Deixamos aquí todos os resumos dos partidos xogados polos nosos equipos da base esta fin de semana.

Atl Cuntis 2 – 8 Biberóns

50223b8f-8900-46cf-a39e-829dabd6c2abOs nosos biberóns xogaron un novo amigable, devolvéndolle a visita de fai 15 días ao Atl. Cuntis de cara a preparar a Liga de Poio que comezarán no mes de Decembro. Os rapaces de Álex Casal viaxaron ao pavillón de Cuntis con moita ilusión e xogaron un bo partido, no que se siguen a ver pequenos pasos que afianzan o desenvolvemento destes cativos. O resultado, que neste caso é o de menos foi de 2-8.
Bo traballo de todos os nosos Bibes, a seguir nesta liña!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Saul, Lucas, Jorge, Hugo Moure, Anxo, Iago, Saul, Hugo De La Torre, Fabio e Héctor.
Goles: Saúl (6), Iago e Lucas.

Prebenxamíns 4 – 3 Caldas C.F.

c9042ebf-a2b5-4e59-a851-ec1b8e9f1193Os Prebenxamíns tamén xogaron un apaixoante derbi na mañán do domingo, aínda que eles o fixeron ante o Caldas C.F. Os rapaces de Kevin e Roberto xogaron a un gran nivel, nun día moi desapacible no que os peques dos dous equipos se portaron como auténticos valientes para loitar contra o mal tempo.
O encontro estivo moi igualado, con contínuas oportunidades para os dous equipos. Adiantouse o Caldas no minuto 6 por medio de Matías. Saúl logrou a igualada no 22, e con este empate se foi ao descanso. Houbo que esperar aos segundos 25 minutos para ver goles, e ata 5 se viron nesta parte. O Moraña puxo terra de por medio con goles de Xoel, Iago e Fernando, o que lle poñía as cousas difíciles aos visitantes. Éstes non baixaron os brazos e puxéronlle emoción ata o final ao encontro, cun doblete de Álex no 44 e no 48 que fixo que os últimos minutos fosen moi emocionantes.
Co pitido final, 4-3 para o Moraña e queda pechada esta primeira fase da Liga Prebenxamín.
Procederase agora ao sorteo da segunda fase, da que teremos calendario en breve.
Moito ánimo e a seguir traballando!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Marcos, Aarón, Joel, Iago, Xoel, Fernando, Mauro, Mario, Antón, Saúl e Lois.
Caldas C.F.: Alexandre, Fabio, Yerai, Matías, Antón, Mateo, Gabriel, Álex, Antón L., Asier e Abel.
Goles: 0-1 Matías (min. 6); 1-1 Saúl (min. 22); 2-1 Xoel (min. 29); 3-1 Iago (min. 33); 4-1 Fernando (min. 35); 4-2 Álex (min 44.); 4-3 Álex (min. 48)

Umia C.F. 12 – 1 Benxamíns

56b81ca1-6bb3-4967-9032-401c4c9c0353Os Benxamíns pecharon a primeira fase da súa Liga viaxando a Barrantes, para enfrontarse ao Umia C.F. Nun partido moi condicionado polo físico, no que os locais eran claramente superiores, os nosos Benxas pelexaron canto puideron para tentar sacar o partido adiante.
Non puideron ante un rival tan forte, que vencía no descanso por unha cómoda vantaxe e que pechou o encontro cunha derrota por 12 goles a 1. Agora a esperar o sorteo da segunda fase da Liga e a seguir preparándoa con ilusión. Moito ánimo!!

FICHA TÉCNICA

Umia C.F.: David, Pablo Nine, César, Pelayo, Aarón, Mateo, Pablo, Mario, Trigo, Alejandro.
Moraña C.F.: Rubén, Hugo, Xabi, Iker, Aitor, Anxo, David, Aleixo, Pablo Montáns, Lucas, Jonathan, Alexandre, Nico e Darío.
Goles: Aarón (4), Pablo (2), Alejandro (2), Trigo, Pablo Nine, e p.p. Polo Moraña, David.

