Biberóns 0 – 11 E.F. Portero 2.000

Partido moi complicado o xogado  o sábado na Liga de poio polos nosos Bibes. Comezaron ben, pero tras 2 goles seguidos do rival, viñéronse un pouco abaixo, pero iso si, sen renderse e tentándoo ata o final.
A pesar de que os nosos peques xeraron perigo e varias ocasións claras, non conseguiron marcar, mentres que o Portero 2000 tivo moitísimo acerto.
Moito ánimo peques e seguir divertindose!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Lucas, Manu, Xabi, Xoel, Erik, Iñaki e Gabi

Prebenxamíns 1 – 3 A.X. Saraiba do Mar

Nova xornada ligueira dos Prebenxamíns, que recibían no Buelo á A.X. Saraiba do Mar. Un encontro no que os nosos saíron con moita enerxía, adiantándose por medio de Lucas no primeiro minuto de xogo. Pero os visitantes reaccionaron rápido e Diego empataba no minuto 4. Antes do descanso, Yago no 12 e Joaquín no 18 poñían en vantaxe ao Saraiba cun claro 1-3. Malia que nos segundos 25 minutos ambos equipos crearon perigo e tiveron ocasións, non se moveu o marcador, e este foi o resultado final. Gran traballo dos dous equipos!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Saúl, Xurxo, Iago, Lucas, Dani Rey, Diego Torres, Breixo Oubiña, Héctor, Breixo Ferrín, Alba e Diego García.

A.X. Saraiba do Mar: Mateo, Iván, Hugo, Dani, Galiñanes, Joaquín, Diego, Yago, Xabi e Pablo.

Goles: 1-0 Lucas (min. 1); 1-1 Diego (min. 4); 1-2 Yago (min. 12); 1-3 Joaquín (min. 18).

E.D. Arousa S.D. 8 – 2 Benxamíns

Os Benxamíns xogaron na Pelada ante a E.D. Arousa S.D. o seu encontro de liga. Un partido que se volveu tolo nos últimos minutos e que foi moito máis igualado do que reflexa o marcador. Porque ao descanso o resultado era un 2-0 para os locais, e co gol de Mario, ao comezo da segunda metade, poñíase o 2-1. Jaime poñía un 3-1 que daba tranquilidade pero daba opcións aos nosos. Pero nos últimos 10 minutos, choveron os goles, marcando Lázaro (2), Jaime (2) e Wyatt para os locaise Aarón para os nosos, deixando o marcador en 8-2. Ánimos e a seguir traballando rapaces!!

Ficha técnica

E.D. Arousa S.D.:  Unai, Santi, Jaime, Wyatt, Lázaro, Aron, Sergio, Jacobo e Iker.

Moraña C.F.:  Antón Alfonsín, Joel, Pablo, Pedro, Mario, Fernando, Mateo, Aarón, Roi e Antón Bernárdez.

Goles: 1-0 Lázaro (min. 10); 2-0 Iker (min. 12); 2-1 Mario (min. 23); 3-1 Jaime (min. 24); 4-1 Lázaro (min. 34); 5-1 Wyatt (min. 40); 6-1 Lázaro (min. 41); 6-2 Aarón (min. 42); 7-2 Jaime (min. 45); 8-2 Jaime (min. 47).

Infantiles S.D. 2 – 1 Céltiga C.F.

Encontro moi igualado o xogado polos nosos Infantiles no Buelo ante o Céltiga C.F. Un partido no que os goles tiveron que esperar á segunda metade, na que Mateo logrou abrir a lata no 61. Só 3 minutos despois, de novo Mateo facía o segundo, poñendo un 2-0 que parecía matar o encontro. Pero os da Illa non se rendiron, recurtando Iago no 66 e deleitándonos cun último cuarto de hora moi emocionante no que o traballo defensivo do Moraña permitiu que os tres puntos se quedaran na casa. Noraboa!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  André, Saúl, Dami, Álvaro, Sergio, Pablo, Mateo, David, Hugo, Aday, Abel, Alejandro, joel e Raúl.

Céltiga C.F.:  Ramón, Alejandro, Manu, Eloy, Iago, Aimar, Bruno, Iago Rodríguez, Jonathan, Iván, Dani, Aarón e Iván.

Goles: 1-0 Mateo (min. 61); 2-0 Mateo (min. 63); 2-1 Iago (min. 66).

A.X.D. Verdugo 1 – 1 Xuveniles C.F.

Na mañán do domingo, os Xuveniles viaxaron á Xunqueira (Ponte Sampaio) para xogar o seu encontro de Liga. Un partido no que tamén a igualdade foi a tónica entre ambos os conxuntos e que se definiu por pequenos detalles. Houbo que esperar á segunda metade para ver goles, co 1-0 de Martín no minuto 58 que poñía ao Verdugo en vantaxe. Pero os nosos seguiron traballando a reo buscando a igualada e no 78 Jodi conseguía o 1-1, resultado que se mantería ata o pitido final. Bo traballo dos Xuveniles, a seguir medrando!!

Ficha técnica

A.X.D. Verdugo: Jorge, Miguel, Pablo, Iván, Adonis, David, Jodi, Roy Elvis, Sergio e Fervenza. Tamén xogaron Jorge, Pereira e Pedro.

Moraña C.F.: Jorge, Miguel, Pablo, David, Alex, Jorge Correia, Dani, Roy Elvis, Jodi, Sergio e Dani. Tamén xogaron Iván, Pedro e Fervenza.

Goles: 1-0 Martín (min. 58); 1-1 Jodi (min. 78).

Compárteo!

Deixa un Comentario