San Martín C.F. 5 – 0 Prebenxamíns

Os Pres viaxaron a Vilaxoan, para enfrontarse ao San Martín C.F. Un encontro no que os nosos xogaron a bo nivel e deixaron bos detalles, pero ante un rival que se mostrou superior. Os locais abriron a lata no minuto 8 por medio de Uxío, e chegaron ao descanso con clara vantaxe de 3-0 con goles de Nicolai e Iker. Dous goles máis na segunda metade de Lucas e Iker deixaban o marcador no definitivo 5-0. Ánimo e a seguir traballando!!

Ficha técnica

San Martín C.F.: Amarelle, Ángel, Diego, Lucas, Iago, Uxío, Óscar, Hugo, Iker e Nicolai.

Moraña C.F.: Saúl, Alba, Lucas, Héctor, Iago, Xurxo, Breixo, Dani e Diego.

Goles: 1-0 Uxío (min. 8); 2-0 Nicolai (min. 16); 3-0 Iker (min. 19); 4-0 Lucas (min. 24); 5-0 Iker (min. 40).

S.D. Monteporreiro 2 – 2 Benxamíns

Os Benxamíns xogaron no municipal de Monteporreiro un encontro moi emocionante. Un partido no que os locais colleron vantaxe e no que aos nosos lles tocou remontar. Ao descanso chegamos con vantaxe pola mínima 1-0 para os locais, grazas ao gol de Kevin no minuto 16. Na reanudación, o propio Kevin poñía máis terra de por medio, co 0-2 no minuto 31. Pero na última parte, Aarón recurtaba no 37, e só 30 minutos despois, o propio Aarón poñía o 2-2 que foi o resultado definitivo. Bo traballo dos dous equipos!

Ficha técnica

S.D. Monteporreiro:  Anxo, Jacobo, Cesc, Julio, Diego, Mateo, Kevin, Anxo, Yeray, Raúl e Brais.

Moraña C.F.:  Roi, Joel, Pablo, Pedro, Mario, Fernando, Mateo, Aarón e Antón.

Goles: 0-1 Kevin (min. 16); 0-2 Kevin (min. 31); 1-2 Aarón (min. 37); 2-2 Aarón (min.40).

 

E.F.B. Vilanova 0 – 3 Infantiles

Na mañán do domingo, os Infantiles visitan o Terrón, para xogar o seu encontro ligueiro ante a E.F.B. Vilanova. Un partido de poder a poder no que os nosos Infantiles foron quen de sair victoriosos. Na primeira metade, grazas ao gol de David o Moraña chegou con vantaxe ao descanso. Pero esta mínima vantaxe non permitía erros nin perda de concentración, así que os Infantiles traballaron a reo para aumentar a conta. No 56 Sergio poñía máis distancia e poñía o partido de cara, e finalmente no 78 Mateo sentenciaba. Noraboa!!

Ficha técnica

E.F.B. Vilanova:  Juan, Pablo, Morrazo, Antonio, Samu, Sergio, Lucas, Bastian, Adrián, Alejandro e Brais. Tamén xogaron Aarón, Kevin, Diego e Borja.

Moraña C.F.:  André, Saúl, Damián, Álvaro, Pablo, Mateo, Abel, Jorge, David, Joel e Aday. Tamén xogaron Segio, Hugo, Alejandro e Raúl.

Goles: 0-1 David (min. 28); 0-2 Sergio (min. 56); 0-3 Mateo (min. 78).

Cadetes 3 – 1 F.C. Cruceiro

Os Cadetes seguen sumando de tres, esta vez no Buelo. Recibían ao F.C. Cruceiro, nun encontro no que o Moraña logrou poñerse por diante por medio de Iván no minuto 25. Edu aumentaba a renta antes do descanso no minuto 37, pero no desconto desta primeira metade, Anxo recurtaba para o Cruceiro. A segunda metade foi emoción pura, con esa vantaxe pola mínima para os nosos. Tivemos que agardar case ao pitido final para lograr o gol da tranquilidade, acadado por Rubén no minuto 79. Noraboa!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Óscar, Anxo, Dani Fontán, Rubén, Amestoy, Edu, Álex, Pereira, Domi, Hugo e Iván García. Tamén xogou Lucas.

F.C. Cruceiro:  Dani, Manu, Andrés, Breixo, Diego, Marcos, Mateo, Pablo, Mauro, Anxo e Erik. Tamén xogaron Miguel e Fran.

Goles: 1-0 Iván García (min. 25); 2-0 Edu (min. 37); 2-1 Anxo (min. 40+5); 3-1 Rubén (min. 79).

Xuveniles 4 – 1 A.X.D. Verdugo «B»

Na tardiña do sábado, os Xuveniles recibían á A.X.D. Verdugo «B» no seu encontro ligueiro. Un partido no que os nosos golpearon primeiro, con gol de Fervenza no minuto 4. Este, a pesar das ocasións foi o único gol dos primeiros 45 minutos.

Na segunda metade, Dani poñía máis terra de por medio no 60, pero Arón recurtaba só un minuto despois. A emoción estaba servida ata o final do encontro, pero no último tramo, os goles de Roy Elvis e Alejandro Novás certificaban a victoria para o Moraña, co resultado final de 4-1. Noraboa!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Jorge, Pablo Sende, Adonis, David, Alejandro Novás, Alejandro Alboy, Jorge, Jodi, Sergio, Dani e Fervenza. Tamén xogaron Miguel e Roy Elvis.

A.X.D. Verdugo «B»:  Carlos, Celso, Iván, Marcial, Samu, Gabriel, Achraf, Martín, Arón, Iago e Lucas.

Goles: 1-0 Fervenza (min. 4); 2-0 Dani (min. 60); 2-1 Arón (min. 61); 3-1 Roy Elvis (min. 88); 4-1 Alejandro Novás (min. 90).

Compárteo!

Deixa un Comentario