Mosteiro C.D. 0 – 13 Alevíns

5ecfe19b-2ac6-4296-8266-37a73c3fae67Os Alevíns tamén xogaron o derradeiro encontro da primeira fase da Liga enfrontándose ao Mosteiro. Os nosos rapaces xogaron a gran nivel, e froito dese traballo pecharon pronto o partido. Os rapaces de Juan traballaron ben en conxunto, repartindo os esforzos entre toda a plantilla e con boa participación de todos os xogadores. Ao final dos 50 minutos, o marcador foi de 0 a 13.
Agora a agardar o sorteo para ter xa calendario e rivais desta segunda fase da liga.
A seguir traballando!!!

FICHA TÉCNICA

Mosteiro C.D.: Manuel, Pedro, Víctor, Cores, Juan, Antón, Iván, Manuel Cores, Iván, Irene, Xavi.
Moraña C.F.: André, Damián, Álvaro, Sergio, Pablo, Mateo, Abel, Aday, Saúl, Jorge e Raúl.
Goles: Damián (3), Mateo (2), Aday, Sergio (2), Pablo, Abel, Álvaro, Saúl e p.p.

S.D. Noalla 1 – 1 Cadetes

Os Cadetes viaxaron na mañán do sábado ben cedo á Lanzada, para enfrontarse ao Noalla S.D. nun interesante e igualado encontro. Os nosos xogaron un bo partido en liñas xerais, ao que lle faltou un chisco de sorte para traer os 3 puntos para Moraña. Adiantáronse os locais no minuto 21, con gol de Lucas. Fixo a igualada Pablo González, ao transformar un penalti no 29. E pese a que houbo ocasións para os dous equipos, non se conseguiu mover o electrónico, e ao final dos 80 minutos reparto de puntos.
Bo traballo dos Cadetes, a seguir traballando e a dalo todo!!

FICHA TÉCNICA

S.D. Noalla: Adrián, Christian, Sergio, Lucas, Jose, Angel, Yago, Vieitez, Buceta, Iván e David.
Moraña C.F.: Jorge, Alex, Sende, Andrés, Raúl (Rubén, min. 67), Isma, David, Dani (Fernando, min. 40), Manu Sayáns (Pablo Ares, min. 60), Pablo González (Pedro, min. 75), Isma Escariz.
Goles: 1-0 Lucas (min.21); 1-1 Pablo González (min. 29, penalti).

Xuveniles 0 – 4 E.D. Poio

Os Xuveniles xogaron na tarde do sábado ante a E.D. Poio, que se mostrou superior na maior parte do encontro. O equipo de Celsiño, lastrado polas baixas, competiu o que pudo ante un rival que lle puxo as cousas moi difíciles. Abriu o marcador Yacobo no minuto 24, e este mesmo xogador puxo o segundo nun momento psicolóxico, xusto antes do descanso (minuto 43).
Trataron de correxir cousas no descanso os nosos, pero non lograron reaccionar, e a E.D. Poio fixo dous goles máis na reanudación, obra de Álex e Christan que pechaban o definitivo 0-4.
Ánimo e a seguir traballando!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Manu, Jorge, Iago, Adri, Martín, Gabriel, Jorge, Héctor (Alejandro, min. 63), Raúl, Abalo (Giao, min. 55), Xián.
E.D. Poio: Brian, Tomas, Miguel (Christian, min. 58), Dani, Jonathan, Francisco, Enrique, Manuel, Yacobo, Andrés, Alex R. (Dani, min. 60)
Goles: 0-1 Yacobo (min. 24); 0-2 Yacobo (min. 43); 0-3 Alex R. (min. 56); 0-4 Christian (min. 63)

Compárteo!

Comentarios Pechados.