Biberóns 0 – 2 Salcedo

Os Biberóns xogaron na tarde do sábado un encontro adiado ante o Salcedo.

Mal partido dos nosos sobre todo na primeira metade. Ao pouco de comezar, o Salcedo marcaba o primeiro. Os nosos intentaban a igualada pero na que non saian as cousas. O Salcedo dispuxo dun par de ocasións que non conseguiron materializar.

Na segunda metade os nosos saíron mellor tendo unhas cantas ocasións de gol, pero que o porteiro conseguiu deter. Nun roubo no medio do campo o Salcedo saíu rápido e marcou. Os nosos seguirono tentando pero sin éxito.

A seguir aprendendo e sobre todo divertíndose.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Lucas, Manu, Xabi, Xoel, Erik, Dylan, Iñaki e Mauro.

Biberóns 0 – 6 A.D. Sagrado «B»

Na mañán do sábado, tocaba xogar en Poio ante a A.D. Sagrado «B». Os nosos sairon forte pero non lograron marcar, o Sagrado marca e os peques viñeronse abaixo e cunha presión moi alta a saída de balón conseguiron marcar 3 mais antes do descanso.
O Moraña saiu máis enchufado pero sin xerar perigo na portería rival, pero Sagrado foi quen de marcar nun par de ocasións máis antes do final.
Moito ánimo bibes.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Lucas, Manu, Xabi, Xoel, Erik, Dylan, Iñaki, Gabi e Mauro.

INDEPO C.F. 4 – 0 Prebenxamíns

Visita dos nosos Pres ao Príncipe Felipe para enfrontarse ao INDEPO C.F. Un novo encontro ligueiro no que os nosos pelexaron moi ben os primeiros 25 minutos, pero que acusaron o cansancio na segunda metade. Adiantouse cedo o INDEPO, por medio de Nil no minuto 2, sendo este o único gol da primeira parte. Na segunda, os pontevedreses foron superiores, e co doblete de Marco e o gol de Enrique, certificaron a súa victoria por 4-0. A seguir traballando!

Ficha técnica

INDEPO C.F.: Miguel, Saúl, Marco, Enrique, Iván, Nil, Hugo, Aitor, Andrea, Álex e Gorka..

Moraña C.F.: Saúl, Xurxo, Iago, Lucas, Dani, Diego Torres, Breixo Oubiña, Héctor, Breixo Ferrín,  e Diego Arzúa.

Goles: 1-0 Nil (min. 2); 2-0 Marco (min. 34); 3-0 Enrique (min. 38); 4-0 Marco (min. 43).

U.S.D. O Grove 9 – 2 Benxamíns

Viaxe longo dos Benxamíns, que xogaron en Monte da Vila ante a U.S.D. O Grove. Un encontro cheo de goles, no que os locais se adiantaron no primeiro minuto, reaccionando os nosos no 12. Pero tras este 1-1, o Grove marcou a pauta no encontro, facendo goles e ocasións e poñendo vantaxe no electrónico ata o 9-1. Case no pitido final, Pablo facía o segundo dos nosos, deixando o marcador no definitivo 9-2. Ánimo e a seguir!

Ficha técnica

U.S.D. O Grove.:  Estevo, Niko, Yago, Hugo, Anxo, Xabi, Breixo, Roy, Lucas, Yago, Xabi, Santi, Nasir e Iker.

Moraña C.F.:  Antón Alfonsín, Joel, Pablo, Mario, Fer, Mateo, Aarón, Roi e Antón Bernárdez

Goles: 1-0 Anxo (min. 1); 1-1 Mario (min. 12); 2-1 Yago (min. 13); Anxo (min. 18); 4-1 Breixo (min. 23); 5-1 Yago (min. 26); 6-1 Yago (min. 34); 7-1 Roy (min. 34); 8-1 Estevo (min. 43); 9-1 Estevo (min. 46); 9-2 Pablo (min. 48).

Juv. Cambados «B» 8 – 0 Alevíns

Visita dos Alevíns ao Pombal, para enfrontarse ao Juv. Cambados. Un encontro no que os locais foron superiores e levaron o peso do encontro. Os nosos, traballaron a reo, pero o Cambados logrou ir ao descanso con vantaxe de 3-0, que se ampliou ata o 8-0 definitivo na segunda parte. A seguir rapaces!!

