Prebenxamíns 0 – 5 INDEPO C.F.

Os Pres recibiron na mañán do sábado nun día con moi mal tempo ao INDEPO C.F. de Pontevedra. Os nosos pelexaron a reo para sacar un bo resultado, pero o rival mostrouse moi superior cun Enrique que marcou as diferencias. Xa nos 8 primeiros minutos, os visitantes ían 0-3 no marcador, con 3 goles deste xogador. Marco e de novo Enrique deixaron o marcador no definitivo 0-5. A seguir traballando e medrando, rapaces!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Saúl, Breixo, Xurxo, Iago, Lucas, Dani, Diego Torres, Breixo, Diego Arzúa e Héctor.

INDEPO C.F.: Miguel, Alejandro, Enrique, Iván, Nil, Aitor, Marco, Hugo, Andrea e Gorka.

Goles: 0-1 Enrique (min. 2); 0-2 Enrique (min. 4); 0-3 Enrique (min. 8); 0-4 Marco (min. 20); 0-5 Enrique (min. 48).

A.D. Arosa F7 10 – 1 Benxamíns

Visita dos Benxamís ao Berdón para xogar ante a A.D. Arosa F7. Un encontro ligueiro no que a A.D. marcou a pauta dende o comezo, collendo vantaxe moi cedo e indo xa ao descanso 4-0 arriba. Na segunda metade, os locais non baixaron o pistón, facendo varios goles máis. Mario fixo o da honra dos nosos, quedando o marcador final en 10-1. A seguir traballando!!

Ficha técnica

A.D. Arosa F7:  Lucas, David, Xoan, Izan, Diego, Roberto, Alejandro, Izan Gómez, Dani e Pedro.

Moraña C.F.:  Antón, Joel, Pablo, Roi, Pedro, Mario, Antón Bernárdez, Fernando, Mateo e Aarón.

Goles: Pola A.D. Roberto (2), Diego (5), Dani (2) e Alejandro. Polo Moraña, Mario.

Juv Cambados 12 – 0 Alevíns

Os Alevíns viaxaron ao Pombal nesta mañán de domingo para enfrontarse ao Juv. Cambados. Un encontro máis para aprender destes rapaces, no que o rival de novo se fixo cos puntos e acadando unha gran vantaxe en goles. Malia todo, un encontro máis e un novo paso adiante do desenvolvemento deste grupo de xogadores, que non baixan os brazos e seguen a pelexar e a competir encontro tras encontro. A seguir!!

Ficha técnica

Juv. Cambados.: Iker, Denis, Lucas, Marco, Iker, Jose, Kevin, Adrián, Carlos, Mateo e Rubén. Tamén xogaron Uxío, Edgar, Diego, Saúl e Martiño.

Moraña C.F.: Darío Leboso, Ethan, Pablo, Xabi, Anxo, Yosi, Lucas, Rubén, Aleixo, Iker, Miguel, Óscar, Hugo e Nico.

Goles: Mateo, Carlos (2), Kevin, Lucas, Martiño (2), Iker, Uxío (2), Rubén (2).

C.E.D. Cotobade 0 – 2 Infantiles

Tamén o domingo pola mañán, os Infantiles nas Extremas acadaron unha traballada victoria ante a C.E.D Cotobade que se fraguou na segunda metade tras ir 0-0 ao descanso. Na reanudación, Mateo no 46 poñía vantaxe para os nosos e Hugo no 65 sentenciaba para que os tres puntos viaxaran para Moraña. Gran traballo, Infantiles.

Ficha técnica

C.E.D. Cotobade: André, Saúl, Álvaro, Sergio, Pablo, Mateo, Jorge, David, Hugo, Alejandro e Aday. Tamén xogaron Brais, Joel, Marta e Raúl.

Moraña C.F.: André, Saúl, Álvaro, Sergio, Pablo, Mateo, Jorge, David, Hugo, Marta e Raúl. Tamén xogaron Brais, Alejandro, Joel e Aday.

Goles: 0-1 Mateo (min. 46); 0-2 Hugo (min. 65).

 

E.F.B. Terra de Montes 0 – 2 Cadetes

Fútbol de antes no encontro dos Cadetes no sábado pola mañán. Os nosos xogaron no Municipal de Forcarei, nun campo de terra totalmente encharcado e que fixo que os dous equipos tiveran que tirar de armas doutros tempos, xa que o balón non rodaba e as condicións non acompañaban. Un encontro moi traballado por parte dos Cadetes, que conseguiron firmar a victoria no tramo final cos goles de Pereira no 76 e de Amestoy no desconto, que certificaba o 0-2 final. Noraboa!

Ficha técnica

E.F.B. Terra de Montes: Igor, Marcos, Óscar, Brais, Marcos Abado, Santi, David, Martín, Nico, Mario e Hugo. Tamén xogaron Martín, Adán, Alejandro e Xabi.

Moraña C.F.: Oscar, Isma, Anxo, Dani, Lucas, Rubén, Álex, Pereira, Domi, Javi e Jonathan. Tamén xogaron Amestoy, Edu e Iván Rego.

Goles: 0-1 Pereira (min. 76); 0-2 Amestoy (min. 80+2).

Unión Dena 6 – 2 Xuveniles

Os Xuveniles viaxaron ás Cachizas en cadro para xogar ante o Unión Dena. Os visitantes aproveitaron a inferioridade numérica dos nosos dende o comezo, poñendo terra de por medio nos primeiros 45 minutos, chegando ao descanso con 5-0 no marcador con goles de Brais, Nico (2) e Rubén (2). Na segunda metade Alejandro recortaba para o Moraña no 71, pero só un minuto despois Allan facía o definitivo 6-2 que foi o marcador final. A seguir pelexando!

Ficha técnica

Unión Dena C.F.: Evaristo, Dani, Matias, Iago, Thiago, Raúl, Iago, Dani, Rubén, Nico e Jose Ramón. Tamén xogaron Alejandro, Rubén, Brais, Jorge e Gabriel.Allan e Marcos.

Moraña C.F.: Jorge, Pablo, Iván, Adonis, David, Alejandro, Adri, Dani,

Goles: 1-0 Brais (min. 12); 2-0 Rubén (min 14); 3-0 Nico (min. 16); 4-0 Nico (min. 28); 5-0 Rubén (min. 44); 5-1 Alejandro (min. 67); 6-1 Rubén (min. 71); 6-2 Allan (min. 72).

Share.

Leave A Reply

Este sitio utiliza Cookies. Se continúa a navegación, está aceptando o seu uso. Para máis información, consulte a nosa cookies policy.     ACEPTAR