Protocolo de Actuación en Caso de Lesións

Dende o Moraña C.F. queremos poñer en coñecemento de todos os xogadores, tanto do Fútbol Base, como do Primeiro equipo cales son os pasos a seguir en caso de Lesión Deportiva.

PARTIDOS OFICIALES

Se a lesións se produce nun partido oficial, a forma de proceder será a seguinte:

  1. O Delegado deberá informar ao Colexiado do partido da lesión, para que a reseñe na acta do partido
  2. O Pai, Titor ou unha persoa do Clube deberá achegar ao xogador o propio día do partido ou ao día seguinte ao Centro Concertado para o correspondente tratamento (consultar centros concertados neste enlace). Para que o xogador sexa atendido, sólo é preciso que o xogador presente o seu DNI (asegúrese de que o Centro Concertado lle realiza unha fotocopia do DNI)
  3. No caso de asisir ao Centro Concertado, o Xogador ou Pais deben de comunicar ao Delegado ou Adestrador a asistencia a ese Centro para realizar os trámites oportunos.

ADESTRAMENTOS

Se a LESIÓN se produce nun adestramento a forma de proceder será a seguinte:

  1. O Adestrador deberá informar ao Clube e realizar unha Declaración Xurada explicando a lesión sufrida, que entregará ao Clube.
  2. O Pai, Nai ou Titor deberá de achegar ao xogador o propio día do adestramento ou ao día seguinte ao Centro Concertado (consultar centros concertados neste enlace) para o correspondente tratamento. O xogador para que sea antendido só é preciso que presente o seu DNI (asegúrese de que o Centro Concertado lle realiza unha fotocopia do DNI)
    SE A LESIÓN É GRAVE (ROTURA, HEMORRAXIA, INCONSCIENCIA…) LEVAR AO XOGADOR DE INMEDIATO AO CENTRO CONCERTADO, E SE A OCASIÓN O REQUIRE, AVISAR Á AMBULANCIA CONCERTADA (consultar ambulancias concertadas neste enlace)
  3. No caso de asistir ao Centro Concertado, o Xogador ou Pais deben de comunicar ao Adestrador a asistencia ao Centro Concertado para que estes á súa vez comuniquen ao Clube a lesión e asistencia ao Centro Concertado para realizar os trámites oportunos.

TRAMITACIÓN DOCUMENTACIÓN

  1. O prazo de comunicación da lesión será de 7 días (Artigo 4º do Regulamento de Prestacións)
  2. Presentación do DNI ao solicitar asistencia sanitaria.
  3. Documentación a presentar por parte do Clube:
    • Copia da ACTA do partido no que resultou lesionado ou DECLARACIÓN XURADA (no caso de ser un adestramento)
    • Copia da LICENCIA FEDERATIVA
    • Parte de lesión ASEFA a cubrir polo adestrador do equipo.
    • Parte de Lesións da Mutualidade Deportiva.
  4. Non solicitar asistencia sanitaria en centros non concertados por ASEFE, xa que non serán antendidos os gastos asistenciales que se produzan.
  5. Só serán atendidos lesionados na Clínica referenciada anteriormente.

Para coñecer toda a información relativa á mutualidade, débese consultar toda a información dentro da sección correspondente da FGF neste enlace.

Este sitio utiliza Cookies. Se continúa a navegación, está aceptando o seu uso. Para máis información, consulte a nosa cookies policy.     ACEPTAR