O Primeiro Equipo recibía hoxe pola mañá ao Barro C.F. en Mirallos, en encontro da sétima xornada ligueira.

Chegaban a este derbi os dous equipos moi pretos na clasificación, o Moraña con 10 e o Barro con 11, polo que o que saíse victorioso ía dar un bo salto na competición. Os nosos contaban con varias baixas, sendo as máis importantes as de Cabanelas e Iaguito por sanción.

Os morañeses encarrilaron o encontro na primeira parte, grazas a un gol de Manuel en propia porta no 32 e de Damián no minuto 42. Acurtou Santiago no 46, dando esperanzas ao Barro C.F. de poder puntuar en Mirallos, aínda que non se moveu o marcador en toda a segunda parte.

Ao final dos 90 minutos, 2-1 para os morañeses, que con estes 3 puntos suman 13, e que polas diferencias no golaverage, asaltan a segunda posición, aínda que a Liga está igualadísima, con 7 equipos en 2 puntos.

A vindeira semana, o Moraña C.F. viaxa a Beiramar. Moito ánimo e a seguir pelexando!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 2 – 1 Barro C.F.

Moraña C.F.: Cristian, Borja Montáns, Borja Fuentes, Juan, Martín, Julián, Lorenzo, Manuel, Damián Varela, Jesús, Viti; Miguel, Damián Millán, David Fontenla, Breogán e Alejandro

Barro C.F.: Daniel, Antonio, Roberto, Ricardo, Fernando, Santiago, Enmanuel, David, Rodrigo, Manuel, Kevin; Cristian, Manuel A., Iván, Hugo e Aarón.

Goles: 1-0 Manuel (p.p.), minuto 32; 2-0 Damián, minuto 42; 2-1 Santiago, minuto 46.

TARXETAS
Moraña C.F.:
Juan J. (cartón amarelo)
Barro C.F.:
Enmanuel, Antonio e Manuel A. (cartón amarelo).

Compárteo!

Deixa un Comentario