Ficha técnica

Juv. Cambados «B»:  Mateo, Pablo, Martín, Pablo, Manu, Guiller, Iván, Lucas, Alberto, Santiago, Xurxo, Gabriel Viñas, Gabriel Vieites e Mauro.

Moraña C.F.:  Darío Leboso, Ethan, Xabi, Anxo, Aitor, Yosi, Rubén, Hugo, Aleixo, Nico, Miguel, Óscar, Iker, Jonathan.

Goles: Martín, Manu, Santiago (3), Xurxo (2) e Gabriel.

Infantiles  5 – 1 Salgueiriños C.F. «B»

Os Infantiles foron quen de sacar os puntos no seu encontro ante o Salgueiriños C.F. «B» no Buelo, nun partido que se definiu no tramo final. Adiantáronse os nosos, con gol de Hugo no minuto 23. Álvaro puxo máis vantaxe no 30, pero antes do descanso, César poñía emoción co 2-1. Tivemos que agardar ata o último cuarto de partido para lograr a tranquilidade. David puxo o 3-1 no 62 que daba moitas opcións, pero cos goles de Joel e Mateo case no final, o marcador final quedou en 5-1. Noraboa!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  André, Saúl, Álvaro, Sergio, Pablo, Mateo, Abel, Jorge, David, Hugo, Aday, Alejandro, Joel e Marta.

Salgueiriños C.F. «B»:  Hugo, Rodri, Álvaro, Pablo, Nico, Xurxo, Germán, Raúl, Manu, César, Jorge, Manu Veiras, Pablo, Maximo, Mateo e Alexandre.

Goles: 1-0 Hugo (min. 23); 2-0 Álvaro (min. 30); 2-1 César (min. 35); 3-1 David (min. 62); 4-1 Joel (min. 75); 5-1 Mateo (min. 79).

E.F. Cobres 2 – 3 Cadetes

Novo encontro ligueiro dos Cadetes, e novo partidazo, cheo de emoción e con remontada incluída. Comezou o Cobres por diante, cun gol tempraneiro no primeiro minuto. Álex logrou a igualada no minuto 12, e pese as ocasións, así se foi ao descanso.

Na segunda metade, Pereira poñía aos nosos por diante no 42, pero a reacción local era case inmediata, e Iván poñía o 2-2 no 49. As forzas estaban moi igualadas e o encontro podía caer de calquer lado, pero grazas ao gol de Edu no 71, os puntos viaxaron para Moraña. Noraboa!

Ficha técnica

E.F. Cobres.:  Fran, Pablo, Lucas, Iván, Anxo, Pedro, Arón, Yago, Diego, Brais e Campo. Tamén xogaron Joel, Iago, Álvaro, Raúl e Borja.

Moraña C.F.:  Óscar, Isma, Anxo, Dani, Lucas, Rubén, Edu, Álex, Pereira, David, Domi e Jonathan. Tamén xogaron Iván e Javi.

Goles: 1-0 Lucas (min. 1); 1-1 Álex (min. 12); 1-2 Pereira (min. 42); 2-2 Iván (min. 49); 2-3 Edu (min. 71).

Marín C.F. «B» 1 – 1 Xuveniles

Os Xuveniles viaxaron a San Pedro na mañán do domingo para enfrontarse ao Marín C.F. «B». Un encontro no que tivemos que agardar aos goles ata case o último minuto, xa que chegamos con 0-0 ata o 89. E en dous minutos, gol local de Aarón e empate de Álex, para certificar un empate no último suspiro.

Ficha técnica

Marín C.F. «B»: Jorge, Miguel, Pablo, David, Alex, Alboy, Dani, Roy, Sergio e Fervenza. Tamén xogaron Adonis, Jorge Correia, Jodi e Dani.

Moraña C.F.: Jorge, Pablo Sende, David, Alex, Alboy, Correia, Dani, Jodi, Sergio, González e Fervenza. Tamén xogaron Roy Elvis e Pedro.

Goles: 1-0 Aarón (min. 89); 1-1 Álex (min. 89).

Todas as imaxes deste encontro, neste enlace.

Compárteo!

Deixa un Comentario