O Senior volve á senda da victoria cun gran partido en Mirallos.

Un paso adiante para acadar o obxectivo o realizado polo noso Primeiro Equipo na tarde de hoxe en Mirallos. Os rapaces do Chino, cunha gran primeira parte, dan un novo paso para acadar a permanencia.

Abriu a conta Jesús, no minuto 25 e David puxo o da tranquilidade no minuto 37 do primeiro tempo. Roberto, case co pitido do descanso, poñía o terceiro, que case pechaba o encontro.

Nos segundos 45 minutos, o Moraña meteu xente de refresco que seguiu mantendo o ritmo e que axudou a que a porta quedara a cero, deixando o electrónico nese 3-0.

Ánimo aos Senior!! A seguir pelexando nesta liña!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Caba, Camacho (Xoel, min. 66), Gepe, Juan, Roberto, Julián, David, David Alexander (Borja, min. 73), Jesús, Biti (Kapi, min. 75) e Juan Jesús (Héctor, min. 61).

C.D. Bamio: Ramón, Alejandro (Alexandre, min. 77), Diego, Roberto, Jacobo, Conde, Fernando, Pablo, Isma (Adrián, min. 57), Ricardo (Ángel, min. 57) e Cristian (David, min. 73).

Goles: 1-0 Jesús (min. 25); 2-0 David (min. 37); 3-0 Roberto (min. 42).

Compárteo!

Deixa un Comentario