A falta de saber o que os nosos cadetes farán mañán pola mañán, deixamos aquí o resumen de todo o acontecido no fútbol base do Moraña C.F. esta fin de semana.

E.F. COBRES 3 – 2 INFANTILES

eee3173d-366e-4e82-962d-73d26a5c9037Abriron a xornada os Infantiles, colleitando a primeira derrota da tempada na súa visita a San Adrián. Un encontro que foi moi igualado, no que se foi ao descanso cun 0-0 e no que os nosos lograron poñerse cun claro 0-2 con goles de Pablo Fraga no 42 e Raúl no 46. Pero os locais non se renderon, e lograron darlle a volta ao encontro. Acortaron cun penalty marcado por Iván no 49, empataron por medio de Diego no minuto 60 e no 72 Francisco poñía o definitivo 3 a 2.
Unha mágoa ao ter un resultado tan favorable, pero nada que reprochar ao equipo. A recompoñerse e a seguir pelexando!!

FICHA TÉCNICA

E.F. COBRES: Casal (Xairo, min. 45), Diego, Pablo, Lucas (Álvaro, min. 66), Francisco (Pedro, min. 78), Yago, Aron, Iván (Yago, min.70), Yago, Alex (Brais, min. 73), Alexandre.
MORAÑA C.F.: Iván (Óscar, min. 46), Isma, Isaac (Yoel, min. 60), Jonathan, Amestoy (Javi, min. 70), Domi, Pablo, Juanma (Raúl, min. 42), Alex, Dani, Anxo.

Goles: 0-1 Pablo Fraga (min. 42); 0-2 Raúl (min. 46);1-2 Iván (penalty, min. 49); 2-2 Diego (min. 60); 3-2 Francisco (min. 72).

XUVENTÚ SANXENXO 0 – 2 XUVENILES

391d4d58-a626-4774-8104-a20629fa53f8Un partido, o dos xuveniles marcado pola «Lei do mínimo esforzo». O equipo saleu como un vendaval, achicando espazos e presionando moito e ben ao rival. Froito desta saída fulgurante, adiantáronse os nosos grazas a un gol en propia meta de Romel no minuto 5. Os nosos, en lugar de cheirar o sangue e sentenciar o encontro o antes posible, adicáronse a especular co perigo que supón cunha vantaxe pola mínima. De feito, Manu Carracedo tivo que deter un penalty para manter en vantaxe aos nosos.
Melloraron os nosos no segundo acto, moito más entonados co balón, pero sufrindo moito a balón parado.
Chegou a tranquilidade no último tramo grazas a un gol de Javi no minuto 75 que pechaba o encontro e deixaba o electrónico no definitivo 0-2. Noraboa e a seguir traballando.

FICHA TÉCNICA

XUV. SANXENXO: Dani (Ochoa min. 77), Romel (Javi, min. 70), Pablo, Kwesi, Devesa, Adri, Mateo (Fernández min.73), Besada, Enrique (Miguel, min. 60), Pablo (Adrián min. 77) e Álvaro.
MORAÑA C.F.: Carracedo (Jose, min, 27), Jorge, Iago, Adrián, Gabriel, Andrés (Ferro, min. 70), Isma (Diego, min. 77), Carlitos, Raúl (Héctor min. 85), Fervenza (Marcos, min 57) e Xián.

Goles: 0-1 Romel p.p (min. 5); 0-2 Javi (min. 75)

MOSTEIRO C.D. 1 – 3 BENXAMÍNS

b88cbcd6-056e-4002-b2e2-eb0fe9197e18Primeira victoria ligueira dos Benxamíns nesta tempada, no seu encontro ante o Mosteiro. Os rapaces de Eloy xogaron un gran encontro, con momentos de bo fútbol. Adiantáronse no minuto 18 cun gol de David, e co 0-1 se chegou ao descanso.
Anxo fixo o 0-2 no minuto 3 da reanudación e David no 37 puxo o 0-3. Lucas para os locais fixo o gol da honra, deixando o marcador no definitivo 1 a 3. Noraboa aos Benxamíns, a seguir pelexando!!

FICHA TÉCNICA

MOSTEIRO C.D.: Iván, Mauro, Paula, Joel, Lucas, Xavier, Alba, Iván, Borja.
MORAÑA C.F.: Darío, Hugo, Xabi, Aitor, Anxo, Aleixo, David, Ethan, Rubén, Iker, Lucas, Alexandre, Nicolás, Darío R.
Goles: 0-1 David (min. 18); 0-2 Anxo (min 28); 0-3 David (min. 37); 1-3 Lucas (min. 39)

BARRO C.F. 0 – 8 PREBENXAMÍNS

f719124e-4f06-41e5-8349-76cf36ba5415Os Pres venceron con claridade na súa visita a Barro, xogando un gran partido e facendo moitos goles. O encontro serviu para que os xogadores disfrutaran de minutos e continuaran coa súa evolución futbolística. Bo traballo deste equipo e destes rapaces que pouco a pouco van mellorando.
Ánimo e a seguir nesta liña!

FICHA TÉCNICA

BARRO C.F.: Aarón, Ángeles, Ignacio, Hugo, Carlos, Samuel, José, Darío.
MORAÑA C.F.: Roi, Aarón, Joel, Iago, Xoel, Fernando, Antón, Mauro, Mario, Rubén e Lois.
Goles: Mario (3), Xoel (3), Iago e Aarón.

A.D. AROUSA F7 1 – 3 ALEVÍNS

Os Alevíns volveron á senda da victoria tralo tropez da semana pasada. Esta vez, a domicilio e ante un rival que lle puxo as cousas moi difíciles, os rapaces de Juan lograron traer os tres puntos de Vilagarcía. Abreu a lata David case ao filo do descanso (minuto 24) e coa vantaxe pola mínima fomos aos vestiarios. Abel fixo o segundo na reanudación, no minuto 28.
Con todo case resolto, David Sánchez púxolle emoción ao último tramo de partido acurtando co 1-2 no 41, e foi Mateo quen, case co pitido final, fixo o definitivo 1 a 3.
Noraboa e a seguir así!

FICHA TÉCNICA

A.D. AROUSA F7: Borja, Bóveda, David, Luis, Brais, Samuel, Minerva, Iván, Juan, Diego, María, Julián e Noemí
MORAÑA C.F.: Damián, Álvaro, Pablo, Mateo, Abel, David, Aday, André, Saúl, Jorge, Raúl e Gael.
Goles:

Compárteo!

Comentarios Pechados.