E.D. Poio 0 – 3 Biberóns

Unha nova xornada dos nosos peques na Liga de Poio e partidazo dos bibes, con moitas ocasións de gol pero na que a pelota non queria entrar. Finalmente conseguÍronse 3 goles. Tamén un gran traballo defensivo na que a E.D. Poio só puido chegar un par de veces e que Lucas detivo sin problemas. Cabe destacar que o Poio tiña un equipo con nenos máis noviños e con menos experiencia. Gran traballo e a seguir así.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Lucas, Manu, Xabi, Xoel, Erik, Dylan, Iñaki e Gabi

Goles: Xoel (2) e Manu.

C.D. Ribadumia 7 – 0 Prebenxamíns

Os Prebenxamíns viaxaron á Senra na tarde de hoxe con moitas baixas para enfrontarse ao C.D. Ribadumia en encontro ligueiro. Os nosos pelexaron canto puideron, pero os locais, tras uns primeiros minutos igualados tomaron vantaxe dende o cuarto de hora. Elías facía o 1-0, poñendo Méndez e Cao un claro 3-0 ao descanso.

Na segunda metade, un Ribadumia con moitos cambios estivo moito máis fresco para aumentar a vantaxe ata o 7-0 definitivo. A seguir!!

Ficha técnica

C.D. Ribadumia.: Hugo, Lucas, Iago, Rodri, Méndez, Cao, Uriel, Luisa, Pazos, Ángel, Pablo, Víctor, Borja e Elías.

Moraña C.F.: Breixo, Xurxo, Iago, Dani, Diego Arzúa, Diego Torres, Breixo Oubiña e Héctor.

Goles: 1-0 Elías (min. 15); 2-0 Méndez (min. 17); 3-0 Cao (min. 19); 4-0 Luisa (min. 28); 5-0 Méndez; 6-0 Ángel (min. 39); 7-0 Pablo (min. 46).

Benxamíns 6 – 3 S.C.D. Salcedo

No Buelo, os Benxamíns recibían á S.C.D. Salcedo. Un encontro con alternativas para os dous equipos, pero que se resolveu na segunda metade. Adiantáronse os visitantes, con gol de Alberto no minuto 7, pero a reacción local foi case inmediata, ao empatar Pablo no minuto 9. No 15, Lois poñía de novo ao Salcedo por diante, pero Mario con dous goles case seguidos poñía en vantaxe aos nosos por 3-2. Mateo no 32 poñía o 4-2, Mario aumentaba no 39 e Pablo no 45 facía o 6-2. Case co pitido final, Alberto pechaba o seu doblete para deixar o marcador no 6-3 final. Bo traballo!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Antón Alfonsín, Joel, Pablo, Pedro, Mario, Fernando, Mateo, Aarón, Roi e Antón Bernárdez.

S.C.D. Salcedo:  Adri, Dani, Lois, Alberto, Xian, Hugo, Noa, Alejandro, Manu, Borja e Juan.

Goles: 0-1 Alberto (min. 7); 1-1 Pablo (min. 9); 1-2 Lois (min. 15); 2-2 Mario (min. 21); 3-2 Mario (min. 23); 4-2 Mateo (min. 32); 5-2 Mario (min. 39); 6-2 Pablo (min. 45); 6-3 Alberto (min. 49).

Pontevedra C.F. 6 – 0 Alevíns

Os Alevíns xogaron na Xunqueira 2 na tarde do sábado ante o Pontevedra C.F. o seu encontro ligueiro. Os nosos aguantaron case unha hora ante os pontevedreses, pero no tramo final os locais lograron cobrar distancia. En dous minutos, Lucas fixo un doblete (no 53 e 54), aumentando a vantaxe Nico no 58. A vantaxe local aumentou ata o 6-0 definitivo neste tramo final. Ánimo e a seguir pelexando!!

Ficha técnica

Pontevedra C.F.: Adrián, Antonio, Augusto, Jacobo, Nico, Yago, David, Lucas, Moisés, Jaime, André, Iago, Ulises, Kian e Xavi.

Moraña C.F.: Darío Leboso, Ethan, Pablo, Xabi, Anxo, Aitor, Yosi, Rubén, Hugo, Aleixo, Miguel, Óscar, Nico, Darío Redondo e Iker.

Goles: 1-0 Lucas (min. 53); 2-0 Lucas (min. 54); 3-0 Nico (min. 58); 4-0 David, penalty (min. 61); 5-0 Iago (min. 65); 6-0 Andre (min. 69).

S.C.D. Puentecaldelas 5 – 1 Infantiles

Viaxe dos infantiles a Chan da Barcia para enfrontarse á S.C.D. Puentecaldelas. Os nosos viaxaban cos 11 xustos para este encontro, pero pelexaron durante os 80 minutos polos puntos. Adiantouse moi cedo o Puentecaldelas, pormedio de Pablo no minuto 2. Mateo no 27, aumentaba a vantaxe ao 2-0. Raúl, antes do descanso deixaba o encontro aberto, co 2-1.

Na segunda metade, os locais puxeron máis terra de por medio co gol de Pablo no 60. Javi e Cristian nos últimos 10 minutos confirmaron a victoria local, deixando o marcador final en 5-1. A seguir traballando!!

Ficha técnica

S.C.D. Puentecaldelas: Juan, Jemal, Lucía, Cristian, Carlos, Dani, Mateo, Diego, Javi, Pablo, Iván, David e Marta.

Moraña C.F.: André, Saúl, Damián, Álvaro, Sergio, Pablo, Abel, Jorge, David, Joel e Raúl.

Goles: 1-0 Pablo (min. 2); 2-0 Mateo (min. 27); 2-1 Raúl (min. 31); 3-1 Pablo (min. 60); 4-1 Javi (min. 70); 5-1 Cristian (min 77).

Cadetes 6 – 1 Xuv. Sanxenxo

No Buelo, os Cadetes recibiron na mañán do Sábado aos Xuv. Sanxenxo en encontro ligueiro. Os nosos xogaron de novo a un gran nivel, e non lle deron opcións aos visitantes. Álex abriu a lata no minuto 20, poñendo máis distancia antes do descanso cos goles de Pereira (min. 26) e Isma (min. 38. Este 3-0 foi o resultado ao descanso.

Na segunda metade, o Moraña non baixou o pistón e por medio de Edu e Pereira por dúas veces, puxeron un claro 6-0 a falta de 10 minutos. O Sanxenxo marcou no 74 o último gol que deixaba o electrónico no definitivo 6-1. Noraboa!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Iván, Isma, Anxo, Dani Fontán, Lucas, Rubén, Edu, Álex, Pereira, Domi e Jonathan. Tamén xogaron Óscar, Amestoy e Javi.

Xuv. Sanxenxo.: Nico, Óscar, Brais, Álvaro, Sergio. Alex, Hernan, Álvaro, Jon, Marcos e Alejandro. Tamén xogaron Cristian.

Goles: 1-0 Álex (min. 20); 2-0 Pereira (min. 26); 3-0 Isma (min. 38); 4-0 Edu (min. 47); 5-0 Pereira (min. 55); 6-0 Pereira (min. 71); 6-1 Jon (min. 74).

Compárteo!

Deixa un Comentario