E.F. Villa de Marín 0 – 9 Prebenxamíns

Visita a Municipal de San Pedro dos Prebenxamíns, para xogar ante a E.F. Villa de Marín encontro ligueiro. Un partido no que os locais marcaron a pauta dende o comezo, adiantándose no minuto 7 da primeira parte e acadando xa vantaxe ao descanso de 4-0. Na segunda metade, pese a que os nosos o tentaron, non puideron co Villa de Marín, que elevou a conta ata o 9-0 final. A seguir!!

Ficha técnica

E.F. Villa de Marín.: Saúl, Xurxo, Lucas, Dani, Diego Arzúa, Diego Torres, Breixo e Héctor.

Moraña C.F.: Pedro, Santi, Adolfo, Guiller, Luca, Andrés, Alejandro, Martín, Noel e Ángel.

Goles: Andrés (4), Alejandro (2), Guillermo, e Ángel (2).

Benxamíns 9 – 3 C.D. Bamio

O sábado pola mañán, os Benxamíns recibían no Buelo ao C.D. Bamio nun encontro que os nosos encarrilaron cedo. Mario e Pablo poñían en vantaxe aos nosos por 4-0 no primeiro cuarto de hora. Alejandro reduciu distancia para os visitantes, pero ao descanso o marcador xa era de 5-1. Na segunda metade seguiu o festival de goles, con ambos equipos marcando e nun auténtico encontro de ida e volta, ata deixar o marcador final no definitivo 9-3. Noraboa!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Antón, Joel, Pablo, Pedro, Mario, Fernando, Mateo, Aarón, Roi e Antón B.

C.D. Bamio:  Iago, Antón, Alejandro, Nico, Naxo, Nacho, Jose, Aitor, Yeray, Lucas, Leo e Mateo.

Goles: Polo Moraña Aaron, Mateo, Mario (3) e Pablo (4). Polo Bamio Alejandro e Yeray (2).

Alevíns 0 – 5 C.D. Ribadumia

Os Alevíns viaxaron ao Pombal nesta mañán de domingo para enfrontarse ao Juv. Cambados. Un encontro máis para aprender destes rapaces, no que o rival de novo se fixo cos puntos e acadando unha gran vantaxe en goles. Malia todo, un encontro máis e un novo paso adiante do desenvolvemento deste grupo de xogadores, que non baixan os brazos e seguen a pelexar e a competir encontro tras encontro. A seguir!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Óscar, Ethan, Pablo, Xabi, Anxo, Yosi, Lucas, Hugo, Aleixo, Darío Redondo, Miguel, Rubén, Nico e Jonathan.

C.D. Ribadumia: Yago, Anxo, Joaquín, Luis, Mateo, Antonio, Edgar, Lucas, Rubén, Sofía, Mario, Valeria, Mateo, Manu, Brais e Sergio.

Goles: Rubén, Antonio, Mario, Edgar e Sergio.

Infantiles 2 – 4 At. Cuntis

Os Infantiles adiantaron ao xoves este encontro, nun interesante derbi ante o Atlético Cuntis que se resolveu na segunda metade. Tras ir ao descanso con empate 1-1 no electrónico, o Cuntis cimentou a victoria cun gran comezo de segunda parte, no que cos goles de Anxo, Gael e Alejandro puxeron terra de por medio. No 71, Damían reducía a distancia co 2-4, pero o marcador xa non se moveu, sendo éste o marcador definitivo.

Ficha técnica

Moraña C.F.: André, Saúl, Damián, Álvaro, Sergio, Pablo, Mateo, Jorge, David, Hugo, Aday, Brais, Alejandro, Joel, Marta e Raúl.

At. Cuntis.: Gael, Alex, Ricardo, Anxo, Jaime, Mario, Iván, Roi, Sergio, Angel, Carlos, Marcos, Samu, Juan, Alejandro e Breixo.

Goles: 1-0 Anxo (min. 41); 1-1 Anxo (min. 44); 1-2 Anxo (min. 52); 1-3 Gael (min. 62); 1-4 Alejandro (min. 69); 2-4 Damián (min. 71).

Xuveniles 3 – 4 C.D. Bamio

Partido de infarto o xogado na tarde do sábado por parte dos Xuveniles. Un encontro no que foron os visitantes os que se adiantaron, con gol de Isma no minuto 26. O Moraña respondeu, e con dous goles de Pereira no 36 e no 39, poñíanse 2-1 antes do descanso. No arranque da segunda metade, de novo Isma marcaba para poñer o 2-2. E era o mesmo xogador o que poñía por diante de novo ao Bamio no 67. Os nosos seguiron buscando o empate, acadándoo no 87 por medio, de novo, de Pereira. Cando este 3-3 parecía o resultado definitivo, no 92 Isma facía os seu cuarto gol, deixando o marcador no 3-4 final. Gran partido de ambos equipos.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Jorge, Lucas, Pablo Sende, Iván, Adonis, Rubén, Alejandro, Domi, Dani, Pereira e Fervenza. Tamén xogaron Cristian, Dani Fontán, Pedro e Allan.

C.D. Bamio.: Aarón, Pablo, Roi, Pablo Gacía, Alejnadro, Raúl, Manuel, Luis, Isma, Ángel e Marcos. Tamén xogaron Iván, Jorge e Felipe.

Goles: 0-1 Isma (min. 26); 1-1 Pereira (min. 36); 2-1 Pereira (min. 39); 2-2 Isma (min. 49); 2-3 Isma (min. 67); 3-3 Pereira (min. 87); 3-4 Isma (90+2)

Compárteo!

Deixa un Comentario