Biberóns 5 – 1 Caldas C.F.

Os Biberóns adiantaron o encontro que ían a desputar na Liga de Poio ante os veciños do Caldas C.F. para este venres no Pavillón do Colexio. Un gran partido o que fixeron, no que dominaron claramente e case non permitiron ao Caldas xerar perigo na meta defendida por Lucas.

O primeiro gol foi obra de Xoel de penalti, marcando logo Xabi e Manu. Na segunda metade o Caldas chegou máis e tivo maís ocasións, pero Lucas tivo un par de paradas de mérito, incluso detendo un penalti. Manu firmou un hat-trick, e antes do final o Caldas fixo o seu gol. ¡A seguir así!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Lucas, Manu, Xabi, Xoel, Erik, Iñaki,Mauro e Gabi

Goles: Xoel, Xabi e Manu (3).

A.X.D. Verdugo 1 – 0 Moraña C.F.

Encontro igualadísimo o que xogaron os nosos Pres na Xunqueira de Pontesampaio ante a A.X.D. Verdugo. Os nosos mantiveron o ritmo e a pelexa alta para poder traer os puntos, pero un solitario gol de Iago a falta de 5 minutos ao que non puideron reaccionar deulle a victoria ao Verdugo. Bo traballo rapaces, a seguir así!

Ficha técnica

A.X.D. Verdugo: Simón, Gael, Mateo, Izan, Mikel, Aleixo, Mauro, Gabriel, Iago e Lola.

Moraña C.F.: Breixo Oubiña, Breixo Ferrín, Xurxo, Iago, Lucas, Dani, Hiego, Héctor, Alba e Saúl.

Goles: 1-0 Iago (min. 45).

Benxamíns 5 – 3 F.C. Cruceiro

Desputadísimo o encontro dos Benxamíns, que recibían no Buelo ao F.C. Cruceiro en encontro de Liga. Un partido no que houbo opcións para os dous equipos, pero que finalmente acabou do noso lado. Adiantáronse os visitantes no minuto 8 con gol de Xan, pero no antes do descanso Fernando e Mario poñían ao Moraña en vantaxe. Tralo descanso, Mario poñía máis distancia co 4-1 no minuto 29, pero o Cruceiro púxolle emoción, xa que cos goles de Xabi (min. 30) e Joel en propia porta (min. 39) o marcador poñíase 4-3 a falta de 10 minutos. Mario deu tranquilidade co seu cuarto gol no minuto 42, o último que se veu no encontro e que deixou o electrónico no definitivo 5-3. Noraboa Benxamíns!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Antón Alfonsín, Joel, Pablo, Roi, Pedro, Mario, Antón Bernárdez, Fernando, Mateo e Aarón.

F.C. Cruceiro.:  César, Lucas, Pedro, Álex, Beltrán, Aitor, Xabi, Ana, Xan, María e Mateo.

Goles: 0-1 Xan (min. 8); 1-1 Fernando (min. 18); 2-12 Mario (min. 18); 3-1 Mario (min. 28); 4-1 Mario (min. 29); 4-2 Xabi (min. 30); 4-3 Joel p.p. (min. 39); 5-3 Mario (min. 42).

Vilagarcía S.D. 4 – 1 Alevíns

Novo compromiso ligueiro dos nosos Alevíns de fútbol 11, que viaxaron ao Berdón para xogar ante o Vilagarcía S.D. Un encontro tamén moi igualado na primeira metade, sen que se movera o marcador ata case o pitido do descanso, cando Alejandro poñía o 1-0. Na reanudación, Aitor en propia porta facía o 2-0. Reaccionaron os nosos cun penalti anotado por Anxo no 39. Pero os locais certificaron a victoria con goles de Nico (min. 58) e Héctor (min. 67). Bo traballo e a seguir medrando, rapaces!!

Ficha técnica

Vilagarcía S.D.: Pablo, Martín, Asier, Dani, Álvaro, Bruno, Alejandro, Héctor, hugo, Erik, Yeray, David e Nico.

Moraña C.F.: Darío Leboso, Ethan, Pablo, Xabi, Anxo, Aitor, Yosi, Lucas, Rubén, Hugo, Aleixo, óscar, Nico e Iker.

Goles: 1-0 Alejandro (min.32); 2-0 Aitor p.p. (min. 36); 2-1 Anxo, penalti (min. 39): 3-1 Nico (min. 58); 4-1 Héctor (min. 67).

Xuveniles C.F. 1 – 2 S.C.D. Salcedo

Escapóuselle un punto aos Xuveniles na tardiña do sábado no último suspiro no seu encontro ante a S.C.D. Salcedo. Os nosos saíron ao encontro con moitas ganas e buscando a portería rival. Pero o Salcedo foi o que se adiantou, cun gol de Gary no minuto 28. Non foi ata a segunda metade que o Moraña acadou o empate, por medio de Roy Elvis nunha gran xogada por banda dereita que acaba cun gran disparo que bateu a Juan no 69. Cando este 1-1 parecía o resultado definitivo, no desconto Cristian facía o 1-2 que lle daba a victoria aos visitantes. Ánimo e a seguir!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Jorge, Miguel, Pablo, Iván, Adonis, David, Jodi, Roy Elvis, Sergio e Fervenza. Tamén xogaron Jorge, Pereira e Pedro.

S.C.D. Salcedo.: Juan, Abdel, Cristian, Adonis, Rubén, Fran, Moha, Isma, Jorge, Pablo e Gary. Tamén xogou Kelvar.

Goles: 0-1 Gary (min. 28); 1-1 Roy Elvis (min. 69); 1-2 Cristian (min. 90+1).

 

Compárteo!

Deixa un Comentario