Só dous encontros tivemos de fútbol base esta Ponte de Decembro.

Cadetes 2 – 1 Barro C.F.

Os nosos Cadetes recibiron na tarde do venres nun intenso derbi ao Barro C.F. no Buelo. Un encontro moi igualado e que se definiu nos pequenos detalles. Adiantou ao Moraña Edu no minuto 4, pero Ángel puxo o empate antes do descanso (minuto 27). Na segunda metade, Álex fixo o gol da victoria no minuto 48, que supuxo que os tres puntos se quedaran na casa.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Óscar, Isma, Anxo, Dani Fontán, Lucas, Rubén, Amestoy, Edu, Álex, Pereira e Jonathan. Tamén xogaron Domi, Iván Rego, Iván García e Javi.

Barro C.F.: Damián, Brais, Diego, Nico, Iker, Alexandre, Brais Romero, Angel, Yago, Hugo e Diego. Tamén xogaron David Hugo e Gabriel.

Goles: 1-0 Edu (min. 4); 1-1 Ángel (min. 27); 2-1 Álex (min. 48).

Alevíns 0 – 4 U.S.D. O Grove

Os Alevíns recibiron á U.S.D. O Grove no Buelo na mañán do sábado en encontro ligueiro. Os nosos seguen competindo na Liga Alevín de fútbol 11, aprendendo cada día e medrando nestas novas dimensións. Este sábado foron quen de manter a portería a cero durante toda a primeira parte, se ben na segunda o Grove acadou catro tantos, obra de Saúl (2), Saúl Naveiro e David. A seguir traballando!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Óscar, Ethan, Pablo, Xabi, Anxo, Aitor, Yosi, Lucas, Rubén, Hugo, Aleixo, Nico, Darío Leboso, Darío Redondo, Iker e Miguel

U.S.D. O Grove: Joel, Saúl, Ania, Diego, Andrés, Heiton, Miguel, David, Aitor, Saúl, Héctor, Lucas, Hugo Rial e Mauel.

Goles: 0-1 Saúl (min. 42); 0-2 Saúl (min. 53); 0-3 Saúl Naveiro (min. 56); 0-4 David (min. 72).

Compárteo!

Deixa un Comentario