, David, Iker, Aitor, Nico, Darío M., Darío R. e Ethan.
C.D. RIBADUMIA: Yago, Joaquín, Luis, Manuel, Anxo, Lucas, Rubén, Antonio, Aldara, Sergio, Mateo e Pablo.

GOLES:
0-1 Rubén (min. 19); 0-2 Mateo (min. 20): 0-3 Anxo (min. 28)

Prebenxamíns 0 – 7 Atl. Cuntis

de0ccb9e-9d45-4ea1-a742-2a2eda46154dOs Pres caeron na casa ante o Atlético Cuntis nun encontro no que non estiveron ao seu mellor nivel e no que se enfrontaban a un gran equipo. Ao descanso os nosos aguantaron o tirón, caendo só por 0-3, pero nos segundos 25 minutos o Cuntis fixo 4 goles máis para deixar a conta no definitivo 0-7.
A levantarse e a seguir traballando!

FICHA TÉCNICA

MORAÑA C.F.: Marcos, Aarón, Joel, Iago, Xoel, Fernando, Mauro, Mario, Roio, Antón, Rubén e Lois.
ATL. CUNTIS: Xabi, Hugo, Fabio, Iker, Carlos, Andrés, Mateo, Mario, Parra, Borja e Alberto.
Goles: Mario (2), Mateo (3), Fabio (3).

Atl. Cuntis 4 – 1 Cadetes

Os Cadetes viaxaron na mañán do domingo á Ran, para enfrontarse ao Atlético Cuntis. Os rapaces de Alberto Durán xogaron a un bo nivel, eso a pesares de ter que reforzarse con 3 xogadores infantiles que aportaron moito a pesares do cansazo do encontro do día anterior. Adiantouse o Cuntis por medio de Touceda xusto antes do descanso (minuto 39).
Na reanudación, Adrián puxo o 2-0 no 50. Pablo Ares daba esperanzas aos nosos, recortando co 2-1 no 69. Lanzáronse os nosos a polo empate con todas as súas enerxías, pero nestes últimos minutos Manuel no 74 e Alejandro no 80 puxeron o definitivo 4-1.
Bo traballo e gran esforzo destes xogadores. A seguir traballando con este ánimo e enerxía!!

FICHA TÉCNICA

MORAÑA C.F.: Marcos, Aarón, Joel, Iago, Xoel, Fernando, Mauro, Mario, Roio, Antón, Rubén e Lois.
ATL. CUNTIS: Xabi, Hugo, Fabio, Iker, Carlos, Andrés, Mateo, Mario, Parra, Borja e Alberto.
Goles: 0-1 Touceda (min.39); 2-0 Adrián (min. 50); 2-1 Pablo Ares (min. 69); 3-1 Manuel (min. 74); 4-1 Alejandro (min. 80).

Alevíns 2 – 3 Céltiga C.F.

A xornada do fútbol base pechábase cun encontro moi interesante, entre o noso alevín e o do Céltiga. O encontro non defraudou, con bo xogo e ocasións polos dous bandos. Pero a mala sorte cebouse cos morañeses, que levaron o peso do encontro e xeraron moitísimo perigo. Ata 3 balóns se estrelaron nos paos rivais, e varias ocasións claras foron erradas. Foron moito máis efectivos os da Illa, que fixeron gol nas ocasións que tiveron.

Primeira derrota dos Alevíns, a seguir traballando!!

FICHA TÉCNICA

MORAÑA C.F.: André, Damián, Álvaro, Sergio, Pablo, Mateo, Abel, David, Brais, Saúl, Jorge, Aday, Raúl e Gael.
CÉLTIGA F.C.: César, Pablo, Iker, Álex, Gabriel, Xavi, Cristian, Pablo, Rubén, Hermida e Tania.
Goles: 1-0 David (min. 7); 1-1 Rubén (min. 19); 1-2 Cristian (min. 37);1-3 Rubén (min. 42); 2-3 Sergio (min. 45)

Compárteo!

Comentarios Pechados.