Sagrado Corazón 2 – 4 Biberóns

Gran partido o xogado hoxe por parte dos nosos peques. Moi loitado polos dous equipos.
Comezamos cun gol de Xabi no primeiro minuto de xogo remontando o Sagrado nun par de despistes. Ampliando o Sagrado a ventaxe a 3-1. Recorta a ventaxe Gabi (o noso xogador mais novo) cun gran disparo. Un encontro moi intenso no que o adversario foi máis eficaz de cara a gol.
Partido a partido notase moita melloría.
A seguir disfrutando do fútbol!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Lucas, Manu, Xabi, Xoel, Erik, Iñaki e Gabi.

Goles:Xabi e Gabi.

Prebenxamíns 3 – 0 E.F. Portero 2.000 «B»

No Buelo na tarde deste sábado, os Prebenxamíns recibían ao E.F. Portero 2.000 «B» en encontro ligueiro. Un partido no que os nosos xogaron a gran nivel e no que acadaron vantaxe cedo, co gol de Lucas no minuto 9 e mantendo esa diferencia ata o descanso. Na segunda metade, de novo Lucas e Dani Rey aumentaron o marcador con dous goles, deixando o resultado final en 3-0. Noraboa!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Saúl, Xurxo, Iago, Lucas, Dani Rey, Diego, Breixo Oubiña, Héctor, Breixo Ferrín e Diego.

E.F. Portero 2.000 «B»: Hugo, Carlos, Miguel, Rubén, Iago, Raúl, Mateo, Iago, Alejandro, Alexander, Hugo e Andrés.

Goles: 1-0 Lucas (min. 9); 2-0 Lucas (min. 22); 3-0 Dani (min. 24).

Xuv. Sanxenxo 1 – 1 Benxamíns

Traballado empate dos Benxamíns en Baltar de Arriba, ante un Xuventud Sanxenxo que se adiantou no minuto 8 con gol de Smoza. Tiveron que sudar a reo os nosos para lograr a igualada, que foi por fin obra de Aarón no minuto 24. A pesares de que houbo máis ocasións para os dous conxuntos, o marcador xa non se moveu, e ao final dos 50 minutos, reparto de puntos. Bo traballo!

Ficha técnica

Xuv. Sanxenxo:  Ricardo, Brais, Torres, Guillermo, Hugo, Álex, Rober, Roi, Lucas, Smoza, Anxo e Hugo.

Moraña C.F.:  Antón Alfonsín, Pablo, Roi, Pedro, Mario, Fer, Mateo, Aarón e Antón Bernárdez.

Goles: 0-1 Smoza (min. 8); 1-1 Aarón (min. 24).

Alevíns 2 – 17 Portonovo S.D.

Novo encontro ligueiro dos Alevíns no Buelo, recibindo ao Portonovo S.D. Un encontro no que de novo un rival moi superior físicamente se fixo cos puntos en liza. Os nosos acadaron dous goles, por medio de Aleixo e Rubén. Un novo paso para seguir medrando e aprendendo. Moito ánimo rapaces, a non baixar os brazos e a seguir adiante!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Óscar, Ethan. Anxo, Aitor, Yosi, Rubén, Hugo, Aleixo, Nico, Darío Redondo, Jonathan, Darío e Iker.

Portonovo S.D.: Manu, Iago, Juan Carlos, Jorge, Martín, Iván, Adri, Gómez, Pablo, Mateo, Hugo e Dylan.

Goles: Polo Moraña, Aleixo e Rubén. Polo Portonovo Gómez  (6), Hugo (5); Iván, Mateo, Dylan, Juan Carlos (2), Pablo

Infantiles 6 – 1 F.C. Cruceiro

Novo encontro ligueiro dos nosos Infantiles, que recibiron no Buelo ao F.C. Cruceiro. Un encontro no que o marcador é un pouco enganoso, xa que estivo aberto ata case o tramo final. Adiantáronse os nosos no minuto 20 por medio de Damián, pero ata a segunda metade os nosos non certificaron a victoria, cos goles de Mateo no minuto 50 e Aday no 60. Nos últimos 10 minutos, foi onde se concentrou a maior cantidade de goles, xa que Hugo firmou un hattrick, e Ander facía o gol dos visitantes, deixando o marcador final no definitivo 6-1. Gran traballo rapaces!

Ficha técnica

Moraña C.F.: André, Saúl, Damián, Álvaro, Sergio, Pablo, Mateo, Jorge, David, Hugo e Aday. Tamén xogaron Alejandro, Joel, Marta e Raúl.

F.C. Cruceiro: Raúl, Álvaro, Xabier, David, Luismi, Julio, Ander, Xián, Brais, Marcos e Luca. Tamén xogaron Fran, Brais e Jose.

Goles: 1-0 Damián (min. 20); 2-0 Mateo (min. 50); 3-0 Aday (min. 60); 4-0 Hugo (min. 68); 5-0 Hugo (min. 70); 5-1 Ander (min. 71); 6-1 Hugo (min. 78).

San Martín C.F. 2 – 1 Cadetes

Os Cadetes xogaban o auténtico encontro da xornada, xa que viaxaban a Vilaxoan para enfrontarse ao líder, o San Martín, que só coñece a victoria. Os nosos plantexaron batalla durante os 80 minutos, pero non puido ser. Adiantouse o San Martín no minuto 8, con gol de Hugo. Este mesmo xogador poñía o 2-0 antes do descanso (min. 37). Pero na reanudación, Pereira recortaba facendo o 2-1 no 49 e deixando o encontro totalmente aberto. No que restaba de encontro, os dous conxuntos aplicáronse a fondo xerando perigo e mantendo un nivel alto, pero finalmente, os puntos quedaron en Vilaxoan. Malia todo, gran partido dos Cadetes.

Ficha técnica

San Martín C.F.: Damián, Fran, Gabri, Jorge, Álex, Rubén, Hugo, Vázquez, Víctor, Alexandru e Hugo. Tamén sogaron Jose, Pablo, Ángel, Javi e Samu.

Moraña C.F.: Óscar, Isma, Anxo, Dani Fontán, Lucas, Rubén, Edu, Alex, Pereira, Domi e Jonathan. Tamén xogaron Amestoy, Javi e Iván.

Goles: 1-0 Hugo (min. 8); 2-0 Hugo (min. 37); 2-1 Pereira (min. 49).

 

Compárteo!

Deixa un Comentario