Biberóns

Os Biberóns, que tiñan que xogar na liga de Poio, tiveron que suspender o seu encontro. Informaremos da nova data de celebración do mesmo!

Prebenxamíns 1 – 3 C.D. Portas

Os Prebenxamíns recibiron no Buelo na mañán do sábado ao C.D. Portas en encontro ligueiro. Un partido ao que os nosos chegaron en cadro polas baixas, pero no que pelexaron a reo para sacar adiante. Adiantáronse os visitantes, con gol de Xavi no minuto 4, chegando ao descanso con ese 0-1. na segunda metade, de novo Xavi marcaba, poñendo o 0-2 no minuto 32. Os nosos mantivéronse no encontro, recortando incluso no 35 por medio de Diego Torres. Pero de novo Xavi, certificando o seu hattrick poñía o definitivo 1-3 no minuto 40. A seguir traballando!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Saúl, Breixo, Xurxo, Alba, Dani, Diego Arzúa, Diego Torres e Héctor.

C.D. Portas: Roi, Yerai, Hugo da Silva, Hugo Oubel, Xavi, Roi M., Lucas, Brais, Ulises, Álvaro, Xian e Juan.

Goles: 0-1 Xavi (min. 4); 0-2 Xavi (min. 32); 1-2 Diego Torres (min. 35); 1-3 Xavi (min. 40).

 

Benxamíns 3 – 5 Domaio F.C.

Tamén no Buelo, os Benxamíns xogaron o seu encontro de Liga, xogando ante o Domaio F.C. Un encontro cheo de goles e emoción, pero que caeu do lado dos visitantes. Mateo adiantou ao Domaio no 7, aumentando Diego a vantaxe no 11. Con goles de Pablo (min. 22) e de Mario (min. 23), o Moraña conseguía igualar a contenda 2-2. Pero Mateo volvía a poñer por diante aos do Morrazo. Fernando en propia porta poñía xa unha vantaxe bastante clara co 2-4 e Tomás case sentenciaba no 49 co 2-5. Mario tentou recurtar no mesmo minuto, pero xa era tarde, e o resultado final foi o de 3-5. A seguir!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Antón Alfonsín, Joel, Pablo, Mario, Antón Bernárdez, Fernando, Lucas, Mateo e Roi.

Domaio F.C.:  Isma, Nathan, Antón, Mateo, Gael, Álvaro, Dani, Diego, Curra, Tomás, Xoel, Iago e Adán.

Goles: 0-1 Mateo (min. 7); 0-2 Diego (min. 11); 1-2 Pablo (min. 22); 2-2 Mario (min. 23); 2-3 Mateo (min. 24); 2-4 Fernando p.p. (min. 28); 2-5 Tomás (min. 49); 3-5 Mario (min. 49).

 

Alevíns 0 – 20 A.J. Lérez

Derrota contundente dos Alevíns, que xogaron ante un dos conxuntos máis difíciles da categoría. Unha A.J. Lérez que se mostrou superior en todo o partido e que acadou unha amplia goleada para facerse cos puntos. Un novo paso para os nosos rapaces, a seguir medrando!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  óscar, Ethan, Pablo, Xabi, Anxo, Aitor, Yosi, Lucas, Rubén, Aleixo, Nico, Darío, Iker e Jonathan.

A.J. Lérez:  Saúl, Estela, Rodri, Martín, Óscar, Richar, Álex, Marco, Pablo, Jorge, Julen, Adrián, Álvaro, Gustavo, Lucas e Miguel.

Goles: Jorge (6), Julen (3), Lucas (3), Pablo (2), Marco (2), Estela, Martín, Richard e Álex.

Pontevedra C.F. «B» 1 – 2 Infantiles

Os Infantiles xogaron na Xunqueira 1 ante o Pontevedra C.F. «B» un emocionante encontro, no que se fixeron coa victoria grazas aos goles de Álvaro e Hugo. A esta hora, aínda non está pechada a acta do encontro, polo que non temos datos respecto a aliñacións, goles… Actualizaremos esta crónica cando teñamos esa información.

Cadetes 4 – 3 Salgueiriños C.F. «C»

Auténtico partidazo o que se puido ver na tarde do sábado, entre o Salgueiriños «C» e os nosos Cadetes. Un encontro que tamén estivo cheo de goles e cun final incrible. Os pontevedreses saliron con moita forza, marcando xa no primeiro minuto por medio de Fernando. O propio Fernando fixo o segundo no minuto 20, poñendo un 0-2 que lle complicaba o partido aos nosos. Isma recurtou só dous minutos despois. Este 1-2 foi o resultado ao descanso.

Na reanudación, Iago no 51 poñía máis terra de por medio co 1-3, pero de novo unha rápida reacción dos nosos daba opcións: Amestoy marcaba só un minuto despois. No 68, Edu poñía o empate 3-3 e cando xa parecía que se ían a repartir os puntos, no desconto Pereira facía o 4-3 que deixaba a victoria na casa. Gran traballo!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Iván, Isma, Anxo, Dani Fontán, Rubén, Amestoy, Edu, Álex, Pereira, Domi e Jonathan. Tamén xogou Óscar.

Salgueiriños C.F. «C»:  Jose, Emilio, Mario, Jaime, Iago, Mateo, Fernando, Alberto,  Fernández, Andrés e Pablo. Tamén xogaron Iván, Pablo, David, Leo e Fariña.

Goles: 0-1 Fernando (min. 1); 0-2 Fernando (min. 20); 1-2 Isma (min. 22); 1-3 Iago (min. 51); 2-3 Amestoy (min. 52); 3-3 Edu (min. 68); 4-3 Pereira (min. 80+1).

Xuveniles 1 – 3 A.D. Sagrado C.F.

Na tardiña do sábado os Xuveniles recibiron ao Sagrado Corazón no Buelo. Un encontro no que os pontevedreses xogaron unha gran primeira parte, que os fixo poñer terra de por medio. Enrique no 18, Mario no 23 e Luis no 41, puxeron un claro 0-3 antes do descanso. Na segunda metade, o encontro nivelouse, marcando o Moraña por medio de Jodi no 68, pero sen ser quen de recurtar máis a distancia, deixando o marcador no definitivo 1-3. Ánimo e a seguir traballando!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Jorge, Miguel, Pablo, David, Alex, Alboy, Dani, Roy, Sergio e Fervenza. Tamén xogaron Adonis, Jorge Correia, Jodi e Dani.

A.D. Sagrado C.F.: Mateo, Enrique, Jacobo, Javi, Luis, Benigno, Rubén, Víctor, Pablo, Iago e Mario. Tamén xogaron Pablo, Antonio, Marcos, Aarón e Juán.

Goles: 0-1 Enrique (min. 18); 0-2 Mario (min. 23); 0-3 Luis (min. 41); 1-3 Jodi (min. 68).

Compárteo!

Deixa un Comentario