Biberóns 1 – 0 INDEPO «B»

Nova xornada da Liga de Poio e partido moi competido po Moraña C.F. e INDEPO «B». Con poucas ocasións claras de gol pola parte morañesa, o gol de Manu chegou na primeira metade, nunha das poucas ocasións que xerou o equipo. O Indepo nas que tivo non foi quen de materializalas , tamén grazas a un gran traballo defensivo.
Pouco a pouco vaise notando unha melloría e como sempre o máis importante, que se divirten xogando. Noraboa bibes!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Lucas, Manu, Xabi, Xoel, Erik, Dylan, Iñaki, Gabi e Mauro.

Goles: Manu.

C.D. Portas 1 – 0 Prebenxamíns

Partido igualadísimo o xogado polos Pres na Rapeira ante o C.D. Portas. Un partido no que non se daban materializado as ocasións, e que parecía abocado ao empate ata que Lucas fixo o 1-0 no minuto 41. Este gol foi definitivo e permitiu aos locais sumar os tres puntos. Malia todo, gran encontro dos dous equipos, a seguir medrando!

Ficha técnica

C.D. Portas: Roi, Hugo, Lucas, Brais, Hugo Oubel, Yerai, Roi, Ulises, Álvaro e Juan.

Moraña C.F.: Saúl, Breixo, Xurxo, Iago, Lucas, Dani, Breixo Oubiña, Héctor, Alba, Diego Arzúa e Diego Torres.

Goles: 1-0 Lucas (min. 41).

Benxamíns 7 – 1 S.D. Monteporreiro

Os Benxamíns recibiron no Buelo á S.D. Monteporreiro en xornada de Liga. Un encontro no que os visitantes se adiantaron cedo, con gol de Kevin no minuto 7, pero que rapidamente foi contrarrestado cos goles de Mateo e Aarón nos primeiros 25 minutos para ir xa 3-1 ao descanso. Na segunda metade, un Moraña moi enchufado foi quen de aumentar a vantaxe ata o 7-1 definitivo con goles de Yeray en propia porta, Iago, Marío e Antón Bernárdez. Noraboa!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Antón, Joel, Pablo, Pedro, Mario, Fernando, Iago, Mateo, Antón Bernárdez e Aarón.

S.D. Monteporreiro: Anxo, Yeray, Brais, Raúl, Diego, Mateo, Kevin e Anxo.

Goles: 0-1 Kevin (min. 7); 1-1 Mateo (min. 9); 2-1 Aarón (min. 16); 3-1 Mateo (min. 18); 4-1 Yeray p.p. (min. 29); 5-1 Iago (min. 35); 6-1 Mario (min. 37); 7-1 Antón Bernárdez (min. 40).

Alevíns 0 – 12 Arosa S.C.

Os Alevíns viaxaron ao Manuel Jiménez, para xogar ante o Arosa S.C. encontro ligueiro. Os nosos traballaron a reo durante todo o encontro, pero os locais mostráronse intratables, poñéndose por diante no minuto 7, e acadando ao descanso unha clara vantaxe de 0-6. Na segunda metade, o Arosa fixo outros 6 goles, deixando o tanteo final no definitivo 12-0. Ánimo e a seguir traballando!!

Ficha técnica

Arosa S.C.: Oisin, Beltran, Óscar, Javi, Roi, Mateo, Brais, Lucas, Pedro, Victor, David, Hugo, Pablo, Nico e Pedro.

Moraña C.F.: Darío Leboso, Ethan, Pablo, Anxo, Aitor, Yosi, Lucas, Rubén, Hugo, Aleixo, Nico, Darío Leboso, Óscar, Darío Redondo e Iker

Goles: Pedro (2), Nico, David, Brais (2), Beltran, Pablo (2), Víctor e Hugo (2).

 

Infantiles 2 – 1 Ancora D´Ouro «B» F.S.

