Prebenxamíns 1 – 1 C.D. Ribadumia

Encontro moi igualado o dos Prebenxamíns esta xornada no Buelo, no que recibían ao C.D. Ribadumia. Os presentes puideron disfrutar dun encontro moi entretenido, pero con poucos goles. Alba adiantaba ao Moraña no minuto 8, e case a continuación, Ángel empataba para os visitantes. E pese a que se xeraron varias ocasións claras por parte dos dous equipos, o marcador xa non se moveu. Noraboa aos dous equipos.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Saúl, Breixo Ferrín., Alba, Lucas, Dani, Breixo Oubiña, Héctor, Xurxo e Diego Torres.

C.D. Ribadumia: Víctor, Borja, Iago, Hugo, Ángel, Hugo, Pablo, Lucas, Pazos, Cochón, Uriel, Mª Luisa e Elias.

Goles: 1-0 Alba (min. 8); 1-1 Ángel (min. 9).

 

Benxamíns 1 – 5 A.D. Arosa F-7

Recibían os Benxamíns á A.D. Arosa F-7 no Buelo na mañán do sábado en encontro ligueiro. Un partido que estivo igualado na primeira metade, pero no que os visitantes colleron vantaxe no tramo final. Rober adiantou á A.D. no minuto 18, sendo este gol o único da primeira metade. Na reanudación, Dani poñía máis distancia, pero Joel dende o punto de penalti facía o 1-2 (min. 31). Pero o Arosa F-7 reaccionou pronto, e con goles de Hugo, Diego e Rober certificou a victoria por 1-5. Bo traballo.

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Antón Alfonsín, Joel, Pablo, Roi, Pedro, Mario, Fer, Mateo, Antón Bernárdez

A.D. Arosa F-7:  Pedro, David, Xabi, Dani, Diego, Rober, Alejandro, Izan, Lucas e Hugo.

Goles: 0-1 Rober (min. 18); 0-2 Dani (min. 23); 1-2 Joel, penalti (min.31); 1-3 Hugo (min.36); 1-4 Diego (min. 42); 1-5 Rober (min. 46).

Alevíns 1 – 7 U.S.D. O Grove

Mañán do domingo, turno para que os Alevíns recibiran no Buelo á U.S.D. O Grove en encontro ligueiro. Un partido que os visitantes encarrilaron cedo, chegando con vantaxe clara de 0-5 ao descanso cos goles de Saúl, David e Heiton. Na segunda metade, Aleixo recortaba para o Moraña no 45, pero con goles de Yago e Juan, o electrónico quedaba no definitivo 1-7. A seguir pelexando!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Óscar, Ethan, Pablo, Aitor, Yosi, Aleixo, Nico, Darío Redondo, Iker, Miguel e Jonathan. Tamén xogaron Xabi, Anxo, Rubén e Darío Leboso.

U.S.D. O Grove:  Joel, Saúl, Ania, Andrés, Heiton, Miguel, David, Saúl, Héctor, Álex, Juan. Tamén xogaron Joaquín, Yago, Aitor e Antón.

Goles: 0-1 Saúl (min. 1); 0-2 Saúl (min. 8); 0-3 David (min. 10); 0-4 Saúl (min. 15); 0-5 Heiton (min. 30) 1-5 Aleixo (min. 45); 1-6 Yago (min. 52); 1-7 Juan (min. 69).

Infantiles 0 – 0 C.D. Ribadumia «B»

Encontro moi disputado o dos infantiles ante o C.D. Ribadumia «B». Os dous equipos xogaron a gran nivel, case sen deixarse espazos e pese a que ambos tiveron ocasións para romper a igualada, o marcador non se moveu e co empate a cero, reparto de puntos. Gran liña de traballo dos infantiles, a seguir así!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  André, Saúl, Dami, Álvaro, Sergio, Pablo, Jorge, David, Hugo, Alejandro, Aday. Tamén xogaron Joel, Marta e Raúl.

C.D. Ribadumia «B»:  Dani, Rubén, Enrique, Roi, Brais, Alejandro, Lidia, Raúl, Agustín, Pablo e Adrián. Tamén xogaron Mauro, Pablo, Iván e Víctor.

Compárteo!

Deixa un Comentario