E.F.B. Cangas 9 – 2 Prebenxamíns

Viaxe longo dos Prebenxamíns que en Montecarrasco xogaron ante a E.F.B. Cangas o seu encontro ligueiro. un partido no que o Cangas comezou moi forte, poñéndose 0-2 nos dous primeiros minutos, con goles de Raúl e Yago. Os nosos non baixaron os brazos, e traballaron a reo durante esta primeira metade para igualar, e ao descanso chegouse con 2-2 cos goles de Alba e Lucas.

Pero tralo paso polos vestiarios, o Cangas volveu a coller distancia xogando con moita intensidade, e poñendo o marcador final no definitivo 9-2. Gran traballo destes peques, e un paso máis na súa evolución.

Ficha técnica

E.F.B. Cangas: Ian, Izan, Álex, Nogueira, Yago, Hugo, Lucas, Nuñez, Breixo, Xavi e Raúl.

Moraña C.F.: Saúl, Breixo Ferrín, Alba, Iago, Lucas, Dani, Diego Arzúa, Breixo Oubiña, Xurxo, Diego Torres e Héctor.

Goles: Polo Cangas, Raúl (2), Yago, Álex (3), Hugo, Xavi e Yago. Polo Moraña, Alba e Lucas.

Benxamíns 9 – 5 C.D. Bueu

No encontro dos Benxamíns vivimos un festival de goles e de fútbol de ataque, no que os dous equipos xogaron a bo nivel e fixeron as delicias dos asistentes. Os primeiros minutos xa deron mostras do que ía a ser o encontro, con 3 goles nos primeiros 8 minutos, seguindo a liña ata ir ao descanso cun 4-1 no marcador. Na segunda metade os nosos tamén tiveron un comezo fulgurante no que puxeron as bases para a victoria, recurtando no último tramo o Bueu para deixar o marcador no definitivo 9-5. Bo traballo!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Antón Alfonsín, Joel, Pablo, Pedro, Mario, Fernando, Mateo, Aarón, Roi e Antón Bernárdez.

C.D. Bueu:  Marcos, Mario, Hugo, Iván, Lucas, Pablo, Iker, Pedro, Samu, Cesáreo e Aitor.

Goles: Polo Moraña Aarón (3), Mario (4), Mateo (2). Polo Bueu Hugo (2), Aitor e Lucas (2).

Vilagarcía S.D. 9 – 1 Alevíns

No Berdón, novo encontro ligueiro para o noso Alevín de F11, enfrontándose ao Vilagarcía. Un encontro no que os locais foron superiores e no que acadaron unha clara victoria por 9-1, facendo o gol dos nosos Miguel. A seguir traballando rapaces!!

Ficha técnica

Vilagarcía S.D..:  Hugo, Martín, Asier, Hugo, Álvaro, Dani, Erik, Bruno, Alejandro, Nico, Yeray, Pablo, Dani e Sergio.

Moraña C.F.:  Darío Leboso, Ethan, Pablo, Aitor, Yosi, Lucas, Rubén, Aleixo, Nico, Iker, Miguel, Óscar e Darío Redondo.

Goles: Polo Vilagarcía Nico, Yeray (3), Alejandro (4) e Asier. Polo Moraña, Miguel

 

Infantiles 3 – 2 A.C.D. A Seca

Un dos encontros da xornada era o que enfrontaba aos nosos Infantiles coa A.C.D. A Seca. Un partido cheo de alternativas e emoción, sobre todo na primeira parte, e na que os nosos saíron vencedores. Adiantáronse cedo os pontevedreses, co gol de Iago no minuto 3, vantaxe que Hugo neutralizaba no minuto 11. No 26, Jaime volvía a poñer á A.C.D. por diante, pero case co pitido do descanso Abel (no 39) e Álvaro (no 41) poñían 3-2 por diante aos nosos. Nos segundos 40 minutos, houbo alternativas para ambos conxuntos, pero o marcador non se moveu e quedou nesa victoria pola mínima para o Moraña. Noraboa!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  André, Saúl, Álvaro, Sergio, Pablo, Mateo, Abel, Jorge, David, Hugo, Aday, Damián, Alejandro, Joel, Marta e Raúl.

A.C.D. A Seca:  Javi, Pablo, Ignacio, Alejandro, Jaime, Iago, Álvaro, Martín, Saúl, Duarte e Samir. Tamén xogaron Diego, Jorge, Pedro, Pablo e Pape Mor.

Goles: 0-1 Iago (min. 3); 1-1 Hugo (min. 11); 1-2 Jaime (min. 26); 2-2 Abel (min. 39); 3-2 Álvaro (min. 41).

 

Atl. Cuntis 0 – 3 Cadetes

Derbi na Ran para a mañán do domingo entre os nosos Cadetes e os do Atl. Cuntis. Un derbi no que os nosos cimentaron a victoria no primeiro tramo do encontro, co primeiro gol de Alejandro no minuto 13, e case de inmediato, o segundo de Pereira no 14. Con este 0-2 se chegou ao descanso.

Non se rendiron os cuntienses na segunda metade, pero o Moraña plantexou un encontro moi serio e con moita intensidade e co gol de Pereira no minuto 75, certificaban a victoria e tres novos puntos no casilleiro. Noraboa!

Ficha técnica

Atl. Cuntis:  Carlos, Borja, Roi, Ángel, Xabi, Rubén, Anxo, Aleixo, Luca, Losada e Martín. Tamén xogaron Samu, Dani, Antón e Iván.

Moraña C.F.:  Iván García, Isma, Anxo, Dani Fontán, Lucas, Rubén, Edu, Alejandro, Pereira, Domi e Iván Rego. Tamén xogaron Óscar, Amestoy e Hugo.

Goles: 0-1 Alejandro (min. 13); 0-2 Pereira (min. 14); 0-3 Pereira (min. 75).

S.C.D. Salcedo 2 – 1 Xuveniles

Os Xuveniles viaxaron na mañán do sábado ao Príncipe Felipe de Pontevedra para xogar ante o Salcedo. Os nosos golpearon primeiro, co gol de Fervenza no minuto 20, pero Gary lograba a igualada para os locais antes do descanso (minuto 25). Sen máis goles nesta primeira metade, quedaba todo por decidir nos segundos corenta e cinco minutos. Con ocasións polas dúas partes pero sen dominador claro, o encontro parecía condenado ao empate, pero no 87 Cristian facía o gol que lle daba a victoria ao Salcedo, deixando o marcador no definitivo 2-1.

Ficha técnica

S.C.D. Salcedo:  Juan, Ibrahimi, Álvaro, Cristian, Adonis, Kelvar, Rubén, Moha, Ayoub, Pablo, Gary. Tamén xogou Fran.

Moraña C.F.:  Jorge, Pablo Sende, Adonis, David, Novás, Alboy, Dani, Jodi, Sergio, Dani e Fervenza. Tamén xogaron Iván, Correia, Roy e Pedro.

Goles: 0-1 Fervenza (min. 20); 1-1 Gary (min. 25); 2-1 Cristian (min. 87).

Compárteo!

Deixa un Comentario