Outro encontro igualadísimo o que enfrontou aos nosos Infantiles ante o Ancora D´Ouro no Buelo na mañán do sábado. Os nosos tiveron que reaccionar ao tempraneiro gol de Manu, no minuto 14 ao materializar un penalti. O bo traballo dos nosos, fixo que case no descanso (minuto 43) Mateo puxera a igualada. E na segunda metade, Álvaro no minuto 68 facía o gol que lle daba a volta ao marcador e poñía o definitivo 2-1, co que os nosos acadaban os tres puntos. Noraboa!

Ficha técnica

Moraña C.F.: André, Saúl, Álvaro, Sergio, Pablo, Mateo, Jorge, David, Hugo, Alejandro e Aday. Tamén xogaron Brais, Joel, Marta e Raúl.

Ancora D´Ouro «B» F.S.: Moha, Manu, Raúl, Mario, Iago, Moha B., Javier, Diego, Samu, Jairo e Marcos. Tamén xogaron Antón, David, Noel, Juan e Aarón.

Goles: 0-1 Mateo (min. 51).

S.C.D. Salcedo 2 – 3 Moraña C.F.

Un dos encontros da xornada foi o xogado entre a S.C.D. Salcedo e os nosos Cadetes no Príncipe Felipe. Un partido no que o Moraña se puxo por diante no minuto 13 por medio de Edu, pero durando pouco a vantaxe, xa que Pedro empataba no 19. Foi o 1-1 o resultado ao descanso.

Nos segundos 40 minutos, os nosos conseguiron poñerse en vantaxe rápido, grazas ao gol de Pereira no 48. O propio Pereira poñía o que parecía o gol da sentencia no minuto 70, pero no 78, Álex facía o 2-3 que deixaba a emoción ata o pitido final. Pero o marcador non se moveu e os puntos viñeron para Moraña.

Ficha técnica

S.C.D. Salcedo.: David, Unai, Fran, Alex, Neo, Gabriel, Alejandro, Sergio, Pedro, Óscar e Brais. Tamén xogaron Isma, Adri, Alejandro, Jorge e Mario.

Moraña C.F.: Iván, Isma, Anxo, Dani, Lucas, Rubén, Amestoy, Edu, Álex, Pereira e Jonathan. Tamén xogaron Óscar, Iván Rego e Javi.

Goles: 0-1 Edu (min. 13); 1-1 Pedro (min. 19); 2-1 Pereira (min. 48); 3-1 Pereira (min. 70); 2-3 Alex (min. 78).

Xuveniles 1 – 6 A.D. Arousa F7

Os Xuveniles recibiron á A.D. Arousa F7 na mañán do domingo no Buelo. Un encontro cuio resultado é engañoso, xa que os nosos estiveron ata os últimos 5 minutos en distancia de meterse no partido. Adiantáronse os nosos no minuto 13 por medio de Álex, pero Yago poñía a igualada no minuto 30. Este foi o resultado ao descanso.

Na segunda metade, Manu puxo en vantaxe aos visitantes no 66, co encontro aberto e opcións para os dous equipos. Pero no 84, Manu poñía a sentencia co 1-3, o que foi un mazazo para os nosos que neses cinco minutos finais encaixaron 3 goles máis, obra de Iker, Pablo e Yago. Ánimo aos xuveniles e a seguir pelexando.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Jorge, Pablo, Iván, Lucas, David, Edu, Cristian, Alex, Adri, Dani e Fervenza. Tamén xogaron Anxo, Isma, Pedro e Alejandro.

A.D. Arousa F7: Joel, Sebas, Brais, Jose, Manu, Rodri, Adri, Pedro, Yago, Pablo e Dani. Tamén xogaron Álex, Marcos, Manu e Iker.

Goles: 1-0 Álex Alboy (min. 13); 1-1 Yago (min. 30); 1-2 Manu (min. 66); 1-3 Manu (min. 84); 1-4 Iker (min 87); 1-5 Pablo (min. 89); 1-6 Yago (min. 90)

Compárteo!

Deixa un Comentario